miércoles, 4 de marzo de 2009

MÚSICA AFRICANA "GRUPO LAGBAJA"


















Ana e Miguel teñen unha sorpresa para tod@s é a visita dunha africana do pobo de ABEOKUTA en Nixeira que veu a Santa Comba a pasar uns días e estivo na súa casa. Vedes que traxe tan bonito ten e que guapa é? Chámase IYA LAKERE, a súa lingua é o Youruba o mesmo nome que ten o seu pobo. Sabedes que os Youroba teñen fama de ser bos comerciantes e artesáns e que a súa relixión é o animismo e cren en moitos deuses?. IYA LAKERE quere ensinarvos unha palabra na súa lingua: LAGBAJA, unha palabra youroba que significa alguén, ninguén, ninguén ou todo o mundo. E quere que escoitedes a canción cantada precisamente por un grupo musical nixeriano, chamado LAGBAJA, formado por un home cunha máscara que tapa o rostro porque representa a voz da sociedade e en particular a de África.


1 comentario:

Anónimo dijo...

que sorte tedes de ter esta visita. 4ºA

 
aladin