jueves, 6 de noviembre de 2008

AFRICA DE CONTO EN CONTO: A PAPAYA DE SENAN



Esta bela historia de Benín, tan tipicamente africana polo que supón de sentido comunitario da vida, pode ser unha boa lección para todos aqueles que descoñecen o sentido da palabra reparto. Nunha aldea situada nas marxes do Lago Kokoué, no sur de Benín, viviía unha nena de nome Senan que quere dicir "O Señor deu". Vivía coa súa nai, o seu pai e un irmán. A súa familia, como as outras da aldea, vivía da pesca. A pequena Senan portábase como as nenas da súa idade e axudaba á súa nai nas tarefas máis esixentes, que necesitaban esforzo físico e obrigábana a afastarse de casa e ir ata as beiras do lago. Un bo día, como solía facer, púxose na cabeza unha gran cesta con toda a roupa para lavar e encamiñouse cara ao lago. Polo camiño pasou preto dun papayo, que tiña un gran froito, unha enorme papaya, que caería con toda seguridade ao chan, xa madura, deica pouco tempo. A nena agarrouse ao tronco e subiu ata estar en condicións de coller a papaya. Agarrouna, dicindo: dentro de pouco comerei esta boa papaya, logo de acabar de lavar a roupa. Pero, uns momentos despois, pensou na súa nai que quedara na casa e que a atoparía ao seu regreso, e díxose para si: vou a darlle unha bonita sorpresa, gardarei a papaya e ofrecereilla á miña nai. Realmente vaise a pór moi contenta. Así que, cando acabou de lavar a roupa, tomou o camiño de regreso á súa casa. Chegou a súa cabana e correu ao encontro da súa nai e abrazouna e díxolle: mira que sorpresa che traio mamá, unha boa papaya. A nai emocionouse coa xenerosidade da filla e agradeceuno. A papaya era, en efecto, moi boa. A muller apetecíalle comela de inmediato, pero pensou no seu fillo Awanu, que quere dicir "agradecido" e que saíra moi cedo para pescar. Por iso, contívose e gardou a papaya para ofrecerlla cando regresase do traballo. Agradecido, nai? dixo Awanu ao recibir o agasallo cando chegou. Estivo tentado de levar a papaya á boca, pero de súpeto acordouse do seu pai, que saíra aquel día coa piragua para coller peixes. Pensou no duro traballo do pai, na humidade do lago, baixo a calor intensa. Esperarei a que o meu pai regrese e entón ofrecereille a papaya. Era de noite cando o pai chegou a casa, xa canso. Awanu foi ao seu encontro e, logo de darlle a benvida, ofreceulle a papaya que tiña gardada para el. O home sentou na esteira e agradeceuno. Mirou a papaya: era fermosa, grande, estaba madura, con seguridade moi saborosa. Pero contívose de comela, porque de inmediato veulle á mente a filla máis pequena. Chamouna e díxolle: ¡Senan, pequena miña, quero darche unha sorpresa esta noite: toma esta papaya, é para ti!. A nena sorriu e non dixo nada. Colleu unha navalla e cortou a papaya en catro partes. Todos xuntos, a nai, o pai, Awanu e Senan deleitáronse comendo a papaya. Por iso, comida en compañía, a papaya é mil veces máis saborosa.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

A Contadora de soños debeu de pasar moito traballo para escribir esto e mira non hai comentarios

Anónimo dijo...

a min gustoume moito este conto e o meu preferido.


Carmen Gerpe Espasandin

 
aladin