sábado, 22 de noviembre de 2008

ADICADO A FÁTIMA A NOSA XALLEIRA SAHARAUI


aparecer en portada de revistas!
Salam Aleikum ( A PAZ SEXA CONTIGO)
Ana Asmi Fátima (CHÁMOME FÁTIMA)
Ana Nebrik Sajbi (QUÉROCHE AMIGO/A)
Asme (ESCOITAME)

Esta é a historia do MEU POBO.

Aínda que pareza raro o Saharauis non vivimos no noso país. O noso país era o Sahara Occidental, un gran deserto con oasis, ríos, animais e plantas. Pero tivemos que marchar da nosa terra por culpa dunha guerra e fuxir a Arxelia, ao deserto máis árido do mundo. No inverno fai moito frío e non temos calefacción e no verán chegamos a ter ata 5o graos de temperatura e non temos ventilador. A terra é mala e non podemos cultivar nada. Fai 30 anos que vivimos alí en campamentos e dependemos das axudas internacionais.


Aquí podes velo mellor.

AS NOSAS CASAS: AS JAIMAS


As nosas casas chámanse JAIMAS, estan feitas con pel de camelo ou lona moi grosa. Son moi duras.
Por dentro temos alfrombras no chan.

A CEREMONIA DO TE

Tomar o te é algo importante e especial para nós e non pensedes que se pode tomar de calquera forma. Hai que beber tres vasos.

COCIÑAMOS CUSCUS

COMIDAS DO SAHARA

A miña comida preferida é o CUSCUS: é un gran moi pequeno semellante ao arroz pero redondo. Cociñamolo con moitas verduras e carne de cordeiro, polo, ou camelo, cando a temos, claro. ¡ Está delicioso!

A AUGA



Non temos auga. Os nenos/as somos os encargados de ir a por auga aos contenedores que nos veñen cargar distintas organizacións que nos axudan e como vedes non temos lavadoras. A auga é un luxo

A ESCOLA NO SAHARA



Nos campamentos Saharauis todos o mundo vai a escola. É o único lugar do Continente Africano onde case todo o mundo sabe ler e escribir. Na escola ademáis aprendemos as regras da vida Saharaui:

SER VALENTE PARA AFRONTAR OS PERIGOS QUE HAI NO DESERTO E SER AMABLE COS VIAXEIROS.

CONTOS DO SAHARA




Pola noite contamos contos e temos varios e facendo un pouco de CONTADORA DE SOÑOS, vouvos recomendar eu ahora dous contos preciosos da miña terra SAHARAUI.

MAHSALAMA (adeus) despidome con un video de Amistades Peligrosas "A larga Espera" adicado ao meu pobo

Aquí vivo coa miña familia da acollida e son feliz ainda que teño morriña da miña terra. Encántame ir a escola e compartir o día a día convosco, bicos para todos e todas.
SHÚKRAM (Grazas) por escoitarme.

TODOS CO SAHARA

Pincha nesta dirección de internet para ser participe da campaña TODOS CO SAHARA, envia a túa sinatura por un SAHARA LIBRE. GRAZAS

http://www.todosconelsahara.com/
 
aladin