miércoles, 17 de diciembre de 2008

UNHA TRADICIÓN DO NADAL (SANTA CLAUS/PAPÁ NOEL)

Papá Noel, Santa Claus, Velliño Pascuero, Colacho ou San Nicolás, son os nomes cos que se coñece a este personaxe lexendario que trae regalos aos nenos polo Nadal.
En Rovaniemi cidade de Laponia, sita na fronteira co Cículo Polar Ártico, atópase a CIDADE DE SANTA CLAUS, alí na súa oficiña de correos recíbense anualmente máis de medio millón de cartas de nenos/as de todo o mundo. Se te apetece ir de visita poderás fotografiarte xunto a casa de Santa Claus, ir en trineo, comer sopa de carne de reno no interior dunha kota (cabañas dos sápmi, habitantes destas terras) e escoitar cancións típicas.

CONTACONTOS: O NADAL DE PAPÁ NOEL

PAPÁ NOEL NO BARRIÉ


O NOSO PAPÁ NOEL LEVA NO SEU SACO AS CARTAS SOLIDARIAS DOS NOSOS ALUMNOS/AS PEDINDO BOS DESEXOS PARA TODO O MUNDO E NON SOLO COUSAS MATERIAIS. ESPEREMOS QUE PAPÁ NOEL REPARTA ESTES DESEXOS DE AMOR.

A PROMESA DE CARLOS, O MEU AMIGO ESPECIAL


A CONTADORA DE SOÑOS FACENDO DE PAPÁ NOEL CUMPRE O DESEXO E O SOÑO DE CARLOS. SEGURO QUE ESTARÁ DANDO SALTOS DE ALEGRIA.

A CONTADORA DE SOÑOS RECOMENDA.....


Papa Noel e os nenos do deserto: Papá Noel ten unha avería no deserto do Sahara. Pérdense todos os regalos. So lle axudan os beduinos, pero os nenos do deserto ¿escoitaron algúnha vez falar de Papá Noél?(12 anos)
Papá Noel e Babar: aventuras do elefante Babar que vai a buscar a Papá Noel para que lle traiga tamén xoguetes no país dos elefantes.(6 anos)
Cando Papá Noel caeu do ceo: cerca do colexio cae un orixinal carro debido a unha forte tormenta de neve...(10 anos)
Cartas a Papá Noel: para primeiros lectores

PATO, RAPERO DE SENEGAL- ÁFRICA CANTANDO A PAPÁ NOEL

 
aladin