domingo, 8 de febrero de 2009

ALIMENTOS DE ÁFRICA: O CACAO

Adiviña: choco chámome de nome, late o meu corazón, e o que non sepa o meu nome é un gran borricón.

Supoño que tod@as adiviñaredes que se trata do chocolate, pero ¿sabédes con qué producto se fai? Pois co cacao, un alimento que provén dunha árbore: O CACAOTERO; cuios froitos colgan do tronco e teñen entre 20 e 50 semillas.
O cacao veu de América e extendeuse por outras zonas tropicales. ¿Sabedes que a maior parte do cacao que se consume en Europa (máis do 70%) ven de África?, os principais países productores son Ghana, Nixeria, Camerún e Costa de Marfil.

Para a maioría dos recolectores do cacao ésta é a única fonte de ingresos, por eso é importante que se mire por un comercio xusto.

A continuación os nen@s de 4ºA preséntanvos un conto sobre o cacao, un vídeo coa súa historia, unha receita que está para chuparse os dedos, un maravilloso libro con olor a chocolate e unha película que fará a delicia de todos. Seguro que cando rematedes de ver todo non poderedes resistir a tentación de comer un gran cacho de chocolate. ¡Bo proveito!



1 comentario:

Anónimo dijo...

Conto bonito e a receita moi apetitosa. 4ºB. Grazas4ºA

 
aladin