martes, 24 de marzo de 2009

AZUR E ASMAR



A historia de AZUR e ASMAR conta que dous nenos Azur, rubio e de ollos azuis, e Asmar, moreno, son criados coma irmáns en Francia. Un é rico e o outro fillo da nodriza da familia. A vida vainos separar pero reencontraránse cando Azur decide ir en busca da fada dos Djins.

Así chegará a Marrocos e coñecerá este pobo maravilloso. Arte, lingua, relixión, costumes, aparecen reflexados nesta película de MICHAEL OCELOT, o creador de Kirikú (aquel neno que tanto vos gustou).

Finalmente os dous deberán iniciar unha viaxe para atopar o seu destino e conseguir os seus soños.

Esta é unha fábula sobre a tolerancia e o entendemento entre os pobos.
Ser TOLERANTE é aceptar a os outros como son, e se queres saber se ti es tolerante pincha nesa palabra para facer o xogo da tolerancia.
Nesta televisión tan azul coma os ollos de Azur, poderás ver a película enteira dividida en 10 videos. A disfrutalo!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Aos de 6º encantounos esta película, hai una personaxe moi simpática que di puajjj non teñen caldo, puajjj, pero en realidade gústalle todo o da cultura árabe. Recomendámos vela.

Anónimo dijo...

Eu non teño palabras para expresar o maravillosa que é Rosanna ademáis de facer sempre uns debuxos magníficos e colaborar neste blog, grazas de parte desta contadora de soños.

Anónimo dijo...

esta pelicula esta moi ben , hai que mandala aos cines de madrid .
tendes que vela mola mogollon. de unha rapaza de 4ºa que che quere moito .

 
aladin