lunes, 3 de noviembre de 2008

ÁFRICA DE CONTO EN CONTO: POBOADO AFRICANO




O pequeno Yared tiña 7 anos cando foi vivir á cidade de Aksum, en Etiopía, co seu tío Gedeon, o mestre da escola.
A Yared non lle gustaba nada ir ao colexio. Dicía que a escola era moi dura para el pero o que acontecía en realidade era que Yared era moi, moi preguiceiro.
Ademais, o canto dos paxaros e a infinidade de rechouchíos que escoitaba chamaban tanto a atención de Yared que podía pasar horas contemplándoos...

No hay comentarios:

 
aladin