jueves, 30 de abril de 2009

TRIBUS NATIVOS NORTEAMERICANOS/AS TRIBUS DO BARRIÉ

Os indi@s foron os primeiros habitantes de Norteamérica. Facía miles de anos que vivían alí antes de que chegaran os europeos.

O pobo indio estaba formado por máis de 500 tribus, sedentarias e nómades, cada unha cos seus propios costumes. A súa convivencia no extenso territorio entre o Atlántico e o Pacífico era as veces armoniosa e outras hostil.

Soaranche nomes de tribus coma os APACHES, LAKOTAS, CHEYENNE, CROW, CHEROKEE, COMANCHE, SIOUX NAVAJOS, SEMINOLAS, CREE, IROQUESES, KIOWA, PIES NEGROS...

Coñéceos mellor neste vídeo...


Todos as aulas de primaria do noso cole teñen o nome da súa tribu, elexido entre todos. Mira ben a ver cal che gusta máis.


martes, 28 de abril de 2009

HISTORIAS DE ESTRELAS NAS PRADEIRAS NORTEAMERICANAS


Sabedes que a nosa aula está transformada nun tipi, de xeito que temos coma os indi@s alfombras no chan e traballamos así sentados. Tamén no teito temos planetas e estrelas e xogamos a facer coma os indi@s pola noite: sentarse a escoitar historias a carón do lume mentras observan o ceo estrelado.

Gustaríache saber máis sobre as estrelas?, pois le atentamente o que sigue:

Agora xa podemos contarche as dúas historias preciosas das pradeiras norteamericanas sobre estrelas: A OSA MAIOR, A OSA MENOR E O DRAGÓN e A NOITE QUE O MUNDO ESTIVO A PUNTO DE PERDER A ESTRELA POLAR. Espero que as disfrutes tanto coma nos.
A Osa Maior

E queredes oir a música que escoitamos coas luces apagadas e persianas pechadas, mirando para o noso ceo estrelado mentras escoitábamos estes contos preciosos?

sábado, 25 de abril de 2009

QUE É UN TIPI?

Un tipi é unha tenda cónica feita de pel de bisonte, pintada con motivos importantes.
As mulleres eran as encargadas de coser entre 14 e 20 peles de bisonte para preparar unha lona de tipi, antes eliminaban os pelos e os restos de carne. Despois se tensaban secándose ao sol e as curtían. Tardaban 6 días en facer este traballo.

A lona extendíase sobre unha estructura de paos e asegurábase ao chan cunhas estacas de madeira.

En tan só unha hora dúas mulleres podían montar un tipi. Para desmontalo tardaban 15 minutos.

Para transportalo dun lugar a outro os paos de 10 metros de largo e a pesada lona, necesitaban 3 cabalos de carga.
A continuación podes ver como se monta un tipi por si te apetece facer un. Nerea de 4ºA está animada, espero que nos traiga unha foto cando o remate.

video

Cada familia tiña o seu tipi. Dentro da tenda vivían cómodamente ata 6 persoas, facíase o lume e o fume saía polas aberturas da cima. O chan cubríase con peles.

Hai un REGLAMENTO DO TIPI:
  • Só se permite a entrada a persoas coñecidas si a porta está aberta. Si esta pechada o visitante debe avisar.
  • As mulleres entran no tipi despois que os homes.
  • Os invitados a comer deben levar o seu propio prato.
  • O lado esquerdo do tipi está destinado as mulleres e o dereito aos homes.
  • As mulleres nunca deben adoptar a postura de Buda ao sentarse.
  • Cando o anfitrión empeza a limpiar a súa pipa, é hora de retirarse.

No colexio fixemos uns cantos tipis aquí tes unha selección deles. Por certo a nosa aula está transformada nun tipi, hai que agacharse para entrar nela, tamén temos un reglamento e dentro espérannos moitas sorpresas...



miércoles, 22 de abril de 2009

CONTOS INDIOS E OUTROS CONTOS (DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL)

Co motivo da celebración do Día
do Libro, tivemos varias actividades no cole entre elas as lecturas en calquer recuncho . Na biblioteca, por exemplo, contouse un conto indio (OLLOS DE ÁGUIA) e os nen@s de infantil accederon a ela a través do pequeno burato do tipi colocado na porta de acceso. Tamén se contaron contos indios no campamento indio e na entrada do colexio.

Pero tamén houbo outros contos no ximnasio, no patio de columnas, nas escaleiras de acceso... A verdade e que tanto profesores coma nen@s nos divertimos moito con esta idea.

E disfrutamos da visita dunha magnífica escritora: AN ALFAYA que nos deu uns consellos estupendos sobre os libros, que hai que saborealos, olelos, acariñalos, miralos ben e escoitalos. A verdade é que visto así os libros disfrútanse doutra maneira.




domingo, 19 de abril de 2009

NAI TERRA, PAI CEO...(NATIVOS NORTEAMERICANOS) 22 DE ABRIL DIA DA TERRA

Vouche contar a historia dos primeiros ecoloxistas (aqueles que protexen e coidan de todos os seres vivintes do noso planeta): OS INDIOS NORTEAMERICANOS.

Chamábanlle ao ceo Pai e a Terra Nai e coma tales os coidaban e protexían.

A continuación tes un conto precioso que explica o por que os indi@s respectan toda forma de vida. Espero que che guste.


A CONTADORA DE SOÑOS CONTA









Como ves, nunca se sabe donde pode vivir unha estrela así que ten moito coidado co que fas.

Fai moito tempo unha anciá da tribu dos Cree chamada "OLLOS DE LUME" xa sabía o que ía pasar co noso planeta: contaminacións, problema ca capa de ozono, especies en perigo de extinción... e lanzou unha profecía...



Enton ti... queres ser tamen un guerreiro do arco da vella? ou prefires contaminar e destrozar o noso planeta? Supóñome que un guerreiro e imaxino que coñecerás a moitos outros guerreiros que se preocupan polo noso mundo.

Eu quero presentarche a MACACO, un cantante que coas súas letras e cancións móvenos a todos a reflexionar e a actuar.

Bicos e xa sabes GUERREIRO ACTÚA!

sábado, 18 de abril de 2009

NATIVOS NORTEAMERICANOS-PROXECTO WAKAN TANKA (GRAN ESPÍRITU) EU SON INDI@, E TI?

Iniciamos o proxecto WAKAN TANKA (gran espíritu no idioma Lakota) no que percorreremos as pradeiras norteamericanas coas súas montañas, ríos, lagos, bisontes, águias, indi@s, tipis...
Teremos ceremonias indias, nomes indios, animais de poder, o nome da nosa tribu, tipis, contos,danzas, probas indias, xogos... De xeito que realmente digamos e creamos: Eu son indi@ e ti?

Quero que vexas ben o seguinte video, que o saborees, e que te creas que ti realmente formas parte desa cultura porque ao longo destes meses así será.

jueves, 16 de abril de 2009

ALA...QUE NOS DERON UN PREMIO!



Os nen@s do primeiro ciclo do noso cole a través do seu blogue APRENDENDO TODOS XUNTOS concendéronnos o diploma Olha que blog maneiro", que quere decir, mais ou menos, "mira que blog tan creativo, tan bonito...".

Moitas grazas a tod@s polo voso cariño.

Este premio ten varias condicións:

- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
- Poñer o nome do blog que cho deu.
- Avisar aos indicados.
- Publicar as reglas.
- Comprobar que os blogs indicados sigan as reglas.
- Indicar os teus 10 blogs:
* Comic Ciclocirco
* Seras sen cadeas
* Mi rincón sobre animal crossing
* Más allá del arco iris
*La bruja enamorada
* Minchas e caramuxos
* Peques de Reboreda
* Tartarugas de Panxón

martes, 14 de abril de 2009

GOODBYE, ADEUS, SAYONARA, CIAO, AUREVOIR, ARRIVEDERCI, M'A SSALAMA, NAMASTÉ ÁFRICA NA AULA

Todo o bo acaba así que despedimos África con este video homenaxe con imáxenes dese país e algunhas das experiencias que realizamos na aula. A canción que escoitaredes acompañando a este vídeo titúlase ÁFRICA EN PE.

Na enquisa que fixemos durante estes últimos 15 días o que máis vos gustou de África foron as cancións e as películas de Duma, Kirikú e Azur e Asmar.

Traballo, ilusión, esforzo, colaboración e unhas ganas de aprender enormes pola vosa parte foi o que fixo posible que este proxecto de ÁFRICA NA AULA tivera tanto éxito. Eu so teño un soño: visitar en realidade ese país que percorremos de arriba abaixo sin pisalo... quen sabe ao mellor algún día... nunca se sabe o que pode acontecer na nosa vida...querrás acompañarme?

video

OBRA DE TEATRO TARZÁN, GRUPO FACE2FACE

Este martes fumos a sala multiusos de Santa Comba onde o grupo teatral FACE2FACE, unha compañía de teatro educativo, tiña prevista a representación de TARZÁN en inglés.

Pasámolo de maravilla, e o mellor e que houbo catro "extras" excepcionais: DANIEL de 2º A (Chita), Nerea de 4º A (Árbore e camareira), Nuria de 6ºC (cámara tv) e Iván de 6ºB (cazador).

Foi inha actuación extraordinaria, dende aquí felicitámolo grupo Face2Face, excelentes artistas que nos fixeron chorar coa risa. Grazas pola vosa actuación rapaces e esperamos que viñades máis por aquí. Se queredes saber máis sobre este grupo teatral pinchade na imaxe e veredes.

A continuación podedes ver neste video o ben que o pasamos mentras escoitades as cancións da obra I WANNA BE LIKE YOU e JUNGLE FEVER.

video

domingo, 12 de abril de 2009

PREPÁRATE CHEGA TARZÁN A SANTA COMBA

Prepárate! queda pouco para disfrutar desta historia emocionante e emotiva xa que o martes 14 todo primaria irá a Sala de Multiusos de Santa Comba para ver a representación teatral en inglés.
Para que vaias facendo boca aquí tes a historia de Tarzán feita por Disney (dividida en 9 videos).

Anímate... estás vivindo o último que ímos traballar sobre África...


Agora aprende a canción principal da película cantada por PHIL COLLINS "EN MI CORAZÓN VIVIRÁS"

E por último disfruta coloreando estes maravillosos debuxos
Tarzan 1

viernes, 3 de abril de 2009

THANK YOU, MERCY, GRACIAS, GRAZAS...

http://YourGen.com/ - Text Generator
Text Generator - Pimp Text - Counters - YourGen.com - Find Sports Online


A tod@s
por acompañarme dende o principio...
pola vosa ilusión...
polo voso esforzo e traballo...
polo voso cariño...
polos vosos comentarios...
polas vosas visitas...
polos vosos soños...

A volta despediremos África dunha maneira especial e coñeceremos outra cultura que vos vai a encantar!

http://YourGen.com/ - Text Generator
Text Generator - Glitter Text - Counters - YourGen.com - Find Sports Online

jueves, 2 de abril de 2009

NILE CROCODILE/O CROCODILO DO NILO

Image Hosted by ImageShack.us


E aquí ven o último sobre Exipto: ai, ai ai... os crocodilos, eses terribles animais que nos asustan a todos.


Pois os do río Nilo están entre os depredadores máis feroces e chegan a medir ata 6 metros de largo pero... choran e choran... Ah! e que non o sabedes? Os crocodilos choran en dúas ocasións:

1ª Cando saen da auga. O crocodilo necesita manter os ollos sempre húmedos así que "chora".
2ª Cando come, porque as glándulas lacrimales están moi preto das glándulas salivares e o a masticar estimúlanse.

De ahí o dito de bágoas de crocodilo. Ala! mira canto aprendedes.
Image Hosted by ImageShack.us

E para que sigas coñecendo máis sobre crocodilo aquí tes este video maravilloso que che vai encantar.

miércoles, 1 de abril de 2009

WALKING LIKE AN EGYPTIAN/ XOGANDOA SER FARAÓNS DO ANTIGO EXIPTO

FARAÓN significa "CASA GRANDE" e en Exipto houbo moitos ao longo da súa historia, eran considerados os fillos do "rei sol" e mandaban en tod@s.

Nos tamén quixemos ser faraóns por un momento e fixemos unhas caretas de exipcio ou exipcia, tamén nos puxemos nomes simpáticos como TUJORKAMÓN I, CLEONOE, ANISIS I, NATALITIS II, MIGUEMÓN I, REMKEVIN I, SENEREA I...

E propuxemos o xogo de QUEN E QUEN? Para que tod@s adiviñaran a quen correspondía en realidade.

Se ti queres xogar tamén coma nós podes pinchar nesta imaxe e irás a un lugar onde podrás adiviñar como é o teu nome en exipcio
e se vas a palabra FARAÓN e eres exipciomaníaco encantaráche a páxina a que te leva.
Bo xogo amig@ exipci@.
 
aladin