martes, 10 de febrero de 2009

ALIMENTOS DE AFRICA: O CAFÉ

¡Ola a tod@s! ¿Sabes que África é a cuna do café e que hoxe en día segue ocupando o primeiro lugar preferente na producción mundial, xunto con Asia e América Latina?

E ¿sabes que a primeira planta de café estivo en Etiopía?.

Os principais países africanos productores deste producto son Etiopía, Uganda, Costa de Marfil, Tanzania, Kenia, Camerún e República Democrática do Congo.

O 15% do café que importa España procede de África.

Normalmente son os pequenos productores, agrupados en cooperativas, os que cultivan o café e ¿sabes que tamén cultivan banano porque a súa sombra axuda a mellorar a calidade da planta do café?
E si estás pensando que ti non podes tomar cafe estás moi equivoda@ porque haino descafeinado e non perde nada do seu sabor, dígocho por experiencia.
Nas seguintes entradas tedes un vídeo ca historia do café, un conto especial preparado para vos polos nen@s de 4ºC, unha receita dun tiramisú maravilloso tamén preparado por este grupo e a recomendación de ler un libro moi especial. Saúdos e pasadeo moi ben mentras disfrutades dunha excelente taza de café.

No hay comentarios:

 
aladin