miércoles, 22 de abril de 2009

CONTOS INDIOS E OUTROS CONTOS (DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL)

Co motivo da celebración do Día
do Libro, tivemos varias actividades no cole entre elas as lecturas en calquer recuncho . Na biblioteca, por exemplo, contouse un conto indio (OLLOS DE ÁGUIA) e os nen@s de infantil accederon a ela a través do pequeno burato do tipi colocado na porta de acceso. Tamén se contaron contos indios no campamento indio e na entrada do colexio.

Pero tamén houbo outros contos no ximnasio, no patio de columnas, nas escaleiras de acceso... A verdade e que tanto profesores coma nen@s nos divertimos moito con esta idea.

E disfrutamos da visita dunha magnífica escritora: AN ALFAYA que nos deu uns consellos estupendos sobre os libros, que hai que saborealos, olelos, acariñalos, miralos ben e escoitalos. A verdade é que visto así os libros disfrútanse doutra maneira.




No hay comentarios:

 
aladin