viernes, 30 de enero de 2009

CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ 2009 (61 ANIVERSARIO DA MORTE DE GANDHI)

¡Ola a todos/as! ¡Menudo día vivimos hoxe! Pola mañán visionado da proxección efectuada polos nenos/as de 6º e o Departamento de Inglés e pola tarde no ximnasio (porque chovía tanto que non poidemos ir para fora) a canción que cantaron os mais peques (TENÍA TANTO QUE DARTE de NENA DA CONTE), a poesía que recitaron de maravilla os nenos/as de 1º, os de segundo que nos deron 10 consellos para construir a paz, 3º e 4º que nos falaron de grandes pacificadores (Nelson Mandela, Dalai Lama, Lincon...), os rapaces e rapazas de 5ºB cantaron e bailaron unha preciosidade de canción que a nosa maravillosa profesora de música lles ensinou titulada O MUNDO É GRANDE, para logo rematar 5º e 6º construíndo o monumento a Paz. Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas o máis importante que temos que traballar todos os días pola paz. A continuación tedes a letra da nosa canción, unha cámara especial e o vídeo coa proxección en inglés dos alumnos/as de 6º. ¡Disfrutade con todo!


O MUNDO É GRANDE
MÚSICA:ANDERSON “EL RELOJ SINCOPADO”
LETRA: GLORIA M. ROEL


O MUNDO É GRANDE
COMO SABERÁS
E SOMOS TANTOS
¿QUÉN NOS CONTARÁ? CEN MIL MANEIRAS DE FALAR
CEN MIL MANEIRAS
DE CANTAR
E NESTE MUNDO
O MESMO SOL
DANOS A VIDA
E DANOS CALOR
OS VENTOS SOPRAN
SEN PARAR
SEXAS DA INDIA OU PORTUGAL
E CADA UN NACERÁ
NO SEU LUGAR
E SERÁ
O QUE POIDA APRENDER
BOMBEIRO, SURFISTA OU CHOFER
O MUNDO É GRANDE
XA CHO DIXEN XA
E SER DISTINTOS
É DIVERSIDÁ
DO POLO NORTE
ATA O SUR
DISTINTAS RAZAS
TI VERÁS
O MUNDO É GRANDE
TI MESMO O VERÁS
SER DIFERENTES
NON É CASUALIDÁ
DISTINTO PELO
DISTINTA COR
OS MESMOS SOÑOS
MESMO AMOR
O MUNDO É GRANDE
COMO SABERÁS
E SOMOS TANTOS
¿QUÉN NOS CONTARÁ?
CEN MIL MANEIRAS
DE FALAR
CEN MIL MANEIRAS
DE CANTAR.








1 comentario:

María Pintos Recarey dijo...

Mari Carmen, te tomé la foto prestada porque yo no la tenía. Gracias.

 
aladin