sábado, 25 de abril de 2009

QUE É UN TIPI?

Un tipi é unha tenda cónica feita de pel de bisonte, pintada con motivos importantes.
As mulleres eran as encargadas de coser entre 14 e 20 peles de bisonte para preparar unha lona de tipi, antes eliminaban os pelos e os restos de carne. Despois se tensaban secándose ao sol e as curtían. Tardaban 6 días en facer este traballo.

A lona extendíase sobre unha estructura de paos e asegurábase ao chan cunhas estacas de madeira.

En tan só unha hora dúas mulleres podían montar un tipi. Para desmontalo tardaban 15 minutos.

Para transportalo dun lugar a outro os paos de 10 metros de largo e a pesada lona, necesitaban 3 cabalos de carga.
A continuación podes ver como se monta un tipi por si te apetece facer un. Nerea de 4ºA está animada, espero que nos traiga unha foto cando o remate.

video

Cada familia tiña o seu tipi. Dentro da tenda vivían cómodamente ata 6 persoas, facíase o lume e o fume saía polas aberturas da cima. O chan cubríase con peles.

Hai un REGLAMENTO DO TIPI:
  • Só se permite a entrada a persoas coñecidas si a porta está aberta. Si esta pechada o visitante debe avisar.
  • As mulleres entran no tipi despois que os homes.
  • Os invitados a comer deben levar o seu propio prato.
  • O lado esquerdo do tipi está destinado as mulleres e o dereito aos homes.
  • As mulleres nunca deben adoptar a postura de Buda ao sentarse.
  • Cando o anfitrión empeza a limpiar a súa pipa, é hora de retirarse.

No colexio fixemos uns cantos tipis aquí tes unha selección deles. Por certo a nosa aula está transformada nun tipi, hai que agacharse para entrar nela, tamén temos un reglamento e dentro espérannos moitas sorpresas...



4 comentarios:

Anónimo dijo...

Moito traballas Mari Carmen. Ti non sabes que os fines de semana son para descansar?
Bromas aparte o traballo dos indios está quedando precioso.
María

María Pintos Recarey dijo...

Pásate polo blogue para recoller un máxico agasallo.

Anónimo dijo...

Traballaches moito para facelo tan bonito.


Un saudo.



Ceo Branco

Anónimo dijo...

Amar la naturaleza, respetarla, cuidarla... ella nos da de comer, nos cuida y nos regala paisajes preciosos. Nosotros, como los indios, tenemos suerte de vivir muy cerca de ella, de sentirla y disfrutarla al levantarnos cada mañana y respirar su aliento...
El trabajo y las canciones son preciosas. Un saludo.
La mama de ardilla sorrinte.

 
aladin