sábado, 29 de noviembre de 2008

SALLA ALLAHU ALAIHI SALLAM ( A PAZ E AS BENDICIÓNS DE ALÁ SEXAN CONTIGO) VEN CONMIGO A PERCORRER O MUNDO ÁRABE

Mapa do Mundo Árabe.
Chámase Mundo Árabe ou Paises Árabes ao conxunto dos paises membros da Liga Árabe.

DESEXOTE UNHA BOA VIAXE POR TUNICIA

EXPOSICIÓN MUNDO ARABE



Símbolo islam
(media lúa e estrela), O CORÁN, Debuxo Mahoma, Letras
en árabe, Debuxos e fotos de mesquitas, Xornal árabe,
Fotos de nenos musulmáns na súa escola de Timbuctú,
Niger, Foto mesquita Domo da Roca en Israel con mulleres musulmás,
Pano da Danza do Ventre con foto dunha bailarina e pulseira, Libros
de temática árabe: O libreiro de Kabul, Historias de
Narusdin, De parte da princesa morta, Libro Mil e unha noites, contos
árabes … Alimentos: cuscus, pistachos, latas con
especias…, Bandexa de café, Inciensario, Boneca de
Tunisia, Vídeo e libro da serie: ÉRASE UNHA VEZ O
HOME: O islám ; Figura dun camelo



O ALFABETO ÁRABE..

QUERES SABER COMO SE ESCRIBE O TEU NOME EN ÁRABE.... PINCHA NESTA DIRECCIÓN...

http://lexiquetos.ohui.net/nombres-arabe/

CONTO "YUHA e O PANADEIRO"

A CONTADORA DE SOÑOS RECOMENDA... " O ABC do Mundo Árabe"


Con éste libro aprenderás todo o relacionado co mundo árabe ...

CANCIÓN EN ÁRABE: ARTISTA NANCY AJRAM (SHAKHHAT SHAKHABET)

viernes, 28 de noviembre de 2008

jueves, 27 de noviembre de 2008

martes, 25 de noviembre de 2008

sábado, 22 de noviembre de 2008

ADICADO A FÁTIMA A NOSA XALLEIRA SAHARAUI


aparecer en portada de revistas!
Salam Aleikum ( A PAZ SEXA CONTIGO)
Ana Asmi Fátima (CHÁMOME FÁTIMA)
Ana Nebrik Sajbi (QUÉROCHE AMIGO/A)
Asme (ESCOITAME)

Esta é a historia do MEU POBO.

Aínda que pareza raro o Saharauis non vivimos no noso país. O noso país era o Sahara Occidental, un gran deserto con oasis, ríos, animais e plantas. Pero tivemos que marchar da nosa terra por culpa dunha guerra e fuxir a Arxelia, ao deserto máis árido do mundo. No inverno fai moito frío e non temos calefacción e no verán chegamos a ter ata 5o graos de temperatura e non temos ventilador. A terra é mala e non podemos cultivar nada. Fai 30 anos que vivimos alí en campamentos e dependemos das axudas internacionais.


Aquí podes velo mellor.

AS NOSAS CASAS: AS JAIMAS


As nosas casas chámanse JAIMAS, estan feitas con pel de camelo ou lona moi grosa. Son moi duras.
Por dentro temos alfrombras no chan.

A CEREMONIA DO TE

Tomar o te é algo importante e especial para nós e non pensedes que se pode tomar de calquera forma. Hai que beber tres vasos.

COCIÑAMOS CUSCUS

COMIDAS DO SAHARA

A miña comida preferida é o CUSCUS: é un gran moi pequeno semellante ao arroz pero redondo. Cociñamolo con moitas verduras e carne de cordeiro, polo, ou camelo, cando a temos, claro. ¡ Está delicioso!

A AUGA



Non temos auga. Os nenos/as somos os encargados de ir a por auga aos contenedores que nos veñen cargar distintas organizacións que nos axudan e como vedes non temos lavadoras. A auga é un luxo

A ESCOLA NO SAHARA



Nos campamentos Saharauis todos o mundo vai a escola. É o único lugar do Continente Africano onde case todo o mundo sabe ler e escribir. Na escola ademáis aprendemos as regras da vida Saharaui:

SER VALENTE PARA AFRONTAR OS PERIGOS QUE HAI NO DESERTO E SER AMABLE COS VIAXEIROS.

CONTOS DO SAHARA




Pola noite contamos contos e temos varios e facendo un pouco de CONTADORA DE SOÑOS, vouvos recomendar eu ahora dous contos preciosos da miña terra SAHARAUI.

MAHSALAMA (adeus) despidome con un video de Amistades Peligrosas "A larga Espera" adicado ao meu pobo

Aquí vivo coa miña familia da acollida e son feliz ainda que teño morriña da miña terra. Encántame ir a escola e compartir o día a día convosco, bicos para todos e todas.
SHÚKRAM (Grazas) por escoitarme.

TODOS CO SAHARA

Pincha nesta dirección de internet para ser participe da campaña TODOS CO SAHARA, envia a túa sinatura por un SAHARA LIBRE. GRAZAS

http://www.todosconelsahara.com/

viernes, 21 de noviembre de 2008

A XIRAFA DE NEREA

No colexio celebrámolo magosto e os nenos trouxeron manualidades elaboradas con productos de outono, Nerea B.F de 4ºA fixo este maravillosa xirafa coa axuda do seu pai. Seica ían paseando polo monte e atoparon unha pola que parecía o corpo dunha xirafa, buscaron outra pola para facer a cabeza. Tiveron que pelar a madeira, adornala... e este foi o resultado do traballo de pai e filla ¡Noraboa aos dous!

XIRAFAS

Un animal precioso africano e que nos encanta a todos é a xirafa. Mira ben que bonita é!



Noelia de 6ºa recoméndavos este libro: A XIRAFA BLANCA



Esta é a historia de Martine, unha nena que o día do seu cumpreanos incendiase a súa casa e morren os seus pais. Martine é a única que se salva e ten que ir a vivir a África, a una reserva natural xunto a súa avoa, a quen non coñecía de nada. Cando por fin chega á reserva natural de Sawuba dase conta de que a súa avoa non a quere. O axudante da avoa cóntalle a lenda da xirafa blanca. Así que unha noite escura e que chovía a cántaros, a nena ve a xirafa e acércase a ela. Cando a toca nota un certo cosquilleo. Dende aquel momento sinte que ela e a xirafa son unhas amigas especiais...

XOGA COA XIRAFA BLANCA

Debuxo orixinal.














E agora fíxate ben e acertarás.



miércoles, 19 de noviembre de 2008

OS NENOS/AS E O SEUS DEREITOS

O día 20 de novembro de 1989 a Asemblea da ONU aprobou por unanimidade a Convención dos Dereitos do neno. Desde entón 192 países asináronos entre eles España. Iso significa que os menores de idade teñen dereitos recoñecidos na lei e que depende dos adultos o respectalos.





DEREITO A EDUCACIÓN


Hoxe en día máis de 120 millóns de nenos/as en idade escolar non asisten á escola e a maioría son nenas. Asegurar o acceso de todos e en especial das nenas á educación converteuse nunha prioridade a nivel mundial


Aquí tes un fragmento da película BINTA E A GRAN IDEA, onde precisamente se fala da muller africana e o seu dereito a asistir a escola.

lunes, 17 de noviembre de 2008

OS MASAI

Os masáis (ou "maasai", como eles mesmo o deletrean) son pastores nómades que viven hoxe, como sempre fixeron, nas chairas abertas do sueste de Kenia e o nordeste de Tanzania. A súa vida e a súa cultura tradicionais viran ao redor do seu gando vacún, no cal cifran exclusivamente a riqueza, e trasládanse a dondequiera que as condicións sexan mellores para as súas reses. Tamén cazan ocasionalmente e colleitan algunhas especies vexetais autóctonas como o Aloe Vera, que empregan para as "queimaduras frías" pero polo xeral non se dedican á agricultura


¡MSAH! BA´RI WA´I´ A´NI ´ = AMIGO VIAXA HOXE CONMIGO

A CONTADORA DE SOÑOS RECOMENDA: A PEQUENA MASAI

A pequena Masai ensinaranos como se vive no seu país, como se visten os seus habitantes, que comen e cales son os seus costumes. Un excelente xeito de achegar aos pequenos lectores a novos mundos.

MITO: O REBAÑO MASAI E MASINTA

domingo, 16 de noviembre de 2008

viernes, 14 de noviembre de 2008

FALEMOS DO RACISMO



Hai persoas que desprecian a outras pola súa cor de pel, crenzas, por ser de outro país, ou por pensar diferente. Este é un homenaxe dos alumnos/as de 6º de Primaria, a todos aqueles que deixan a súa terra para buscar unha vida mellor e son víctimas do desprecio e da ignorancia de quen se cree "superior" ou "especial".

Mensaxe De Roberto



MENSAXE DE RAÚL E DAMIÁN



MENSAXE DE SAMUEL


MENSAXE DE CLARA R.


A CONTADORA DE SOÑOS RECOMENDA ESTE CONTO: CORES QUE SE AMAN

narrayrecita

jueves, 13 de noviembre de 2008

INSTRUMENTOS AFRICANOS: O DJEMBE






O Djembé é un instrumento de percusión e pénsase que foi creado polos NUMU, artesáns que traballaban a madeira. Din que é un tambor curativo polo seu poder. Os ritmos do Djembé foron cambiando ao longo dos tempos adaptándose a música actual.





LUCIA de 6º de Primaria tocando o Djembé










Para que vexas como se toca.

CONTO: O PODER DO DJEMBE

miércoles, 12 de noviembre de 2008

O PROBLEMA DA AUGA EN ÁFRICA

En África hai escasez de auga e normalmente son as mulleres e nenas as encargadas de ir a buscala, as veces camiñando durante horas ata o pozo máis próximo.

O camiño de ida é máis fácil que o de volta porque entón veñen cargadas con auga para regar, para lavarse, para a comida, para beber, para darlle ós animais...
Ti...¿con canta auga nun bidón crees que poderías camiñar durante 3 ou 4 horas?...

Co seguinte video espero que aprendas moitas cousas e que de agora en diante teñas máis coidado ca auga. !NON A DESPILFARRES, ACÓRDATE DE QUEN NON A TEN!



E aquí tes unha historia que pasa en África titúlase ORANA, A AUGA E ÁFRICA.

A CONTADORA DE SOÑOS VOS RECOMENDA O SEGUINTE CONTO...



Todas as mañás,mentres os outros nenos van a escola, Witika debe percorrer soa un longo camiño ata un manantial en busca de agua. A pesar de sentir moito medo polos perigos que hai, Witika non deixa de ir en busca da auga, xa que sen ela a súa familia non podería sobrevivir. Un bo día, a nosa protagonista é sorprendida por unha leoa que está ferida, e a partir dese momento empezará unha auténtica loita da nena por intentar salvar ao animal salvaxe. Por medio dos seus familiares, a pequena Witika conseguirá medicamentos e comida para axudar á súa nova amiga e os seus cachorros, gañándose finalmente a confianza do felino e o respecto dos aldeáns.

martes, 11 de noviembre de 2008

ABURIÑO MAMÁ ÁFRICA

"Mamá África" como era coñecida a cantante sudafricana MIRIAM MAKEBA, está cantándolle ás estrelas xa que finou a noite do Domingo 9 de Novembro.
Mamá África sempre loitou coas súas cancións pola igualdade entre "negros" e "blancos".
Gran muller, gran cantante, gran persoa...
Esto vai por ela. ¡África queda sen a súa voz!

Pole Mzee

PATA PATA CANTADO POR MIRIAM MAKEBA-1967

Unha canción preciosa de Miriam Makeba escoita ben que despois tes que cantala ti.



Intenta ti agora cantar a canción, non é difícil!

PATA PATA CANTADO POR THALIA

lunes, 10 de noviembre de 2008

OBRADOIRO DE ARTISTAS

Debuxo do conto "O pequeno Yared" realizado por Paula L. de 4ºB de Primaria



O RECUNCHO DOS SABERES


¿Sabes que..?
* Hai máis de 800 millóns de vehículos en todo o mundo. O mesmo número de persoas que sobreviven pasando fame?
* Apenas quedan3.500 tigres en liberdade no mundo?
* Cos gastos mundiais en defensa de medio día poderíanse pagar as vacunas contra a Malaria de 300 millóns de persoas?
* Para facer unha hamburguesa necesítanse máis de 10.000 litros de auga, xa que esto é o necesario para cultivar o millo co que se alimenta ás vacas?
* Que os elefantes africanos comen uns froitos fermentados cos que se embriagan?
* Que a xirafa é tan alta porque ten que saborear as follas máis saborosas, pero que lle resultal difícil agacharse para beber?

viernes, 7 de noviembre de 2008

jueves, 6 de noviembre de 2008

MITOS DE ÁFRICA: OBATALA E A CREACIÓN

AFRICA DE CONTO EN CONTO: A PAPAYA DE SENAN



Esta bela historia de Benín, tan tipicamente africana polo que supón de sentido comunitario da vida, pode ser unha boa lección para todos aqueles que descoñecen o sentido da palabra reparto. Nunha aldea situada nas marxes do Lago Kokoué, no sur de Benín, viviía unha nena de nome Senan que quere dicir "O Señor deu". Vivía coa súa nai, o seu pai e un irmán. A súa familia, como as outras da aldea, vivía da pesca. A pequena Senan portábase como as nenas da súa idade e axudaba á súa nai nas tarefas máis esixentes, que necesitaban esforzo físico e obrigábana a afastarse de casa e ir ata as beiras do lago. Un bo día, como solía facer, púxose na cabeza unha gran cesta con toda a roupa para lavar e encamiñouse cara ao lago. Polo camiño pasou preto dun papayo, que tiña un gran froito, unha enorme papaya, que caería con toda seguridade ao chan, xa madura, deica pouco tempo. A nena agarrouse ao tronco e subiu ata estar en condicións de coller a papaya. Agarrouna, dicindo: dentro de pouco comerei esta boa papaya, logo de acabar de lavar a roupa. Pero, uns momentos despois, pensou na súa nai que quedara na casa e que a atoparía ao seu regreso, e díxose para si: vou a darlle unha bonita sorpresa, gardarei a papaya e ofrecereilla á miña nai. Realmente vaise a pór moi contenta. Así que, cando acabou de lavar a roupa, tomou o camiño de regreso á súa casa. Chegou a súa cabana e correu ao encontro da súa nai e abrazouna e díxolle: mira que sorpresa che traio mamá, unha boa papaya. A nai emocionouse coa xenerosidade da filla e agradeceuno. A papaya era, en efecto, moi boa. A muller apetecíalle comela de inmediato, pero pensou no seu fillo Awanu, que quere dicir "agradecido" e que saíra moi cedo para pescar. Por iso, contívose e gardou a papaya para ofrecerlla cando regresase do traballo. Agradecido, nai? dixo Awanu ao recibir o agasallo cando chegou. Estivo tentado de levar a papaya á boca, pero de súpeto acordouse do seu pai, que saíra aquel día coa piragua para coller peixes. Pensou no duro traballo do pai, na humidade do lago, baixo a calor intensa. Esperarei a que o meu pai regrese e entón ofrecereille a papaya. Era de noite cando o pai chegou a casa, xa canso. Awanu foi ao seu encontro e, logo de darlle a benvida, ofreceulle a papaya que tiña gardada para el. O home sentou na esteira e agradeceuno. Mirou a papaya: era fermosa, grande, estaba madura, con seguridade moi saborosa. Pero contívose de comela, porque de inmediato veulle á mente a filla máis pequena. Chamouna e díxolle: ¡Senan, pequena miña, quero darche unha sorpresa esta noite: toma esta papaya, é para ti!. A nena sorriu e non dixo nada. Colleu unha navalla e cortou a papaya en catro partes. Todos xuntos, a nai, o pai, Awanu e Senan deleitáronse comendo a papaya. Por iso, comida en compañía, a papaya é mil veces máis saborosa.

lunes, 3 de noviembre de 2008

AFRICA DE CONTO EN CONTO: O DESERTO AFRICANO

MI MIEL MI DULZURA

O meu mel, a miña dozura de Michel Piquemal: Jadiya vai todos os veráns cos seus pais a ver á súa adorada avoa Zhora. Un día recibe con desconsuelo a noticia da súa morte...

Anímate a ler este conto aprenderás moito sobre a cultura dos pobos árabes de África do Norte e ademáis coñecerás vocabulario árabe, cancións... é unha preciosidade.

ÁFRICA DE CONTO EN CONTO: A SABANA




Aquí vive Chocolata unha hipopótama amiga de Teófilo a quen éste foi visitar e pasar con ela unha tempada. O que máis lle gusta e bañarse na lagoa ata que un día decide ir a cidade a unha casa de baños...



ÁFRICA DE CONTO EN CONTO: POBOADO AFRICANO




O pequeno Yared tiña 7 anos cando foi vivir á cidade de Aksum, en Etiopía, co seu tío Gedeon, o mestre da escola.
A Yared non lle gustaba nada ir ao colexio. Dicía que a escola era moi dura para el pero o que acontecía en realidade era que Yared era moi, moi preguiceiro.
Ademais, o canto dos paxaros e a infinidade de rechouchíos que escoitaba chamaban tanto a atención de Yared que podía pasar horas contemplándoos...

domingo, 2 de noviembre de 2008

sábado, 1 de noviembre de 2008

HOXE ENTRO NO MUNDO DA TECNOLOXÍA.....


Dende hoxe comenzo a miña andaina neste mundo das novas tecnoloxías, espero que tiñades aquí a unha amiga.
Comenzo co mapa de África, o meu traballo realizado no ano 2008, ese foi o meu primeiro soño e o meu reto convertir ós nenos/as en protagonistas principais da actividade.
En días seguíntes coñeceredes máis polo miudo o resultado desta experiencia.....
Ata entón un saúdo.....
 
aladin