sábado, 20 de diciembre de 2008

FESTIVAL DE NADAL INTERCULTURAL



O 19 de Decembro celebrámolo Festival de Nadal no colexio e foi unha homenaxe o NADAL NO MUNDO. Cantamos panxoliñas de distintos países (Bolivia, Perú, Inglaterra, Francia, Colombia, Galicia...) e tivemos unha obra de teatro moi divertida. E o mellor chegou ao rematar, que o profesor Pardiñas co seu acordeón chamou o resto dos profes e todos subiron ao escenario a cantar.

UN BELÉN DIFERENTE

video

Para que o vexas en grande e sen música. Espera a que cargue e pasa as imaxes.







VIVAN OS NENOS, VIVAN LOS NIÑOS, CONGRATULATIONS CHILDRENS, FELICITACIÓNS ENFANTS, PARABÉNS CRIANÇAS, CONGRATULAZIONI BAMBINI....

UNHA VISITA DENDE O SAHARA


Para rematar o noso festival, veunos visitar o pai de Fátima, NAFA, fíxonos té e probámolo, está delicioso. Escoitade hai que tomar tres vasos e hai un dito que dí: o primeiro amargo como a vida, o segundo doce como o amor e o terceiro relaxante como a morte. Foi un día inesquecible, emocionante e cheo de anécdotas....GRAZAS NAFA POLA TÚA AMABILIDADE.

BO NADAL PARA TODOS DE PARTE DA CONTADORA DE SOÑOS. DESCANSADE E REPARADE FORZAS QUE AINDA TEMOS MOITAS AVENTURAS QUE VIVIR E SOÑOS QUE CUMPLIR...

video
 
aladin