domingo, 28 de diciembre de 2008

POBOADO INTERCULTURAL/ CULTURAL VILLAGE

Os nenos/as de 5º elaboraron este mural cos debuxos de distintos pobos e as súas casas: os mousgoum de Camerún, os bantú, sahara e as jaimas, burkina faso (gurunsi), os masai de Kenia, persoas crocodilo, maorí de Nova Zelanda, os Kurowai, as vivendas dos mongoles, os hoti de Venezuela, os sioux e os tippis, iglús, vivendas do Nepal, os shuar de Ecuador...
Este mural foi elexido para a portada do noso calendario do 2009, elaborado con debuxos dos distintos ciclos.

CALENDARIO 2009/ CALENDAR 2009

20 LANGUAGES WISH YOU "HAPPY NEW YEAR" /20 IDIOMAS NOS QUE DESEXAR FELIZ ANINOVO

SONG AROUND THE WORLD "STAND BY ME" CANCIÓN ARREDOR DO MUNDO "QUEDATE CONMIGO"

TIMON E PUMBA (STAND BY ME) EN ÁFRICA

sábado, 20 de diciembre de 2008

FESTIVAL DE NADAL INTERCULTURAL



O 19 de Decembro celebrámolo Festival de Nadal no colexio e foi unha homenaxe o NADAL NO MUNDO. Cantamos panxoliñas de distintos países (Bolivia, Perú, Inglaterra, Francia, Colombia, Galicia...) e tivemos unha obra de teatro moi divertida. E o mellor chegou ao rematar, que o profesor Pardiñas co seu acordeón chamou o resto dos profes e todos subiron ao escenario a cantar.

UN BELÉN DIFERENTE



Para que o vexas en grande e sen música. Espera a que cargue e pasa as imaxes.







VIVAN OS NENOS, VIVAN LOS NIÑOS, CONGRATULATIONS CHILDRENS, FELICITACIÓNS ENFANTS, PARABÉNS CRIANÇAS, CONGRATULAZIONI BAMBINI....

UNHA VISITA DENDE O SAHARA


Para rematar o noso festival, veunos visitar o pai de Fátima, NAFA, fíxonos té e probámolo, está delicioso. Escoitade hai que tomar tres vasos e hai un dito que dí: o primeiro amargo como a vida, o segundo doce como o amor e o terceiro relaxante como a morte. Foi un día inesquecible, emocionante e cheo de anécdotas....GRAZAS NAFA POLA TÚA AMABILIDADE.

BO NADAL PARA TODOS DE PARTE DA CONTADORA DE SOÑOS. DESCANSADE E REPARADE FORZAS QUE AINDA TEMOS MOITAS AVENTURAS QUE VIVIR E SOÑOS QUE CUMPLIR...

miércoles, 17 de diciembre de 2008

UNHA TRADICIÓN DO NADAL (SANTA CLAUS/PAPÁ NOEL)

Papá Noel, Santa Claus, Velliño Pascuero, Colacho ou San Nicolás, son os nomes cos que se coñece a este personaxe lexendario que trae regalos aos nenos polo Nadal.
En Rovaniemi cidade de Laponia, sita na fronteira co Cículo Polar Ártico, atópase a CIDADE DE SANTA CLAUS, alí na súa oficiña de correos recíbense anualmente máis de medio millón de cartas de nenos/as de todo o mundo. Se te apetece ir de visita poderás fotografiarte xunto a casa de Santa Claus, ir en trineo, comer sopa de carne de reno no interior dunha kota (cabañas dos sápmi, habitantes destas terras) e escoitar cancións típicas.

CONTACONTOS: O NADAL DE PAPÁ NOEL

PAPÁ NOEL NO BARRIÉ


O NOSO PAPÁ NOEL LEVA NO SEU SACO AS CARTAS SOLIDARIAS DOS NOSOS ALUMNOS/AS PEDINDO BOS DESEXOS PARA TODO O MUNDO E NON SOLO COUSAS MATERIAIS. ESPEREMOS QUE PAPÁ NOEL REPARTA ESTES DESEXOS DE AMOR.

A PROMESA DE CARLOS, O MEU AMIGO ESPECIAL


A CONTADORA DE SOÑOS FACENDO DE PAPÁ NOEL CUMPRE O DESEXO E O SOÑO DE CARLOS. SEGURO QUE ESTARÁ DANDO SALTOS DE ALEGRIA.

A CONTADORA DE SOÑOS RECOMENDA.....


Papa Noel e os nenos do deserto: Papá Noel ten unha avería no deserto do Sahara. Pérdense todos os regalos. So lle axudan os beduinos, pero os nenos do deserto ¿escoitaron algúnha vez falar de Papá Noél?(12 anos)
Papá Noel e Babar: aventuras do elefante Babar que vai a buscar a Papá Noel para que lle traiga tamén xoguetes no país dos elefantes.(6 anos)
Cando Papá Noel caeu do ceo: cerca do colexio cae un orixinal carro debido a unha forte tormenta de neve...(10 anos)
Cartas a Papá Noel: para primeiros lectores

PATO, RAPERO DE SENEGAL- ÁFRICA CANTANDO A PAPÁ NOEL

domingo, 14 de diciembre de 2008

AS FORMIGAS EN ÁFRICA

Formiga: nome común dunha familia de insectos sociais. Que a formiga sexa social significa que viven en colonias e organizadas nun só niño. Algunhas, en especial a formiga devastadora africana,son nómadas con fases de anidación. Estas formigas africanas teñen unhas mandíbulas poderosas que lle permiten trocear calquera presa sen problemas. Por eso e polo seu pequeno tamaño e gran número son difíciles de combatir sobre todo se atacan ao home (que pode formar parte da súa dieta si se atopa con elas).
As formigas traballan en equipo.

AS FORMIGAS E O INCREIBLE TRABALLO EN EQUIPO

AS FORMIGUIÑAS DO BARRIÉ/ANTS SCHOOL(INTERCULTURALIDADE NA AULA)

BO NADAL, JOEUX NOËL, SHINNEN OMEDETO, BUON NATALE, ZALIGE KEERTFEEST, MAUSKAA JOULUA, KENOURIOS CHRONOS... MERRY CHRISTMAS FROM SANTA COMBA...

viernes, 12 de diciembre de 2008

XOGANDO CO NADAL



Christmas Toys from 123mycodes.com

COMO SE DI BO NADAL NOS DISTINTOS DIALECTOS AFRICANOS




En Akan (Ghana) Afishapa
En Zimbabwe Merry Kisimusi
En Afrikaans (South Africa) Geseënde Kersfees
En Zulu (South Africa) Sinifisela Ukhisimusi Omuhle
En Swazilandia (Swazilandia) Sinifisela Khisimusi Lomuhle
En sotho (Lesthoto) Matswalo una Morena un Mabotse
En swahili (Tanzania, Kenya) Kuwa na Krismasi njema
En amárico (Etiopía) Melkam Yelidet Beaal
En Egipto (Egipto) Colo sana wintom tiebeen
En Yoruba (Nigeria) E odun ku, e hu AIE 'dun!

martes, 9 de diciembre de 2008

O NADAL EN ÁFRICA


En África conviven varias relixións e crenzas. Os cristiáns en Nadal reúnense e len pasaxes da Biblia e despois fan bailes e cantos ao aire libre. En Etiopia, por exemplo, realizan a ceremonia do baño nos ríos: primeiro bendicen as augas e logo a xente tira flores e se bañan.
Comparten todo o que teñen e os musulmáns respectan esta festa porque para eles Xesús é un profeta importante e coincide o Nadal co fin do Ramadán.

PANXOLIÑA DE NIXERIA EN DIALECTO YORUBA: BETELEHEMU

CONTO: O NADAL NO MAR AFRICANO

CONTO DE NADAL DE SUDÁFRICA: ¿QUE HAI PARA COMER JAMELA?

sábado, 6 de diciembre de 2008

OS CONTOS DAS MIL E UNHA NOITES



Os contos das mil e unha noites son unha colección de contos de oríxe persa, árabe, hindú e exipcio. Os contos máis coñecidos son:
ALÍ BABÁ E OS 40 LADRÓNS
SIMBAD O MARIÑO
ALADINO E A LÁMPARA MARAVILLOSA.

A PRINCESA SHEREZADE

A princesa Sherezade é unha muller bela e intelixente que no libro das Mil e unha Noites conta historias ao rei SAHRIAR cada noite ata o amencer. Cando chega a mañá ela interrompe a súa narración para continuala o día seguinte, deixando ao rei ca curiosidade de como rematará.

CONTO ALÍ BABÁ E OS CORENTA LADRÓNS

ALADINO E A LÁMPARA MARAVILLOSA

PREME AQUÍ E ESCOITA O CONTO DE SIMBAD O MARIÑO

http://pacomova.eresmas.net/paginas/audiocuentos/simbad/simbad.htm

CREBACABEZAS MIL E UNHA NOITES


GRAN TEATRO DE MAESE TRAVIESO: AS MIL E UNHA NOITES

martes, 2 de diciembre de 2008

A DANZA DO VIENTRE NOS PAÍSES ÁRABES

UNHA CULTURA UNHA DANZA (A DANZA DO VIENTRE)

¿Sabías que a danza do vientre é unha danza que ten a súa orixe en Exipto? ¿Sabías que ademáis dos beneficios físicos tamén aporta beneficios psicolóxicos: libera tensións e axuda a quererte máis?
¿Sabías que ainda que é unha danza pensada para mulleres tamén é practicada por homes?
SE A DANZA CHEGA A TÚA VIDA DESCUBRE A SÚA MAXIA E DEIXA QUE TE ENVOLVA PARA AXUDARTE A SER MÁIS FELIZ.

APRENDE A BAILAR A DANZA DO VIENTRE

A DANZA DO VIENTRE NO BARRIÉ

sábado, 29 de noviembre de 2008

SALLA ALLAHU ALAIHI SALLAM ( A PAZ E AS BENDICIÓNS DE ALÁ SEXAN CONTIGO) VEN CONMIGO A PERCORRER O MUNDO ÁRABE

Mapa do Mundo Árabe.
Chámase Mundo Árabe ou Paises Árabes ao conxunto dos paises membros da Liga Árabe.

DESEXOTE UNHA BOA VIAXE POR TUNICIA

EXPOSICIÓN MUNDO ARABE



Símbolo islam
(media lúa e estrela), O CORÁN, Debuxo Mahoma, Letras
en árabe, Debuxos e fotos de mesquitas, Xornal árabe,
Fotos de nenos musulmáns na súa escola de Timbuctú,
Niger, Foto mesquita Domo da Roca en Israel con mulleres musulmás,
Pano da Danza do Ventre con foto dunha bailarina e pulseira, Libros
de temática árabe: O libreiro de Kabul, Historias de
Narusdin, De parte da princesa morta, Libro Mil e unha noites, contos
árabes … Alimentos: cuscus, pistachos, latas con
especias…, Bandexa de café, Inciensario, Boneca de
Tunisia, Vídeo e libro da serie: ÉRASE UNHA VEZ O
HOME: O islám ; Figura dun camelo



O ALFABETO ÁRABE..

QUERES SABER COMO SE ESCRIBE O TEU NOME EN ÁRABE.... PINCHA NESTA DIRECCIÓN...

http://lexiquetos.ohui.net/nombres-arabe/

CONTO "YUHA e O PANADEIRO"

A CONTADORA DE SOÑOS RECOMENDA... " O ABC do Mundo Árabe"


Con éste libro aprenderás todo o relacionado co mundo árabe ...

CANCIÓN EN ÁRABE: ARTISTA NANCY AJRAM (SHAKHHAT SHAKHABET)

viernes, 28 de noviembre de 2008

jueves, 27 de noviembre de 2008

martes, 25 de noviembre de 2008

sábado, 22 de noviembre de 2008

ADICADO A FÁTIMA A NOSA XALLEIRA SAHARAUI


aparecer en portada de revistas!
Salam Aleikum ( A PAZ SEXA CONTIGO)
Ana Asmi Fátima (CHÁMOME FÁTIMA)
Ana Nebrik Sajbi (QUÉROCHE AMIGO/A)
Asme (ESCOITAME)

Esta é a historia do MEU POBO.

Aínda que pareza raro o Saharauis non vivimos no noso país. O noso país era o Sahara Occidental, un gran deserto con oasis, ríos, animais e plantas. Pero tivemos que marchar da nosa terra por culpa dunha guerra e fuxir a Arxelia, ao deserto máis árido do mundo. No inverno fai moito frío e non temos calefacción e no verán chegamos a ter ata 5o graos de temperatura e non temos ventilador. A terra é mala e non podemos cultivar nada. Fai 30 anos que vivimos alí en campamentos e dependemos das axudas internacionais.


Aquí podes velo mellor.

AS NOSAS CASAS: AS JAIMAS


As nosas casas chámanse JAIMAS, estan feitas con pel de camelo ou lona moi grosa. Son moi duras.
Por dentro temos alfrombras no chan.

A CEREMONIA DO TE

Tomar o te é algo importante e especial para nós e non pensedes que se pode tomar de calquera forma. Hai que beber tres vasos.

COCIÑAMOS CUSCUS

COMIDAS DO SAHARA

A miña comida preferida é o CUSCUS: é un gran moi pequeno semellante ao arroz pero redondo. Cociñamolo con moitas verduras e carne de cordeiro, polo, ou camelo, cando a temos, claro. ¡ Está delicioso!

A AUGA



Non temos auga. Os nenos/as somos os encargados de ir a por auga aos contenedores que nos veñen cargar distintas organizacións que nos axudan e como vedes non temos lavadoras. A auga é un luxo

A ESCOLA NO SAHARA



Nos campamentos Saharauis todos o mundo vai a escola. É o único lugar do Continente Africano onde case todo o mundo sabe ler e escribir. Na escola ademáis aprendemos as regras da vida Saharaui:

SER VALENTE PARA AFRONTAR OS PERIGOS QUE HAI NO DESERTO E SER AMABLE COS VIAXEIROS.

CONTOS DO SAHARA




Pola noite contamos contos e temos varios e facendo un pouco de CONTADORA DE SOÑOS, vouvos recomendar eu ahora dous contos preciosos da miña terra SAHARAUI.

MAHSALAMA (adeus) despidome con un video de Amistades Peligrosas "A larga Espera" adicado ao meu pobo

Aquí vivo coa miña familia da acollida e son feliz ainda que teño morriña da miña terra. Encántame ir a escola e compartir o día a día convosco, bicos para todos e todas.
SHÚKRAM (Grazas) por escoitarme.

TODOS CO SAHARA

Pincha nesta dirección de internet para ser participe da campaña TODOS CO SAHARA, envia a túa sinatura por un SAHARA LIBRE. GRAZAS

http://www.todosconelsahara.com/

viernes, 21 de noviembre de 2008

A XIRAFA DE NEREA

No colexio celebrámolo magosto e os nenos trouxeron manualidades elaboradas con productos de outono, Nerea B.F de 4ºA fixo este maravillosa xirafa coa axuda do seu pai. Seica ían paseando polo monte e atoparon unha pola que parecía o corpo dunha xirafa, buscaron outra pola para facer a cabeza. Tiveron que pelar a madeira, adornala... e este foi o resultado do traballo de pai e filla ¡Noraboa aos dous!

XIRAFAS

Un animal precioso africano e que nos encanta a todos é a xirafa. Mira ben que bonita é!



Noelia de 6ºa recoméndavos este libro: A XIRAFA BLANCA



Esta é a historia de Martine, unha nena que o día do seu cumpreanos incendiase a súa casa e morren os seus pais. Martine é a única que se salva e ten que ir a vivir a África, a una reserva natural xunto a súa avoa, a quen non coñecía de nada. Cando por fin chega á reserva natural de Sawuba dase conta de que a súa avoa non a quere. O axudante da avoa cóntalle a lenda da xirafa blanca. Así que unha noite escura e que chovía a cántaros, a nena ve a xirafa e acércase a ela. Cando a toca nota un certo cosquilleo. Dende aquel momento sinte que ela e a xirafa son unhas amigas especiais...

XOGA COA XIRAFA BLANCA

Debuxo orixinal.














E agora fíxate ben e acertarás.



miércoles, 19 de noviembre de 2008

OS NENOS/AS E O SEUS DEREITOS

O día 20 de novembro de 1989 a Asemblea da ONU aprobou por unanimidade a Convención dos Dereitos do neno. Desde entón 192 países asináronos entre eles España. Iso significa que os menores de idade teñen dereitos recoñecidos na lei e que depende dos adultos o respectalos.





DEREITO A EDUCACIÓN


Hoxe en día máis de 120 millóns de nenos/as en idade escolar non asisten á escola e a maioría son nenas. Asegurar o acceso de todos e en especial das nenas á educación converteuse nunha prioridade a nivel mundial


Aquí tes un fragmento da película BINTA E A GRAN IDEA, onde precisamente se fala da muller africana e o seu dereito a asistir a escola.

lunes, 17 de noviembre de 2008

OS MASAI

Os masáis (ou "maasai", como eles mesmo o deletrean) son pastores nómades que viven hoxe, como sempre fixeron, nas chairas abertas do sueste de Kenia e o nordeste de Tanzania. A súa vida e a súa cultura tradicionais viran ao redor do seu gando vacún, no cal cifran exclusivamente a riqueza, e trasládanse a dondequiera que as condicións sexan mellores para as súas reses. Tamén cazan ocasionalmente e colleitan algunhas especies vexetais autóctonas como o Aloe Vera, que empregan para as "queimaduras frías" pero polo xeral non se dedican á agricultura


¡MSAH! BA´RI WA´I´ A´NI ´ = AMIGO VIAXA HOXE CONMIGO

A CONTADORA DE SOÑOS RECOMENDA: A PEQUENA MASAI

A pequena Masai ensinaranos como se vive no seu país, como se visten os seus habitantes, que comen e cales son os seus costumes. Un excelente xeito de achegar aos pequenos lectores a novos mundos.

MITO: O REBAÑO MASAI E MASINTA

domingo, 16 de noviembre de 2008

viernes, 14 de noviembre de 2008

FALEMOS DO RACISMO



Hai persoas que desprecian a outras pola súa cor de pel, crenzas, por ser de outro país, ou por pensar diferente. Este é un homenaxe dos alumnos/as de 6º de Primaria, a todos aqueles que deixan a súa terra para buscar unha vida mellor e son víctimas do desprecio e da ignorancia de quen se cree "superior" ou "especial".

Mensaxe De Roberto



MENSAXE DE RAÚL E DAMIÁN



MENSAXE DE SAMUEL


MENSAXE DE CLARA R.


 
aladin