lunes, 3 de noviembre de 2008

AFRICA DE CONTO EN CONTO: O DESERTO AFRICANO

MI MIEL MI DULZURA

O meu mel, a miña dozura de Michel Piquemal: Jadiya vai todos os veráns cos seus pais a ver á súa adorada avoa Zhora. Un día recibe con desconsuelo a noticia da súa morte...

Anímate a ler este conto aprenderás moito sobre a cultura dos pobos árabes de África do Norte e ademáis coñecerás vocabulario árabe, cancións... é unha preciosidade.

ÁFRICA DE CONTO EN CONTO: A SABANA




Aquí vive Chocolata unha hipopótama amiga de Teófilo a quen éste foi visitar e pasar con ela unha tempada. O que máis lle gusta e bañarse na lagoa ata que un día decide ir a cidade a unha casa de baños...



ÁFRICA DE CONTO EN CONTO: POBOADO AFRICANO




O pequeno Yared tiña 7 anos cando foi vivir á cidade de Aksum, en Etiopía, co seu tío Gedeon, o mestre da escola.
A Yared non lle gustaba nada ir ao colexio. Dicía que a escola era moi dura para el pero o que acontecía en realidade era que Yared era moi, moi preguiceiro.
Ademais, o canto dos paxaros e a infinidade de rechouchíos que escoitaba chamaban tanto a atención de Yared que podía pasar horas contemplándoos...
 
aladin