sábado, 28 de febrero de 2009

OE LE LE, CANCIÓN AFRICANA (LOS MUSIQUEROS)

¿CONTOCHE UN CONTO? (AFRICA NA AULA)

video

O proxecto CONTOCHE UN CONTO xurdiu como unha ferramenta para estimular aos nen@s non so na lectura de contos senon no coñecemento da Cultura Africana. Pero non nos quedamos só no noso colexio senon que outros "coles" amigos tamén quixeron participar desta experiencia. Que queredes que vos diga, as caras de maiores e pequenos mentras escoitaban, aprendían cancións e admiraban os videos xa o decía todo. Grazas a todos os que fixeron posible que este proxecto fora adiante.

A música que vas a escoitar mentras ves este video é de ANGELIQUE KIDJO, artista africana de Benin emigrada a París, e o tema é o Bolero de Ravel en africano, forma parte do seu último disco Djin Djin(2007).

Seique a vosa canción preferida é OE LE LE (unha canción africana para chamar a chuvia) na anterior entrada poderedes escoitala.

miércoles, 25 de febrero de 2009

VIAXE A ÁFRICA A TRAVÉS DA IMAXINACIÓN E DO MUNDO DOS CONTOS

Escoita os sons de África, imprégnate deles e imaxinate alí. Iniciamos unha serie de fábulas africanas. Prepárate a disfrutar e ir a un mundo onde todo é posible.Nas seguintes entradas tes contos,contacontos, fábulas... un mundo donde a imaxinación é o que conta.

TRADICIÓN ORAL AFRICANA (FÁBULAS, LENDAS, CONTOS)

Para os african@s as fábulas son aventuras fantásticas narradas para recrear, divertir e ensinar a vivir. Representan a vida tal como debería de ser polo tanto o narrador é un mestre da vida. Normalmente son contadas por un ancián e pola noite arredor do lume onde se reunen pequenos e grandes. Para ter atento ao auditorio o narrador africano emprega a fantasía e entón aparecen situacións como facer entrar unha serpe no estómago dunha abella, que un neno acabado de nacer fale xa coa súa nai etc.
Quero que vexas ben a diferencia entre fábula conto e lenda.
FÁBULA: é unha historia cuios protagonistas son animais e remata ensinándonos algo.
CONTO: relato inventado que pode ter personaxes fantásticos.
LENDA: explicación fantástica ao porqué de certos fenómenos, pero sin ter unha ensinanza final.
Disfruta nas seguinTes entradas dunha selección de contos, fábulas e lendas que che van deixar con ganas de máis.

3 CONTACONTOS UNIDOS POR ÁFRICA

A LÚA E O SOL (CONTO AFRICANO)

Narrador ONDONGO nado na República do Congo. Aos 16 anos comenzou a aprender o arte da maestría da palabra. Cinco anos despois superou as probas dos anciáns da tribu entón déronlle o rango de MESTRE DA PALABRA. Cando chegou a España fundou o seu propio grupo "CONTACONTOS RÍO CONGO". Neste conto colabora PAULA, unha contacontos española.

FÁBULAS, CONTOS E LENDAS DE ÁFRICA

fabulas africanas1

ENTROIDO (CARNAVAL) ARREDOR DO MUNDO

lunes, 16 de febrero de 2009

7 VIDEOS, 7 CULTURAS, 7 DISFRACES PARA UN ENTROIDO (CARNAVAL) SANTA COMBA BARRIÉ DE LA MAZA

CHEGA O ENTROIDO (CARNAVAL) A SANTA COMBA

O Meco veu outra vez de visita ao cole ¿gustavos? está guapísimo con roupa representativa das culturas das que nos imos disfrazar: poncho dos mexicanos (infantil), plumas dos indios (1º), patucos de laponia (2º), colares e pendientes da etnia xitana (3º), faldón africano (4º), máscaras de Venecia (5º) e cencerros dos peliqueiros (6º).

Ademáis mándanos traer cada día unha prenda, luns un lazo, martes un colgante saleroso, mércores bata, pixama ou camisón e xoves zapatos de distinta cor.

Viva o entroido que ben o pasamos e o mellor está por vir Venres desfile por Santa Comba ¿quéres acompañarnos?

domingo, 15 de febrero de 2009

OBRADOIRO DE ADORNOS CORPORAIS E ABALORIOS AFRICANOS


En toda África pintarse a cara e adornarse con colares é algo máis que ser coqueto xa que con eles proclámase a pertenza a un pobo, indícase o estado civil de quen os leva, o nacemento do primeiro fillo, o paso da infancia a edade adulta...Os adornos que teñen un fin ornamental (colares, brazaletes, diademas, pendientes, cinturóns...) lévannos tanto as mulleres coma os homes.
Os africanos realizan estos abalorios con materias de distinta natureza (semillas, flores, cunchas, pel, plumas, raíces, dentes de animais, pelo, pel de cebra, de serpe, etc)
Tamén se realizan con outros mateiais: pedras, cristais...


Os nen@s de 4º realizaron un obradoiro de abalorios africanos porque vanse disfrazar no festival do cole. Traballaron moito pero quedaron moi bonitos, realizáronnos con macarróns e barro branco e logo os pintaron. Aquí tedes o proceso e o resultado, pero o próximo venres veráse mellor cando teñan o seu disfraz completo.








FOTOS DE AFRICANOS CON ADORNOS CORPORAIS E MÁSCARAS (recollido www.africanceremonies.com)

OBRADOIRO DE MÁSCARAS AFRICANAS (DISFRAZ DE ANTROIDO)

As máscaras africanas auténticas no son trozos de madeira máis ou menos decorativos, senon símbolos relixiosos moi importantes na vida do pobo. Normalmente utilízanse en ritos agrarios, funerarios, festivos e de iniciación. No momento do baile a máscara protexe ao que a leva e o convirte noutro ser durante ese tempo. O portador da máscara debe ir vestido de maneira que non se lle recoñeza. Existen en África moitas máscaras diferentes.
Os alumn@s de 4º van ir disfrazados no entroido de african@s e realizaron tamén un obradoio de máscaras. Quedaron preciosas pero o mellor está por ver o venres día 20 cando celebremos o antroido no cole e vexades o resultado do seu espectacular disfraz.






POBO DOGON DANZANDO COAS SÚAS MÁSCARAS

MÁSCARAS AFRICANAS DE ANGOLA

sábado, 14 de febrero de 2009

14 DE FEBREIRO DÍA DO AMOR E DA AMIZADE EN TODO O MUNDO

Amig@s maravillos@s que sempre estades ahí, neste día no que se recorda a importancia dos amig@s e coma sei que eu teño moit@s non me quero esquecer de vos. Deste xeito adícovos dous contos preciosos: UN PRINCIPE EMBRUXADO (a historia dun principe que unha bruxa convirte en sapo pero non é o que pensades, a bruxa dalle unha lección de vida e axúdalle a encontrar ao seu amor verdadeiro) e REGAREI CON BÁGOAS OS TEUS PÉTALOS (xa veredes o que o amor verdadeiro é capaz de facer). Para rematar tedes o Rock da amizade. Espero que disfrutedes con todo e recordade OS AMIG@S HAI QUE COIDALOS TODOS OS DÍAS.

CONTO: UN PRINCIPE EMBRUXADO

CONTO REGAREI CON BÁGOAS OS TEUS PÉTALOS

jueves, 12 de febrero de 2009

ALIMENTOS DE AFRICA: OS CACAHUETES

Finalizamos esta serie de alimentos de África falando do cacahuete. Os principais países productores de cacahuetes de África son Senegal e Mozambique.
¿Sabías que é coñecido como o chícharo da terra?. E que non é un froito seco senon unha legume? Todas estas cousas e máis valas aprender nas seguintes entradas onde se vos fala do maravilloso mundo dos cacahuetes, os nen@s de 4ºB os contan un conto onde o cacahuete é o protagonista e inventado por eles, tamén vos ensinan a receita do pastel supercacahuetin e vos recomendan probar a crema de cacahuetes ao cacao porque está deliciosa. Bo proveito e bo paseo polas entradas de hoxe.

CONTO: "CACAHUETIN EN CACAHUETILANDIA"

RECEITA PASTEL SUPERCACAHUETIN DOS ALUMN@S DE 4ºB

Click to play PASTEL
Create your own photobook - Powered by Smilebox
Make a Smilebox photobook

AMAZING FOOD DETECTIVE

Xa sabes que é moi importante a alimentación e ter unha dieta sá, lembra que hai outras persoas que non teñen esta sorte. Esta é unha chamada a todos os xóvenes detectives de alimentos. Estanse a producir misteriosos brotes de hábitos non saudables en demasiados nen@s. Axuda a detective a resolver os casos e a facer que os nen@s mellores os seus hábitos alimenticios e fagan exercicio, levando unha vida sá.

martes, 10 de febrero de 2009

ALIMENTOS DE AFRICA: O CAFÉ

¡Ola a tod@s! ¿Sabes que África é a cuna do café e que hoxe en día segue ocupando o primeiro lugar preferente na producción mundial, xunto con Asia e América Latina?

E ¿sabes que a primeira planta de café estivo en Etiopía?.

Os principais países africanos productores deste producto son Etiopía, Uganda, Costa de Marfil, Tanzania, Kenia, Camerún e República Democrática do Congo.

O 15% do café que importa España procede de África.

Normalmente son os pequenos productores, agrupados en cooperativas, os que cultivan o café e ¿sabes que tamén cultivan banano porque a súa sombra axuda a mellorar a calidade da planta do café?
E si estás pensando que ti non podes tomar cafe estás moi equivoda@ porque haino descafeinado e non perde nada do seu sabor, dígocho por experiencia.
Nas seguintes entradas tedes un vídeo ca historia do café, un conto especial preparado para vos polos nen@s de 4ºC, unha receita dun tiramisú maravilloso tamén preparado por este grupo e a recomendación de ler un libro moi especial. Saúdos e pasadeo moi ben mentras disfrutades dunha excelente taza de café.

A HISTORIA DO CAFÉ

CONTO UN GRAN DE CAFÉ

video

RECEITA DE TIRAMISÚ DOS NENOS/AS DE 4º C

Click to play TIRAMISU
Create your own photobook - Powered by Smilebox
Make a Smilebox photobook

A CONTADORA DE SOÑOS RECOMENDA O LIBRO: "O CAFÉ UNHA HISTORIA DE LENDA"

Conto bilingüe: español/inglés, con actividades e xogos.
Editorial ABRAN CANCHA (2007) Autora Graciela Repún.

O café, como toda personaxe importante, ten a súa propia historia. Algúns pensarán que é certa e outros que é puro conto. ¿Será Gabriel Mathieu de Clieu o verdadeiro héroe do café? ¿O mariñeiro holandés será malo da cabeza aos pés? Le o libro e saca as túas propias conclusións. Pero por suposto deberás facelo bebendo unha taza de rico café con leite descafeinado...

domingo, 8 de febrero de 2009

ALIMENTOS DE ÁFRICA: O CACAO

Adiviña: choco chámome de nome, late o meu corazón, e o que non sepa o meu nome é un gran borricón.

Supoño que tod@as adiviñaredes que se trata do chocolate, pero ¿sabédes con qué producto se fai? Pois co cacao, un alimento que provén dunha árbore: O CACAOTERO; cuios froitos colgan do tronco e teñen entre 20 e 50 semillas.
O cacao veu de América e extendeuse por outras zonas tropicales. ¿Sabedes que a maior parte do cacao que se consume en Europa (máis do 70%) ven de África?, os principais países productores son Ghana, Nixeria, Camerún e Costa de Marfil.

Para a maioría dos recolectores do cacao ésta é a única fonte de ingresos, por eso é importante que se mire por un comercio xusto.

A continuación os nen@s de 4ºA preséntanvos un conto sobre o cacao, un vídeo coa súa historia, unha receita que está para chuparse os dedos, un maravilloso libro con olor a chocolate e unha película que fará a delicia de todos. Seguro que cando rematedes de ver todo non poderedes resistir a tentación de comer un gran cacho de chocolate. ¡Bo proveito!



A HISTORIA DO CACAO

video

OS NENOS/AS DE 4ºA PRESENTAN A RECEITA TARTA DE CHOCOLATE

Click to play PASTEL DE CHOCOLATE
Create your own photobook - Powered by Smilebox
Make a Smilebox photobook

A CONTADORA DE SOÑOS RECOMENDA O LIBRO: GERONIMO STILTON "REGRESO AO REINO DA FANTASÍA" O PRIMEIRO LIBRO DO MUNDO CON OLOR A CHOCOLATE

Acompaña a Geronimo Stilton ao Reino da Fantasía, atravesarás o apestoso país dos Orcos, o goloso país dos doces, o divertido país dos xoguetes, e o radiante país do ouro. Tócavos buscar o segredo da felicidade! ¡Ánimo, sorte na vosa aventura!

CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE

Charlíe Bucket é un neno dunha familia pobre que gaña un concurso, xunto con outros catro nenos/as, para disfrutar dunha visita a inmensa fábrica de chocolate dirixida por Willy Wonka. Se premes na imaxe poderás coñecer máis sobre esta película e ir a sección de xogos onde pasarás un rato divertido xogando na fábrica de chocolate máis especial do mundo.



miércoles, 4 de febrero de 2009

XOGANDO ENTENDÉMONOS: SERIE DE XOGOS AFRICANOS

Fai miles de anos nalgunha parte de África, alguen... quizais un neno ou unha nena entretívose en bucar unhas pedriñas que gardóu un rato na mán pois gustáballe telas así, tan suaves, pequenas e brancas. Enton tivo ganas de contalas, alinealas, saltar sobre elas e volvelas a contar... pronto outros nenos utilizarían a súa imaxinación con outras pedras e materiais. Dende aquel remoto tempo e ata agora, en calquera aldea, cidade, jungla, sabana, estepa, montaña ou deserto, o ser humano entrega largas horas da súa infancia ao acontecemento que mellor o define coma ser humano: XOGAR.
A continuación tedes catro xogos africanos, hai moitísimos, pero estes son estupendos, aos nenos encantáronlles e divertíronse moitísimo. Espero que tomedes nota e no recreo xoguedes con eles. Os maiores tamén que ben se divertían mirando para nós mentras xogabamos, porque no fondo todos somos nenos/as e encántanos xogar. Por certo o primeiro debuxo é de CLARA de 2ºc e o último de LARA tamén de 2ºc.



XOGO AFRICANO 1: BABUCHA. MARROCOS.




* Un xogador queda e colócase cas pernas abertas pisando cos pes unha línea trazada no chan.
* O resto sitúase detrás del e intentan lanzar por debaixo das pernas do primeiro a súa babucha (tenis, zapato, bota) o máis lonxe posible.
* Cando todos lanzaron o que queda tira a súa babucha, se consigue golpear unha babucha o dono dela ten que correr porque todos o van perseguir para golpealo cas súas (con coidado porque son tenis as babuchas son máis suaves e poden facelo pero nós non).
* Se o que queda non consigue golpear ningunha babucha entonces ahi que perseguilo a él.

XOGO AFRICANO 2: KOFFI-FONAN. COSTA DE MARFIL




* Fórmanse dous equipos, cada un deles sitúase na súa casa.
* Un dos equipos chámase kofi e o outro konan.
* Nunha zona que se denomina casa sitúase un neno/a que grita "Konan", os xogadores así chamados teñen que correr ao refuxio mentras os persigue o equipo kofi.
* Todo xogador tocado antes de alcanzar o refuxio é eliminado.
* O xogo prosigue alternando o nome dos equipos.
* Gaña o equipo que queda con máis xogadores.

XOGO AFRICANO 3: MAMBA.

A Mamba é un tipo de serpe grande africana, hai mambas verdes e negras e as dúas son venenosas.
* Unha persona é escollida como mamba.
* Debúxase no chan un cadrado grande.
* Todos os xogadores deben permanecer dentro do cadrado pero intentando alonxarse da mamba.
* A un sinal comeza o xogo.
* A serpe intenta coller aos xogadores. Cando un é collido únese a esta e ponse detrás dela cólléndoa pola cintura.
* Cada novo xogador que é tocado pola serpe añádese (desta maneira cada vez que a serpe come a alguen faise cada vez máis grande).
* Se un xogador sae do cadrado queda eliminado.
* Só a cabeza da serpe pode coller a un xogador, pero pode usar o corpo para encerralo e atrapalo. Os xogadores non poden cruzar o corpo da serpe.
* O xogo remata cando se colleu a todos excepto a un. O último que queda convértese na próxima Mamba e o xogo volve a empezar.

XOGO AFRICANO 4: MBUBE, MBUBE. ORIXE LESOTHO E SUDÁFRICA

IMBUBE é unha palabra zulú para "león". Neste xogo o león acecha ao IMPALA (un venado do sur de África).
* Todos os xogadores forman un círculo.
* Dos xogadores comezan o xogo. Un é o león e outro o impala.
*Véndanse os ollos dos dous e fáixelles dar voltas.
*Os xogadores no círculo comezan chamando ao león, "mbube,mbube"
* Mentras máis cerca está o impala do león máis forte e rápido o chaman e si o león está lonxe do impala baixan a voz.
* Si o león non colle ao impala dentro dun minuto un novo león é elexido. Se o león agarra ao impala, un novo impala é elexido.

A CONTADORA DE SOÑOS RECOMENDA LER O LIBRO "XOGOS DE ÁFRICA"


EDITORIAL TAKATUKA
AUTOR: VÁLEIRE kARPOUCHKO

África é terra de xogos. Aprende a facer dez xogos de estratexia e azar seleccionados entre os máis divertidos e antigos dos que aínda se xogan en África. Fabrícate tí mesmo os teus taboeiros de xogo e fai ou busca fichas de maneira divertida e sen apenas gastar.

lunes, 2 de febrero de 2009

ADICATORIA ESPECIAL DE CICLOCIRCO

Como recordaredes os nenos de 6ºC traballaron a Premio Nobel da Paz Wangari Maathai e entre outras actividades recomendaron para ler o libro "CICLOCIRCO E A VIAXE DAS SEMILLAS", onde unha personaxe especial Ciclocirco, vai a Kenia e alí vive moitas aventuras entre elas coñecer a nai das árbores.
O debuxante deste comic JOSEMA CARRASCO enterouse como por arte de maxia, deben ser os duendes de Internet, e ademáis de darnos as grazas adicounos este debuxo de Ciclocirco en especial para nós. Enmarcarémolo e poñerémolo na Biblioteca do noso cole, porque nos fai moitísima ilusión este agasallo. Ademáis pronto teremos dous libros máis de Ciclocirco e a Viaxe das Semillas na biblioteca a vosa disposición para que os leades. Todos os comentarios sobre o libro e debuxos que queirades facer serán recollidos pola Contadora de Soños e serán remitidos ao debuxante tal como pediu.
Se pinchades na imaxe irédes directamente ao blog de Josema Carrasco para que coñezades máis deste tema.
Disfrutade da lectura.
Dende aquí animo ao equipo de Ciclocirco a realizar máis aventuras desta personaxe.
 
aladin