viernes, 30 de enero de 2009

CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ 2009 (61 ANIVERSARIO DA MORTE DE GANDHI)

¡Ola a todos/as! ¡Menudo día vivimos hoxe! Pola mañán visionado da proxección efectuada polos nenos/as de 6º e o Departamento de Inglés e pola tarde no ximnasio (porque chovía tanto que non poidemos ir para fora) a canción que cantaron os mais peques (TENÍA TANTO QUE DARTE de NENA DA CONTE), a poesía que recitaron de maravilla os nenos/as de 1º, os de segundo que nos deron 10 consellos para construir a paz, 3º e 4º que nos falaron de grandes pacificadores (Nelson Mandela, Dalai Lama, Lincon...), os rapaces e rapazas de 5ºB cantaron e bailaron unha preciosidade de canción que a nosa maravillosa profesora de música lles ensinou titulada O MUNDO É GRANDE, para logo rematar 5º e 6º construíndo o monumento a Paz. Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas o máis importante que temos que traballar todos os días pola paz. A continuación tedes a letra da nosa canción, unha cámara especial e o vídeo coa proxección en inglés dos alumnos/as de 6º. ¡Disfrutade con todo!


O MUNDO É GRANDE
MÚSICA:ANDERSON “EL RELOJ SINCOPADO”
LETRA: GLORIA M. ROEL


O MUNDO É GRANDE
COMO SABERÁS
E SOMOS TANTOS
¿QUÉN NOS CONTARÁ? CEN MIL MANEIRAS DE FALAR
CEN MIL MANEIRAS
DE CANTAR
E NESTE MUNDO
O MESMO SOL
DANOS A VIDA
E DANOS CALOR
OS VENTOS SOPRAN
SEN PARAR
SEXAS DA INDIA OU PORTUGAL
E CADA UN NACERÁ
NO SEU LUGAR
E SERÁ
O QUE POIDA APRENDER
BOMBEIRO, SURFISTA OU CHOFER
O MUNDO É GRANDE
XA CHO DIXEN XA
E SER DISTINTOS
É DIVERSIDÁ
DO POLO NORTE
ATA O SUR
DISTINTAS RAZAS
TI VERÁS
O MUNDO É GRANDE
TI MESMO O VERÁS
SER DIFERENTES
NON É CASUALIDÁ
DISTINTO PELO
DISTINTA COR
OS MESMOS SOÑOS
MESMO AMOR
O MUNDO É GRANDE
COMO SABERÁS
E SOMOS TANTOS
¿QUÉN NOS CONTARÁ?
CEN MIL MANEIRAS
DE FALAR
CEN MIL MANEIRAS
DE CANTAR.








LET´S LOOK AFTER THE CHILDREN IT´S OUR FUTURE (COIDEMOS A INFANCIA É O NOSO FUTURO)

video

lunes, 26 de enero de 2009

MURAL DA PAZ: "POR UN MUNDO MELLOR OS NENOS/AS UNÍMONOS"


Aquí tedes o traballo dos nenos/as de 3º e 4º un mural precioso que se titula: POR UN MUNDO MELLOR OS NENOS UNÍMONOS. ¿Sabedes cómo o fixemos? Pois cada dous encargámonos dun boneco, o que nos tocou e o coloreamos e colocamos a súa roupa. A verdade é que o pasamos moi ben e máis cando lle tivemos que poñer nomes bonitos a cada un, estes foron algúns dos que se nos ocurreron: Raúl Abrazos con Cariño, Natahsha I love you, Javier Azúcar Meloso, Estrela da Paz... Este traballo está adicado a Uxia e os seus nenos/as de Aguiño.

CANCIÓN "QUEREMOS PAZ"

video

domingo, 25 de enero de 2009

jueves, 22 de enero de 2009

CONTOS POLA PAZ

Ola a todos/as! A contadora de soños e os nenos/as de segundo subimos neste globo maravilloso que nos levou voando, voando hacia o país da paz. De alí trouxemos dous contos para que aprendades moitas cousas, especialmente a ser bos amigos. O primeiro conto é O TREN DA PAZ. ¿Gústavos o noso tren?, a maquinista é especial e nel poden subir todos os nenos/as que teñan billete. Se queredes saber como se obtén o billete lede o conto e xa veredes.
O segundo conto é NEGROS E BRANCOS fala das razas, de levarse ben entre todos, convivir en paz e o final sabredes por que os elefantes son grises. Boa lectura a todos.
Por certo ao final tedes un xogo dunha illa do tesouro é un xogo para a cooperación e a paz. Os nenos de segundo esperan que todo vos guste moito.

CONTO "O TREN DA PAZ"

CONTO "NEGROS E BLANCOS"

XOGO PARA A COOPERACIÓN E PAZ "A ILLA DO TESOURO"


domingo, 18 de enero de 2009

DIA INTERNACIONAL DA PAZ E NON VIOLENCIA

Rematamos a nosa serie de constructores de Paz en África (xa vos presentamos a JANE GOODALL e NELSON MANDELA) con WANGARI MAATHAI a muller que planta árbores, presentada polos alumnos de 6ºC e que mellor que facelo coa imaxe da nosa árbore galega: O CASTAÑO, neste precioso collage realizado por Rosanna de 6ºC. Esperamos que aprendades moitas cousas con todo o que vos temos preparado, murais, presentación en power point, vídeos, xogos, fotos... e recordade PLANTADE ÁRBORES, COIDADE A TERRA, COIDADE O NOSO PLANETA.

WANGARI MAATHAI "PREMIO NOBEL DA PAZ 2004)


A ecoloxista keniana Wangari Maathai, primeira muller africana en recibir un nobel pola súa contribución ao desenrolo sostible, a democracia e a paz é a fundadora e coordinadora do Movemento Cinturón Verde, grazas a cuia actuación xa se plantaron máis de 30 millóns de árbores en Kenia.
Obtivo recoñecemento internacional cando movilizou as mulleres de Kenia para que plantaran árbores, derribou ao dictador corrupto do país e converteuse na primeira muller africana en gañar o Premio Nobel da Paz.
Palabras dela son: "TAFADHALIN TUPANDE MITI" (en suahili QUE TODOS NOS UNAMOS PARA PLANTAR ÁRBORES)


OS NENOS/AS DE 6º C RECOMENDAMOS LER ESTE LIBRO "CICLOCIRCO E A VIAXE DAS SEMILLAS" ONDE SE FALA DA VIDA DE WANGARI MAATHAI.

ÁRBORES POLA PAZ (PLANTAMOS UN OLIVO NO CENTRO CO NOME DE MAATHAI)

Click to play PLANTAMOS OLIVO
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a Smilebox slideshow

TREE NATION (1 PLANETA - 1 CORAZÓN - 8 MILLÓNS DE ÁRBORES)

TREE NATION,é unha comunidade virtual onde podes mercar a túa árbore que corresponde a un verdadeiro e feliz árbore que se planta para tí en NIGER para conquerir os seguíntes obxectivos:
1.- Prever a desertización mellorando o medio ambiente
2.- Beneficiar as comunidades locais en canto na sua vida cotiá
3.- Reintroducir especies vexetais en perigo de extinción.
Unha vez mercada a árbore que desexas poderás ver o estado do mesmo nun divertido mapa. Os alumnos/as de 6º C mercamos unha acacia de SENEGAL.

SE COIDAS A TERRA ELA COIDARÁ DE TÍ ( XOGO HONOLOKO, PARA APRENDER SOBRE A SAÚDE E MEDIO AMBIENTE )


jueves, 15 de enero de 2009

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ, PEACE, PAIX, FRED, FRIEDEN, USALAMA, MIR, SHALOM, SHANTI, TUTKIUM, KIBA KIBA, PACHE, NAGAYA, SMIROM, PAU, DOHIYI...

Paz, palabra maravillosa en tantos idiomas bonita de oír, difícil de facer.
Os nenos/as de 6ºB preséntanvos a historia de NELSON MANDELA un gran home sudafricano Premio Nobel da Paz, que loitou pola igualdade dos pobos, sen descriminacións de cor, raza, sexo, lingua... GRAZAS NESON MANDELA.

NELSON MANDELA PREMIO NOBEL DA PAZ 1993


Nelson Mandela foi o primeiro Presidente de Sudáfrica elexido democráticamente (1994-1997). Estivo encarcelado durante 27 anos por opoñerse ao réxime dictatorial que había en Sudáfrica (APARTHEID) dirixido pola raza blanca e que apartaban a xente de cor e os desprezaban, explotaban e discriminaban so pola sua cor de pel.
É coñecido como MADIBA ou MKHULU (avó).
Foi o prisioneiro 46664 e ten unha fundación con este nome.
Simboliza a loita contra o racismo e a unión dos pobos.


FREE NELSON MANDELA (CANCIÓN CELEBRANDO A SÚA LIBERDADE)

NELSON MANDELA A PERSONIFICACIÓN DE UBUNTU




Nelson Mandela é un icono de liberdade en África en todo o mundo, el é a personificación de UBUNTU. E ¿qué é Ubuntu? e unha palabra que significa moito máis do que poidades imaxinar. Pensade en todo o que fixemos nestes meses, o traballo en equipo, compartir, convivir, confiar, ser unha comunidade todo eso e moito máis é UBUNTU. No seguinte vídeo podedes aprender máis cousas sobre esto.


NELSON MANDELA: OS MEUS CONTOS AFRICANOS




A Contadora de Soños recoméndavos ler este libro. Esta é unha recopilacción de 32 contos, os máis bellos e antigos de África, incluidos mitos, fábulas e parábolas. Ilustrados en color por 16 artistas africanos.
Os beneficios obtidos pola venta deste libro irán a parar a Fundación de Nelson Mandela 46664.
Disfrutaredes coa súa lectura ao mesmo tempo que colaboramos nuha causa benéfica.

¡APRENDER É UN XOGO! (EXPERIMENTA A VIDA NUN PAÍS EN GUERRA)


miércoles, 14 de enero de 2009

30 DE XANEIRO DIA MUNDIAL DA PAZ


Os alumnos/as de 6º estamos traballando tres grandes personaxes de África que traballan pola paz: JANE GOODALL, WANGARI MAATHAI e NELSON MANDELA. Cada un a súa maneira son un exemplo para todos. O primeiro que vos presentamos é JANE GOODALL esperamos que vos guste a súa historia e que aprendades moito, eso espera 6ºA.

JANE GOODALL MENSAXEIRA POLA PAZ DA ONU

Jane Goodall traballa actívamente en África para combatir a extinción dos chimpancés na República do Congo. No santuario de Tchimpounga viven 140 chimpancés rescatados dunha morte segura. Mensaxeira pola paz da ONU, Dama do Imperio Británico, recibiu o Premio Príncipe De Asturias no ano 2003 porque os seus traballos constitúen unha aportación científica para comprender as raíces do comportamento e a cultura humana e pola proteccion da vida salvaxe en África.


Aprende moito máis con ela...

CHIMPAMIG@S


Chimpamig@s é un programa do instituto de Jane Goodall no que podes apadriñar a un chimpancé e así axudar a costosa manutención e coidados veterinarios de todos. Nos apadriñamos a Kudia que significa "comer" na lingua local. Se queres coñecer máis sobre ela mira o vídeo coa súa historia.


domingo, 11 de enero de 2009

A PAZ E AS TICs (preme dentro da imaxen. (XOGO "RECONSTRUIR" e outros)


30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ

O día 30 de Xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e da non violencia. Estamos preparando contos, murais e historias de tres personaxes moi importantes de África que traballan por un mundo mellor e en Paz. Mentras tanto disfrutade e aprendede cousas con estas novas (libros, xogos, conto que é a paz e poesías arredor do mundo) e preparádevos: ¿cantas sorpresas teredes?.
"Debuxo da Pomba da Paz realizado por Iago Rey"

¿QUE É A PAZ?

video

POESÍAS POLA PAZ ARREDOR DO MUNDO

video

martes, 6 de enero de 2009

lunes, 5 de enero de 2009

SERIE DA SABANA AFRICANA: MAMA MIRABELLE


Os reis viñeron cargados de regalos e deixanvos a recomendación de ver esta serie. Unha elefanta que vive na sabana africana e que cada día ensína ao seu fillo Max, ao chimpancé Bo e a cebra Karla as maravillas do mundo animal e faino a través de películas caseiras. A serie ademais de ensinar curiosidades do mundo animal tamén nos da unha mensaxe de amizade.

Podes disfrutala neste episodio.


E agora podes aprender a súa canción, é divertidísima!

DEBUXOS COLOREAR (MAMA MIRABELLE)

Dibujos Mama Mirabelle1

XOGA CON MAMA MIRABELLE



 
aladin