miércoles, 12 de noviembre de 2008

O PROBLEMA DA AUGA EN ÁFRICA

En África hai escasez de auga e normalmente son as mulleres e nenas as encargadas de ir a buscala, as veces camiñando durante horas ata o pozo máis próximo.

O camiño de ida é máis fácil que o de volta porque entón veñen cargadas con auga para regar, para lavarse, para a comida, para beber, para darlle ós animais...
Ti...¿con canta auga nun bidón crees que poderías camiñar durante 3 ou 4 horas?...

Co seguinte video espero que aprendas moitas cousas e que de agora en diante teñas máis coidado ca auga. !NON A DESPILFARRES, ACÓRDATE DE QUEN NON A TEN!



E aquí tes unha historia que pasa en África titúlase ORANA, A AUGA E ÁFRICA.

A CONTADORA DE SOÑOS VOS RECOMENDA O SEGUINTE CONTO...



Todas as mañás,mentres os outros nenos van a escola, Witika debe percorrer soa un longo camiño ata un manantial en busca de agua. A pesar de sentir moito medo polos perigos que hai, Witika non deixa de ir en busca da auga, xa que sen ela a súa familia non podería sobrevivir. Un bo día, a nosa protagonista é sorprendida por unha leoa que está ferida, e a partir dese momento empezará unha auténtica loita da nena por intentar salvar ao animal salvaxe. Por medio dos seus familiares, a pequena Witika conseguirá medicamentos e comida para axudar á súa nova amiga e os seus cachorros, gañándose finalmente a confianza do felino e o respecto dos aldeáns.
 
aladin