miércoles, 30 de diciembre de 2009

FELIZ 2010!

miércoles, 23 de diciembre de 2009

UN FESTIVAL DE NADAL CHEO DE MAXIA



Ola chic@s mirade que guapísima estou! E que, sabedes? Veu ao cole a raiña celta das fadas, Mab, e claro eu tiña que poñer as miñas mellores galas. Que, que non o creedes? Abride os ollos logo e pasmádevos con este video!



Send a Christmas Note

lunes, 21 de diciembre de 2009

A VISITA DO APALPADOR


Ja, ja o hoxe veu un colega máxico de visita ao colexio, O APALPADOR! Trouxo unha morea de castañas para todos e desexounos BO NADAL . Aquí o tedes e ademáis pasouno de maravilla!


Por certo, encantóulle o Belén máxico que temos no cole e felicitounos por él. Que ben me cae este apalpador!

jueves, 17 de diciembre de 2009

A PETICIÓN DAS ESTRELAS




Nadal, neve, luz, estrelas... sabes? fai moito, moito tempo no ceo non había estrelas, o que pasa é que as estrelas son moi tímidas e non querían saír... Cada vez que una persoa fixera feliz a outra saería unha, así foi coma empezou a cubrirse de estrelas o firmamento

Este conto, "A PETICIÓN DAS ESTRELAS", podes velo na o
utra páxina web da CONTADORA DE SOÑOS, LA COMETA DE LOS CUENTOS (Se premes na imaxe a máxia levaráte ata alí)

No cole, tanto os nen@s de Infantil coma en Primaria, queren axudar a que as estrelas salgan. Deste xeito, presentoche o seu traballo que se te fai sorrir entón faite feliz, así que... esta noite cantas estrelas se iluminarán?

E para rematar a faena aquí vos vai a canción BUSCANDO UNHA ESTRELA Image Hosted by ImageShack.us
(un segredo que che vou dicir: esta canción van cantala os rapaces e rapazas de Educación Infantil no festival de Nadal, ja, ja... non llo contes a ninguén!)


domingo, 13 de diciembre de 2009

"A HISTORIA DO APALPADOR" CONTADA POLOS NEN@S


Chegou o momento de que sepas e aprendas moi ben a historia deste personaxe entrañable da nosa tradición galega.

Os rapaces e rapazas de 3º son os encargados de mostrarcho. Mentres íamos poñendo pistas por toda a escola eles coñecían o segredo e o tiñan moi ben agochado para este momento.

E mira que regalo che teñen! Xoga todo o que poidas a ver se eres capaz de completar o puzzle do Apalpador.


PARA QUEN NON CRE

A MOURA-SERPENTE


Cu, cuuu! Ja, ja, aquí me tedes xogando a atopar a moura serpente que coma eres moi list@, a estas alturas co que sabes das mouras, daste conta de que é unha moura encantada que pode tomar a forma dunha serpe.

Image Hosted by ImageShack.us


Os nen@s de 5ºA vanche contar unha historia moi simpática sobre esta moura. Espero que che guste moito.

viernes, 11 de diciembre de 2009

A MOURA DA PENA MOLEXA


Miña nai que me perdo! Tantos camiños e toleo.


Ola! estou no Concello de Narón, na ría de Ferrol, e estou buscando a Pena Molexa. Este é un lugar encantado polo feitizo dunha fada dunha beleza extraordinaria a que quero coñecer.


Din que na noite máxica do ano (San Xoán) ofreceráche un tesouro que verás cos teus ollos pero que deberás de mirar co corazón...


E aquí che ven a historia dun home, coma outros tantos, que foi buscar un tesouro a Pena Molexa e xa verás o que atopou...

martes, 8 de diciembre de 2009

AS MOURAS ENCANTADAS (FADAS GALEGAS)


Aquí estou esperando a moura encantada que me ten namorado, ah! que non sabes o que son as mouras? Pois son fadas, doncelas de gran beleza, que aparecen frecuentemente penteando os seus longos cabelos cun pente de ouro e prometen tesouros a quen as libere do encanto.


É o día de San Xoan cando se pode quebrar o seu encantamento.


Sabes o que tes que facer para desencantar a unha moura? darlle un bico, un bolo ou pan sen sal, leite, pronunciar algunhas palabras, realizar unha tarefa...


Os nenos de 5º B e 5ºC presentan dúas historias deste tipo de mouras para que o entendas moito mellor.




E agora queres seguir aprendendo máis sobre as fadas?

viernes, 4 de diciembre de 2009

AS FADAS DA ESCOLA


Ja, ja que ven o paso sacando fotos as miñas irmáns fadas! Por fín a contadora de soños fai que salgan comigooooo!

Aquí tedes o castelo no que vivimos, nun bosque maravilloso. Sabes que nos alimentámos de froitos do bosque, herbas menciñais e coidamos da natureza? A que somos fantásticas?

Neste video podes velo moito mellor e xa verás que sorpresa tes ao final!





E agora preséntoche as miñas curmáns galegas que son as que protagonizan este conto tan divertido. Xa verás o que lles pasa!

Dúas fadas recén chegadas do Mundo dos Soños diríxense a Dygra Films para se presentaren ao casting dunha película que se move entre o mundo real e o dos soños.

AS FADAS DE PELÍCULA


Sabes que a primeira vez que un bebé sorrí unha fada nace e desplega as súas ás?


Nesta preciosa película de fadas coñecerás a historia dunha irmá miña, CAMPANILLA, e das súas amigas.


E agora podes xogar con ela se premes na imaxe, xa verás que divertido!

miércoles, 2 de diciembre de 2009

A LINGUA ANIMADA : ALISTÁN, O DEMO OVEIRO E "OS DEFUNTOS FALABAN CASTELÁN"

A lingua animada, Poesía visual dos nen@s de 4º B de primaria.
ALISTÁN O DEMO OVEIRO

Animación en plastilina baseada nun texto de Álvaro Cunqueiro. Alistán é un demo que sofre un grave desaxuste intestinal, o que lle produce o rexeitamento dos habitantes do bosque. Para resolver o seu cheirento problema, Alistán vai ao médico que lle receita o consumo exclusivo de ovos de galiña, sempre que non o pille o sacristán de Seixido.






OS DEFUNTOS FALABAN CASTELÁN

Animación en plastilina baseada nun relato de Ánxel Fole. Na noite de defuntos, nunha aldea galega, unha rapaza foxe da súa casa para escapar co seu mozo e prometérense amor eterno. Esa mesma noite os veciños escoitan unhas misteriosas voces que falan en castelán no cemiterio.







HASME DECIR CAL CHE GUSTA MÁISSSSS!

lunes, 30 de noviembre de 2009

CONTACONTOS CON MAXIA GALEGA

Ola a tod@s! Hoxe traigo unha noticia estupenda: viñeron ao cole uns contacontos moi especiais e con sabor galego.

Esto forma parte do proxecto EU ESCOITO.., TI LES.., ÉL CONTA... EN GALEGO.(Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, Equipo de Dinamización da Biblioteca)

Pero mira, mira a ver se recoñeces a algún:


CONTACONTOS CON MAXIA on PhotoPeach



E como a nosa lingua tamén está animada, aquí tes un precioso video sobre o conto MEIGALLOS, SOMBRAS E PAPAS DE ARROZ baseado en textos de Eladio Rodríguez González.


"Cansa do escaso resultado da medicina convencional, unha nai decide pedirlle axuda á Meiga do Castro para refacer o seu fillo raquítico. A Meiga do Castro axudará -previo pago dun porco- a curar a doenza do rapaz. Pero axiña se verá que as cousas non son como parecen..."


Si, xa sei que che encantou. Non te preocupes esta semana haberá máis contos en lingua animada!

jueves, 26 de noviembre de 2009

A SABIDURIA DOS DRUIDAS



Os romanos foron conquistando as terras donde vivían os celtas e o seu obxectivo principal era desfacerse dos druidas porque sabían que sin os seus guías os celtas caerían.


Ao desaparecer os druídas perdéronse miles de anos de sabiduría só que grazas a un segredo ,ésta, chegou ata ti.


Os rapaces de 6ºA son os encargados de contarcho. Le e comprenderás.

Recorda sempre a mensaxe dos druidas: Pinta un mundo de cores.

lunes, 23 de noviembre de 2009

AS RUNAS CELTAS


Carai un druida vate mirando nas runas díxome que ía pasar uns días de vacacións e aquí estou! Agora falta Zeltia a ver si se anima a comer unha hamburguesa de landras conmigo.

Ah! Por certo non te preocupes que a miña caravana funciona con pó máxico, así que non contamina este bosque maravilloso.

Pero... que non sabes o que son as runas celtas? Pois eran uns símbolos utilizados polos mestres e sabios de culturas ancestrais, coma os druidas, para consultar dende temas espirituais, sentimentais a políticos. Hai 25 runas diferentes que abarcan todo tipo de respostas.

Os rapaces trouxeron 25 pedriñas, escribiron nelas os símbolos, fixeron a bolsa para gardalas e, xogando, aprenderon a adiviñar. Qué divertido!


viernes, 20 de noviembre de 2009

MAGOSTO CREATIVO

Os celtas celebraban a festa do Magosto nos claros do bosque. Recollían castañas que comían asadas ou ben facían fariña das castañas secas ou "pilongas" para alimentarse durante todo o ano. Recordade que tamén se alimentaban das landras, coas que facían unha fariña para amasar pan.

Nós empregamos a imaxinación e a creatividade e elaboramos unhas manualidades preciosas con froitos do outono para celebrar o noso Magosto.

MAGOSTO on PhotoPeach
E aquí tedes a preciosa poesía visual de 3ºA, BOLBORETA DE OUTONO(Nadia). Parabéns a todos polo voso traballo!

miércoles, 18 de noviembre de 2009

CASTAÑAS GALEGAS


Ahhh.. que a gustiño se está aquí! É que necesito tranquilidade para explicarte que o próximo venres imos celebrar O MAGOSTO no colexio, e preparádevos o druida Xaimilius díxome que ía chover!.

Como quero que antes aprendas moitas cousas aqui che vai este video maravilloso que fala das castañas galegas como as do noso mural, a que quedou chulo?

video

lunes, 16 de noviembre de 2009

A NATUREZA É SABIA E ELA COIDA DE NÓS: AS PLANTAS MENCIÑAIS

Aqui estou tocando na hamonica para que as árbores e plantas estean contentas e sempre estean verdes e preciosas.

Hoxe imos falar d
as plantas menciñais que empregaban os druidas vates para curar as persoas e facer as súas pócimas.

Na actualidade tamen empregamos a menciña natural para curar as nosas doenzas.


Agora vas coñecer algunhas das plantas menciñais que hai en Galicia e tamén o que fixemos na aula referente a este tema.


Image Hosted by ImageShack.us


E recorda TI ERES PARTE DO MUNDO-DESCUBRE O VERDE.Image Hosted by ImageShack.us

viernes, 13 de noviembre de 2009

O QUE DEBES SABER SOBRE OS DRUIDAS (O SEGREDO DO CARBALLO)

Mirademe rodeada de muérdago e cun moucho blanco! Hoxe ides a aprender algo moi importante sobre esta planta. Adiante amiguiños!

Sabedes? para os druidas o carballo é a árbore sagrada máis importante porque nel medra a planta do muérdago, de grandes propiedades curativas, era recolectada en ceremonias especiais cunha fouce de ouro procurando que non tocase o chan.Os nen@s de 4º queren contarte un conto sobre a oríxe deste costume especial.

Image Hosted by ImageShack.us
Disfruta e aprende a canción da fada NUBE e a fada Luz.

COIDA A NATUREZAAAAAA!

martes, 10 de noviembre de 2009

QUE PODEMOS ATOPAR NUN BOSQUE ENCANTADO? O MONSTRUO DO TEMPO


Este ano participamos no proxecto REDEIRAS que é un caderno de Poesía Experimental, feito por un mar de
"mestras-redeiras" que van texendo con imaxes, con palabras, con silencios, con complicidade... anaquiños do sentir das nosas nenas e nenos.

Forma parte dun Proxecto de Normalización e Dinamización Lingüística entre centros, no que participamos xa máis de 17 centros galegos.




Jo, jo, jo...que podemos atopar dentro dun bosque encantado?

Esto é o que pensan os nenos de 5ºB:
Un monstruo, o monstruo do tempo!.(poesía experimental)

E... que fai o tempo?











As veces pasa voando...

Outras veces vai lento... moi lento...

O tempo cura...

E o tempo dirá.

 
aladin