lunes, 2 de febrero de 2009

ADICATORIA ESPECIAL DE CICLOCIRCO

Como recordaredes os nenos de 6ºC traballaron a Premio Nobel da Paz Wangari Maathai e entre outras actividades recomendaron para ler o libro "CICLOCIRCO E A VIAXE DAS SEMILLAS", onde unha personaxe especial Ciclocirco, vai a Kenia e alí vive moitas aventuras entre elas coñecer a nai das árbores.
O debuxante deste comic JOSEMA CARRASCO enterouse como por arte de maxia, deben ser os duendes de Internet, e ademáis de darnos as grazas adicounos este debuxo de Ciclocirco en especial para nós. Enmarcarémolo e poñerémolo na Biblioteca do noso cole, porque nos fai moitísima ilusión este agasallo. Ademáis pronto teremos dous libros máis de Ciclocirco e a Viaxe das Semillas na biblioteca a vosa disposición para que os leades. Todos os comentarios sobre o libro e debuxos que queirades facer serán recollidos pola Contadora de Soños e serán remitidos ao debuxante tal como pediu.
Se pinchades na imaxe irédes directamente ao blog de Josema Carrasco para que coñezades máis deste tema.
Disfrutade da lectura.
Dende aquí animo ao equipo de Ciclocirco a realizar máis aventuras desta personaxe.

No hay comentarios:

 
aladin