lunes, 30 de marzo de 2009

EGIPTO/EXIPTO PARA NEN@S (e os que non o son tanto...)

Mirade que é importante este país que estamos visitando, que ata quere ser portada do xornal do colexio "O Lareteiro do Xallas".
Con cantos contos e historias podemos divertirnos e aprender sobre o Antigo Exipto. Seguro que todos vistes a película a "MOMIA", pois na clase intentamos facer algunha co seu sarcófago e escachamos de risa co resultado.
Para que coñezades moito máis deste país aquí será mellor que leades o que ven a continuación...



E coma sempre as cousas son mellores si se ven no sitio, e coma non podemos ir ata alí realmente, aquí tedes este video no que os dous nenos mexicanos que se presentaron na entrada anterior vos ensinan a súa visita ao Exipto das pirámides.



domingo, 29 de marzo de 2009

EGIPTO/EXIPTO O PAÍS DOS FARAÓNS

O último país de África que imos visitar é Exipto, ides aprender moitas cousas sobre este país misterioso e esperemos que, mentras, non nos asuste unha momia.

Antes de falar do antigo Exipto temos que coñecer como é na actualidade.

No video que ven a continuación, dous nenos mexicanos explícanche moitas cousas deste país maravilloso. E esto é só para abrir o apetito xa que o mellor está por vir.

sábado, 28 de marzo de 2009

INMIGRACIÓN

Rematamos Marrocos falando dun tema que é moi importante e doloroso: a inmigración. Na nosa terra coñecemos moi ben esto pois case todos temos nas nosas familias alguén que tivo que marchar a outro país a buscar un traballo.

No corto A VIAXE DE SAID cóntase a histoira dun neno que ven de Marrocos a España e descubre que non todo é como lle contaban.




Este é un HOMENAXE AOS VALENTES, a aqueles que teñen que deixar a súa terra, familia, amor ... espero que vos axude a todos a comprendelos e pensar que calquera destas persoas poderíamos ser nós. Ricardo Arjona, un artista mexicano, canta a preciosa e emocionante canción que acompaña ao vídeo.

jueves, 26 de marzo de 2009

THE ARABIAN HORSE/O CABALO ÁRABE



Create Fake Magazine Covers with your own picture at MagMyPic.com



Mariña e Rosanna son as mellores amigas do mundo, sempre ahí, duas amigas que poden contar sempre unha coa outra, por eso decidiron facer entre as dúas un traballo sobre o cabalo árabe que temos exposto na clase e esto é o que vos queren contar:

O cabalo árabe é considerado o fundador das razas do mundo, pois ten un papel moi importante na evolución de casi todas as razas. É un cabalo que se caracteriza pola súa intelixencia, saúde e beleza. A súa cabeza é significativa pola curva que ten no medio, soen ser moi esveltos e finos de corpo.
No mundo árabe tratan ao cabalo con moito cariño xa que é un símbolo do seu pobo e teñen unha gran sorte de poder ter ese cabalo
.

Na película de Azur e Asmar, da que xa falamos, os dous protagonistas disfrutan de dóus cabalos árabes excelentes ¿queredes saber como son? pois no vídeo que ven a continuación podedes velos.
Este vídeo está adicado con todo o cariño do mundo a Mariña e a Rosanna.

video

martes, 24 de marzo de 2009

AZUR E ASMAR



A historia de AZUR e ASMAR conta que dous nenos Azur, rubio e de ollos azuis, e Asmar, moreno, son criados coma irmáns en Francia. Un é rico e o outro fillo da nodriza da familia. A vida vainos separar pero reencontraránse cando Azur decide ir en busca da fada dos Djins.

Así chegará a Marrocos e coñecerá este pobo maravilloso. Arte, lingua, relixión, costumes, aparecen reflexados nesta película de MICHAEL OCELOT, o creador de Kirikú (aquel neno que tanto vos gustou).

Finalmente os dous deberán iniciar unha viaxe para atopar o seu destino e conseguir os seus soños.

Esta é unha fábula sobre a tolerancia e o entendemento entre os pobos.
Ser TOLERANTE é aceptar a os outros como son, e se queres saber se ti es tolerante pincha nesa palabra para facer o xogo da tolerancia.
Nesta televisión tan azul coma os ollos de Azur, poderás ver a película enteira dividida en 10 videos. A disfrutalo!

lunes, 23 de marzo de 2009

MARRUECOS

MARHABA! (BENVID@) Ben, algúns xa adiviñaron que o país que imos visitar é MARROCOS e como veredes temos moitas cousas que aprender da man do noso amigo ACHIQ. Espero que pases un bo rato e aprendas moito máis.


E para que vexas moito mellor como é esta cidade aquí o tes en directo.

domingo, 22 de marzo de 2009

DERBAKE

Prepárate! Esta semana imos ir de viaxe a un país maravilloso onde utilizan este instrumento que se chama DERBAKE.

E que é o DERBAKE, pois un instrumento de percusión que se coloca entre as pernas e se golpea coas máns, está feito de barro cocido.

É importante que haxa sempre un entendemento entre a bailarina e o músico que toca o instrumento pois establécese entre eles un diálogo que fai que se acelere ou retarde o ritmo.

Neste vídeo que ven a continuación poderás ver o importante desta conexión.

Por certo, serás capaz de adiviñar o país da zona árabe de África do que imos aprender moitísimas cousas? Pista: empeza por M............



E agora divírtete con esta bailarina especial


E, que? xa sabes o país, pois déixao no teu comentario...

sábado, 21 de marzo de 2009

22 DE MARZO DIA MUNDIAL DA AUGA

Que debuxo tan bonito fixo Antonella de 5ºB a que si?
Bosques, natureza, paz, tranquilidade, armonía, auga cristalina dun lago...

Sabes que en moitos países non teñen a sorte de poder disfrutar dunha paisaxe así porque non teñen auga ou a que teñen está contaminada?

Coma estamos a falar das ONG´s hai moitas que se dedican a construir pozos de auga potable, colocar cañerias para transportar auga...

Nas seguintes entradas vas coñecer a historia de A ALDEA DE FÁTIMA, en Nixer, e A HISTORIA DE SUABA, en Angola e o traballo tan importante que a ONG UNICEF realizou coa auga e a saúde.

Se pinchas no debuxo irás a unha páxina onde poderás xogar co tema da auga e axudar a unha aldea en apuros (Redes de auga).

22 DE MARZO DIA MUDIAL DA AUGA (A ALDEA DE FÁTIMA)

En Angola case a mitade da poboación non ten acceso a auga potable. Imaxina que o grifo máis cercano estivera a varias horas andando e que a súa auga no fora moi segura...
video

22 DE MARZO DIA MUNDIAL DA AUGA (A HISTORIA DE SUABA)

A falta de auga potable trae consigo problemas de saúde. En Níxer un de cada 5 nen@s morre antes de cumplir 5 anos por culpa da auga contaminada. Imaxina que a auga que abastece ao teu pobo, cidade, estivera contaminada e ninguen o sabe...
Esta é a historia de SUABA
video

jueves, 19 de marzo de 2009

LAS ONG´s EN LA ESCUELA/AS ONG´s NA ESCOLA

No noso colexio formamos a ONG BEA (BARRIÉ EN ACCIÓN) na que é voluntario participar, como en toda ONG. Elaboramos unhas chapas identificativas e realizamos todo tipo de traballos solidarios porque o que se trata é de traballar a SOLIDARIDADE.


Ademáis temos unhas metas: manter limpios os patios, coidado das plantas e árbores, compartir, respectar aos outros, apagar as luces da aula (coidado da enerxía), controlar os grifos de auga, manter a aula limpa, contar os problemas e escoitar...
Neste precioso video coa canción do PADRE JONY, Solidaridade, podedes ver todo o que intentamos facer.

LAS ONG´s /AS ONG´s

As ONG´s son organizacións que teñen fines humanitarios, formadas por voluntarios e que poden traballar dentro do seu propio país ou noutros.

Hai moitos tipos: axuda aos nen@s da rúa, superar a pobreza, defensa do medio ambiente (GREENPEACE), axuda humanitaria (MÉDICOS SEN FRONTEIRAS, CRUZ ROXA), defensa dos dereitos humanos (AMNISTÍA INTERNACIONAL), axuda a cooperación e desenrolo (INTERMÓN-OXFAM, INTERVIDA, AXUDA EN ACCIÓN...
Na actualidade en España hai máis de 3000, se pinchas na palabra ONG poderás ver todas as que hai.
Ides ver un video sobre o seu traballo en África.



En moitas ocasións denuncian situacións reais e éstas son levadas ao cine, coma na película do "JARDINERO FIEL", que é un homenaxe a activista humanitaria YUETTE PIERPAOLI, na que se fala das industrias farmacéuticas e dos seus abusos cos máis necesitados. Esta película foi rodada nos poboados de chabolas de KIBERIA e LOISANPALANI(Kenia), donde había tanta miseria que os propios participantes do filme crearon unha organización para ofrecer educación neses poboados. A música da película é dun gran artista africano AYUB OGADA

ONG INTERVIDA

Para que coñezas como funciona unha ONG nesta páxina de INTERVIDA tes toda a información sobre o seu traballo e xogos educativos para que aprendas a respectar o que tes e agradecelo.

martes, 17 de marzo de 2009

IMOS A APRENDER SWAHILI CO MEU GRAN AMIGO JOE

JAMBO (ola) HABARI (que tal?) HUJAMBO (como estás?) A película O MEU GRAN AMIGO JOE conta a historia dun Gorila mítico gardan sagrado e defensor dos habitantes dun poboado africano que é amigo e a única familia de Jill dende que lles mataron os cazadores furtivos aos respectivos pais.
Nesta película Jill cántalle unha nana a Joe en swahili,

Esta é a letra e o significado:

Imba wimbo Wa upepo (Canta a canción do vento)
Wakati unajiwa na (Cando sexas ti mesmo)
Imba wimbo wa upepo (Canta a canción do vento)
Wakati ndoto tamu (Cando teñas doces soños)Lala mpaka usiku uisheni (Durme ata que a noite acabe)
Upepo wa usiku Wimbo wangu na (O vento da noite será a miña canción)
Wimbo wangu inaendelea milele (e a miña canción seguirá soando para sempre)
Agora escoita a nana



Conta en swahili as veces que cantas a nana.

0-sifuri 1-moia 2-mbili 3-tatu 4-nne 5-tano 6-sita 7- saba 8-nane 9-tisa 10- kumi 11- kumi na moia 12 -kumi na mbili 20- ishirini 30- thelathini (pronúnciase "celacini")
40- arobaini 50- hamsini 60- sitini 70- sabini 80- themanini 90- tisini 100- mia moia
200- mia mbili 1000- elfu moia 2000- elfu mbili 1000000- milioni moia

(Recollido de http://aprendeswahili.blogspot.com/search/label/VOCABULARIO
KWA HERI (adeus)

lunes, 16 de marzo de 2009

IMOS A APRENDER SWAHILI CO REI LEÓN

KARIBUNI (Benvido), SIJAMBO (ola). Xa sabes dúas palabras en swahili que é un idioma africano que falan 90 millóns de persoas. Quizais a palabra neste idioma que máis che soe sexa HAKUNA MATATA (ningún problema) que a película O REI LEÓN, na que se reflexa o maravilloso mundo da sabana e o ciclo da vida animal ademáis de traballar os valores da amizade e superación, puso de moda.

Agora vouche a dar unha sorpresa... ti sabías que na película O REI LEÓN 2 cantan unha canción preciosa en swahili? E sabías que é O NOSO PAI?. Aquí tes o video para que o disfrutes



E agora a letra co significado.
Baba yetu uliye (Noso Pai)
mbinguni yetu, yetu (no ceo, noso, noso)
Amina! baba yetu, yetu, uliye (Amen! Pai noso)
Jina lako milele litukuzwe (Bendito é o teu nome para sempre)
Utupe leo chakula chetu (Danos hoxe a nosa comida)
Tunachohitaji ( Necesitámola)
Utusamehe makosa yetu, hey! (Perdoa os nosos erros)
kama nasi tunavyowasamehe waliotukosea (Así como nós perdoamos aos que nos fan daño)
Usitututie katika majaribu lakini (Non nos deixes caer na tentación pero)
Utuokoe na yule milele na yule (Líbranos do mal para sempre)
Ufalme wako ufike (Que chegue o teu reino )
utakalo lifanyike duniani kama mbinguni (Así na terra coma no ceo)
Amina! (Amen!)

E para rematar por hoxe fíxate no día da semana na que estas vendo esto e aprende o seu nome:
DÍAS DA SEMANA (SIKU ZA JUMA)
Os días da semana en swahili empézanse a contar dende o día sagrado que é o venres:Luns-Jumatatu, Martes-Jumanne, Mércores-Jumatano, Xoves-Alhamisi, Venres-Ijumaa, Sábado-Jumamosi, Domingo-Jumapili.
KWA HERI (ADEUS)

domingo, 15 de marzo de 2009

VISITA DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ (LÚA DO SENEGAL)

Un paxariño díxome que a este autor maravilloso: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, que leva unha morea de libros escritos, gústalle que lle conten historias. Deste xeito, imos contarlle aquí a historia da súa visita ao noso colexio.

Querido amigo como agradecer o consello que lle diches ao rapaces sobre inventar historias: empezade sempre con un que pasaria se?; a orde que puseches para que fixeran preguntas, o interese que amosaron os rapaces, a ilusión con que levaron os libros a firmar...
Querido Inimigo, A escola de Piratas e 13 anos de Branca quedarán sempre no corazón dos nosos nen@s igoal que ti.
E agradecémosche a túa primicia do que será o teu próximo libro: LÚA DO SENEGAL (unha nena que chega a a Vigo o 15 de maio dende Senegal e ata o 15 de setembro, que comeza a escola, contas a súa historia, as súas inquietudes, a súa adaptación a un entorno descoñecido...)
Como ainda non saíu publicado a Contadora de Soños inventou a súa portada, espero que che guste e se pinchas en Lúa do Senegal vivirás unha bonita aventura nese país.
As fotos que veñen a continuación son un resume da túa visita, grazas por todo e sorte!




sábado, 14 de marzo de 2009

O GUEPARDO (DUMA)

Adiviña: o máis rápido da sabana nunha carreira, é amarelo e ten moitas manchas, é moi xoguetón e moi bo cazador. Si a sabana vás un ........... atoparás.

Seguro que xa adiviñaste que se trata dun guepardo pero ¿canto sabes del? Os nen@s de 4º queren explicarche moitas cousas sobre el e animarte a ver a película Duma: unha maravillosa historia dun guepardo.

Pero primeiro lee con atención o seguinte para aprender moito sobre este animal maravilloso.

PELÍCULA DUMA (HISTORIA DUN GUEPARDO)



Agora que xa sabes máis dos guepardos os nen@s de 4º invítanche a ver a película DUMA, rodada en Sudáfrica, é a historia dun guepardo que queda orfo e atópao Xan e o seu pai, chámanlle Duma (en swahili significa guepardo) e pasa a formar parte da familia. Pero cando está moi crecido o pai de Xan decide que será mellor levalo ao seu hábital natural antes de que sexa demasiado tarde para que se acostumbre... Esta é a amizade entre un neno de 12 anos e un guepardo, superando obstáculos e todo tipo de aventuras Xan decide acompañar a Duma na búsqueda do seu hábitat natural. Encantaráche.
Para abrir boca podes ver a introducción da película: música africana, áfrica, aventuras...

ASHES AND SNOW-FEATHER TO FIRE(GREG COLBERT)

Neste video vas disfrutar das imáxes máis espectaculares de guepardos con humanos eso e a súa música suave invíntache a vivir un momento relaxante e inusual.

jueves, 12 de marzo de 2009

KIRIKÚ E A BRUXA/KIRIKÚ E AS BESTAS SALVAXES


Os nen@s de 2º queren presentarvos a un neno moi especial pero antes danvos a benvida ao pobo dos Senufos, habitan en Costa de Marfil e Burkina Faso, queredes saber como viven?






Pois deste pobo procede a lenda dun neno chamado KIRIKÚ do que se fixeron 2 películas: KIRIKÚ E A BRUXA E KIRIKÚ E AS BESTAS SALVAXES.
En Kirikú e a bruxa, Kirikú xa nace falando e é moi listo, tense que enfrontar a moitos perigos ocasionados pola malvada bruxa Karabá pero ten un gran corazón, perdoa todo e só lle interesa saber por que é mala a bruxa e intentar solucionalo. A canción de Kirikú é moi bonita así que podedes disfrutar dela a continuación.
E aquí tedes os maravillosos debuxos dos nen@s de segundo que son uns grans artistas!...
Xa para rematar podedes ver a película de KIRIKÚ E AS BESTAS SALVAXES (son aventuras de Kirikú no seu pobo). Seguro que quedades con gañas de máis

martes, 10 de marzo de 2009

MADAGASCAR

Os nen@s de 3º invíntanvos a visitar a illa de Madagascar onde ides a aprender moitas cousas e vivir grandes aventuras. Comezamos cun video superdivertido no que o millor está ao final. Non perdas detalle...


Que, a que foi emocionante. Pois ainda veñen máis aventuras...
Nesta illa viven varios pobos e un deles é o MALGACHE do que procede esta lenda tan bonita: O PAPAGAIO E OS SALTÓNS.


E a continuación podes poñer os teus coñecementos a proba, intenta superar este test a ver canto sabes.


Para rematar disfruta con este video da canción da película Madagascar, na seguinte entrada terás un enlace para xogar con MADAGASCAR 2.

XOGO MADAGASCAR 2

Atrevete a xogar con Alex, Marty, Melman e Gloria neste xogo da película Madagascar 2 ESCAPE TO AFRICA, aproveita tamén para poñer a proba os teus coñecementos de inglés.

lunes, 9 de marzo de 2009

SEMANA DE PRENSA NA ESCOLA


Na semana da prensa na escola traballamos cos xornais e facemos con eles distintas actividades. No noso Kiosko especial temos xornais de todos os puntos do mundo e é moi divertido ver as distintas lenguas nos que se escriben. Os máis alucinantes son os que se teñen que empezar a ler polo revés (árabes, chineses...). Se pinchas na palabra prensa irás directamente a coñecer os xornais dos distintos países día a día. Aquí tes o exemplo dun de NAMIBIA (ÁFRICA)

domingo, 8 de marzo de 2009

MULLERES AFRICANAS (8 DE MARZO DIA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA)

As mulleres africanas traballan de sol a sol: van buscar auga, traballan no campo, coidan da casa, dos fill@s, van ao mercado... sofren as situacións de guerra e pobreza e, en moitos sitios os seus dereitos son pisoteados e viven marxinadas polos homes. Por todo esto son un exemplo para todas as mulleres do mundo.

A pesar de todas as súas carencias son o motor do continente africano e transmiten a súa ledicia pola vida.

MULLERES AFRICANAS MOENDO TRIGO (CANCIÓN SHAY SHAY KOOLAY)



Un dos traballos das mulleres africanas é moer o trigo. Pasan ata 4 horas golpeando o trigo e esto necesita coordinación e cooperación entre elas.

Como non perden o sorriso nin alegría pola vida mentras traballan soen cantar unha canción:

SHAY, SHAY, KOOLAY.

SHAY, SHAY, KOOLAY.

SHAY, SHAY, KAPPE SA.

SHAY, SHAY KAPPE SA.

KAPEESA LANGA.

KAPEESA LANGA.

LANGA CHEE LANGA, LANGA CHEE LANGA.

KUN A DEN DEY. KUN A DEN DEY.

video

MULLERES AFRICANAS: MARGUERITE BARANKITSE "O ANXO DE BURUNDI"

Marguerite Barankitse ten 50 aos, naceu en Tusi (unha aldea de Burundi), non está casada e coida, alimenta, educa e fai de mamá de 10.000 nen@s. Ten 16 "netos". Viven en casas que construíu nun terreo que herdou. O seu proxecto chámase CASA SHALOM, e moitos dos seus "fillos" estudian na Universidade.

Recibe donacións de todo o mundo e vota man da imaxinación para atender a tanto nen@: nunha ocasión pideu ropua para os nen@s e enviáronlle bandeiriñas de Unicef que ela mesma transformou en calzoncillos.

Quedate con esta frase dela "ESTAR ALEGRE É UN REGALO PARA OS OUTROS".

Se queres saber máis sobre ela pincha no seu nome.

viernes, 6 de marzo de 2009

VIAXE A ÁFRICA DOS NEN@S DE EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS B

Os nen@s de 3 anos B foron a áfrica ao parque de Masai Mara en Kenia onde viven os Masais, queres ver como é?

Alí leron o conto de LILA E O SEGREDO DA CHUVIA (e coas súas palabras: a nena chámase Lila, na súa aldea había un sol moi grande, subiu a unha montaña e choveu)


E estes son os seus magníficos debuxos sobre o conto, xa veredes que guapa sae Lila!



A que son uns artistas?

jueves, 5 de marzo de 2009

COLEXIO INTERCULTURAL...CEIP SANTA COMBA

A ver, a ver... tanto cantar AYA NGENA e decíades que non viña o neno zulú a explicarnos o que significa a canción realmente.

Pois mirade, non só veu un senon unha morea deles. Carlos estás máis contento?. Espero que agora cantedes a canción con máis gañas. A que son
guap@s os nosos amig@s?.

VIAXE A SENEGAL E A CANCIÓN DO UDU

Invítoche a percorrer Senegal da man de ISMAEL LO TAJABONE, cantante senegalés. E por que Senegal? Pois porque é o pais onde vai transcorrer o conto no que vas a aprender a canción do Udu e, que é o udu? Pois é un instrumento de percusión de arcilla ou pedra, en realidade parece unha vasilla e tócase coas máns.



Que? Quedaches abraiado? Pois agora disfruta deste maravilloso conto dos wolof, unha etnia africana que vive en Senegal.



Agora escoita a canción de Amina co udu

miércoles, 4 de marzo de 2009

MÚSICA AFRICANA "GRUPO LAGBAJA"


















Ana e Miguel teñen unha sorpresa para tod@s é a visita dunha africana do pobo de ABEOKUTA en Nixeira que veu a Santa Comba a pasar uns días e estivo na súa casa. Vedes que traxe tan bonito ten e que guapa é? Chámase IYA LAKERE, a súa lingua é o Youruba o mesmo nome que ten o seu pobo. Sabedes que os Youroba teñen fama de ser bos comerciantes e artesáns e que a súa relixión é o animismo e cren en moitos deuses?. IYA LAKERE quere ensinarvos unha palabra na súa lingua: LAGBAJA, unha palabra youroba que significa alguén, ninguén, ninguén ou todo o mundo. E quere que escoitedes a canción cantada precisamente por un grupo musical nixeriano, chamado LAGBAJA, formado por un home cunha máscara que tapa o rostro porque representa a voz da sociedade e en particular a de África.


 
aladin