Mirade como quedei de tanto rir! Encollín como Alicia no País das Marabillas! Quedo investigando a maneira de recuperar o meu tamaño mentras vos deixo vendo a última tandada de chistes cos que os nen@s de 4º de Primaria queren compartir sorrisos.
Xa xabedes a rir! O TEMPO QUE PASA UN RINDO É TEMPO QUE PASA CON DEUS(proverbio de Xapón)
Ai rapaces! Que ben o estou a pasar contando chistes neste programa de TV ao que me invitaron!
Lembrade que estamos a traballar a CAIXA DA RISA coa que aprendemos que RIR é moi bo e que debemos de compartir cos demáis os SORRISOS.
Esta semana quero presentarvos unhas sesións de chistes.
Os chistes estimulan o bo humor, fomentan a risa, desenvolven o vocabulario e... divirten! Aquí vai a primeira tandada, presentada polos alumn@s de 4º de Primaria, e con moitas sorpresas.
Ola de novo a tod@s! Estades preparados para seguir cun sorriso na boca?
Hoxe fálovos dende a casa de Érika de 5º A, onde estou cociñando unha saborosa comida como premio ao seu esforzo polos divertidos sketches dos que é protagonista ela e as súas amigas. Por certo o cámara é Basilio, o seu irmán, ex-alumno do Barrié que aprendeu moitísimo sobre videos no instituto.
Mirade que traballo tan divertido e con moitísimo sentido do humor nos presentan.
Ei, chic@s! Veño a visitar a CONTADORA DE SOÑOS, que está un pouco lesionada e debe gardar repouso. Gústanvos as flores e a morea de bicos que lle traigo de parte de tod@s?
Entre as flores hai dúas sorpresas:
* A primeira, unha morea de fotos vosas cos mellores disfraces de Entroido (deste día tan especial no cole).
* E a segunda un video no que o protagonista é o noso cole O BARRIÉ! que ten un namorado. Que non o credes? Pois miradeo ben? Vaia burro de Entroido que lle imos meter!
Que este contratempo non rompa a cadea de sorrisos que comezamos cando abrimos a CAIXA DA RISA!
Ola amoriñ@s! Xa sabedes que o 14 de Febreiro é o día do AMOR e da AMIZADE e no noso cole queremos celebralo dunha maneira especial: coas LOVE SPOON.
Ah, xa! Que non sabedes o que son! Pois as LOVE SPOON son unhas culleres de madeira coas que os namorados de Gales, Inglaterra, no século XVII, agasallaban as súas amadas. Como non tiñan moitos cartos collían un trozo de madeira e tallaban fermosas culleres. Se as rapazas os aceptaban podían casar con elas.
Fixéronse tan famosas que a xente comezou a regalalas polo día da amizade, bautizos, cumpreanos...
No noso cole decidimos que este sería o noso agasallo para to@s neste día. Como non sabemos tallar transformamos unha culler de madeira nun personaxe cunha mensaxe especial, elaborando unha POESÍA VISUAL.
Así foi como nos puxemos a traballar en equipo, compartindo culleres, ideando personaxes... TODO UN MUNDO DE CREATIVIDADE!
Foron tres semanas de duro esforzo ata que por fin rematamos. Sabes cantas figuras fixemos? 55 "LOVE SPOON"que están a adornar as paredes do noso colexio.
E finalmente, este é o fermoso resultado.
(Grazas a tod@s os meus alumn@s, dende segundo ata sexto de primaria, pola súa creatividade, ilusión, compromiso.. Sen eles esto non sería posible. Quérovos!)
"Hoxe levareite ao santuario máis escondido do Templo, ao corazón do propio Deus. E leváronme ao PAÍS DA RISA" (Pensamento Zen)
Ola a tod@s! Aquí me tedes disfrutando dunhas sesións de RISOTERAPIA coas miñas amigas como as que fixemos na clase (premendo en Risoterapia atoparedes algún destes exercicios) Porque xa sabedes que APRENDER A RIR É APRENDER A VIVIR!
A que o pasamos moi ben?
E para que vos sigades a divertir aquí vos deixo este poster dixital con simpáticas aventuras.
E que tal se poñedes a proba os vosos coñecementos sobre A RISA con este xogo educativo? Premede na imaxe e a disfrutar!
As ilustracións, imaxes e contidos desta web teñen "UNICAMENTE" USO EDUCATIVO.
AGORA... MAXIA CELTA...
SOMOS DA...
E DE...
COLABORAMOS NO BLOG DE POESÍA VISUAL...
CONTADORA DE SOÑOS aposta pola DIDÁCTICA DA FANTASÍAe a creación de espacios de estimulación que amplien e enriquezan os sistemas cognitivos, emocionais e sociais do alumnado.
VIVA A IMAXINACIÓN!LÁPIS PARA PINTAR AS MELLORES AVENTURAS E OLLO DA ALMA!