sábado, 30 de mayo de 2009

TALKING LIKE AN INDIAN/HABLANDO COMO UN INDIO/ FALANDO COMA UN INDIO

A linguaxe de signos é un sistema organizado a base de xestos ou signos empregados polas persoas para comunicarse.

Uns dos sistemas mellor coñecidos é o creado polos indios das chairas de Norteamérica, empregado coma sistema de comunicación entre as tribus que non tiñan o mesmo idioma.
Había 400 signos diferentes, facíanse coas máns e representaban cousas da natureza, ideas, sensacións e emocións. Podía manterse perfectamente unha coversación a base de xestos.
Tamén empregaban sinais de fume e os asuntos importantes eran conservados mediante unha escritura a base de imaxes.

Nos inventamos os nosos signos e xogamos a mandarnos mensaxes entre as distintas tribus.
Por certo existe unha linguaxe parecida a empregada polos indios coas máns é a LINGUAXE PARA AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE AUDITIVA (Sordos). Aquí che deixamos os seus símbolos para que aprendas moito máis e practiques.
alfabeto dactilológico español








jueves, 28 de mayo de 2009

GRAN CAÑÓN DE COLORADO


LENDA INDIA

"Hai moito tempo había un xefe indio moi importante e sabio, que choraba pola morte da súa esposa e non encontraba consolo. Ata que Tavwoats, un dos deuses indios, se lle apareceu e lle dixo que a súa esposa se encontraba nunha terra máis feliz, e se ofreceu a levalo para que o vise por el mesmo, sempre e cando, ao regreso, deixase de chorar. O gran xefe prometeuno.

Entón Tavwoats fixo un camiño a través das montañas, que unía esa fermosa terra, a fragrante rexión do grande oeste, con esta, o deserto onde habitaba o pobre Numa. Este camiño era o cañón do Colorado. Levouno a través del; e cando retornaron, o deus esixiu o xefe que lle prometera que non lle diría a ninguén acerca deste camiño. Logo fixo correr un río pola garganta, unha corrente furiosa, que afogaría a calquera que ousase entrar nela de alí en diante. "



Neste lugar vivía a tribu dos HOPI, aquí a natureza impón a súa lei, espertan os nosos sentidos dormidos, comprendemos aos indios que vivían aquí libres e temos que sorrir porque unha vez que o vemos sabemos que parte do noso espírito sigue camiñando por alí

miércoles, 27 de mayo de 2009

¿TIENEN LOS INDIOS LA PIEL ROJA? PINTURAS DE GUERRA



A cor de pel dos indi@s vai do castaño claro ao oscuro. Posiblemente o nome de "piel roja" débese a cor vermella, sagrada para eles, das súas pinturas de guerra. Pensaban que pintándose así ninguén os podería lastimar e facíano de distintas maneiras cada unha tiña o seu significado.

Nós xogamos a pintarnos pero coma diversión.

A continuación podes ver como se pintaban en realidade.

lunes, 25 de mayo de 2009

MEDICINAS INDIAS/BOLSA DE MEDICINAS


Os indios coñecían moitas plantas medicinais (salvia branca, baia de oso, salvia do deserto, flores de lavanda, corteza de sauce vermella, raíz de serpe...) e preparaban medicamentos con elas. En caso de que non surtiran efecto era cando chamaban ao curandeir@.

Cando unha persona enfermaba de gravedade, os indi@s creían que un espírito maligno se lle metera dentro. Coma protección todos levaban a súa bolsa medicinal, donde gardaban as súas menciñas máxicas: herbas, pedras, plumas...

Nos tamén fixemos as nosas bolsas medicinales, divertímonos moito no proceso, algúns era a primeira vez que cosíamos ou e víamos diante unha agulla pero ao final conseguímos un bo traballo. Dentro gardamos follas secas, pedras, crin de cabalo... cada un o que considerou importante.



domingo, 24 de mayo de 2009

INDIAN TALE (CHEYENNE)


O chamán era unha persoa sabia con especiais facultades sanadoras, sabía falar cos espíritus e empregaba herbas e fórmulas máxicas.

Este conto que vas escoitar está contado por un chamán en lingua francesa con subtítulos en inglés para que aprendas outras linguas:

"Houbo un tempo de oscuridade en que camiñar erguido era imposible, o mundo non foi sempre como os homes o ven, antes había un problema: o ceo estaba demasiado baixo.

Estaba tan baixo que as nubes non podían atopar o seu lugar, as árbores non podían medrar , os paxaros non podían voar e o maior problema era que os adultos non podían camiñar erguidos.

Os nenos eran os únicos que podían pasear tranquilos pero sabían que ao chegar a adultos terían un problema.


Un dia os
nen@s reuníronse e decidiron elevar o ceo, os adultos reíanse deles e chamaron aos espíritus dos ancestros para pedir consello que lles dixeron que deixasen as nen@s.

Éstes nun primeiro intento intentaron golpear o ceo con paos para elevalo, non o conseguiron. Ao día seguinte subíron uns arriba doutros e ata lle tiraron frechas pero... nada. Ao terceiro intento decidiron xuntar moitos paos, atalos uns aos outros e comezaron a empuxar... ¿queres saber o que ocurreu?"




E dende estón o máis extraordinario e que nas noites nas que os espíritos están presentes no ceo estrelado brilla unha estrela en cada burato que deixaron os nenos de tanto golpealo para colocalo no seu lugar.

jueves, 21 de mayo de 2009

CUENTO INDIO

Los indi@s del Norte de América tienen mucho cuidado con este asunto de los cuentos. Dicen que cuando los cuentos suenan las plantas no se ocupan de crecer..., los pájaros olvidan la comida de sus hijos... y... más allá del arco iris los oídos de otros guerreros prestan toda su atención para escuchar el sonido de las palabras y las historias maravillosas que las acompañan...

Este cuento es un canto al AMOR, a la tolerancia, a la libertad, al desapego, al respeto, a la FELICIDAD... y es un hola, gracias por tu compañía, bienvenida BEATRIZ, la que trae la alegría desde su rincón situado en los colores más allá del arco iris.


Y Caballo Veloz y Estrella Plateada cantaron la canción que habla del amor verdadero, aquella que consuela a los que sufren, que enseña y guía a las almas enamoradas.

video

martes, 19 de mayo de 2009

O BISONTE


O bisonte era un mamífero considerado o alimento básico dos indios das pradeiras. Aproveitábase todo do animal: a carne (fresca ou seca) para comer (a lingua era a preferida), co estómago facían unha olla, coas peles roupa e mocasines, tipis, cordas do arco, escudos, adornos para a cabeza, raspador, azada, matamoscas co rabo, instrumentos musicais e tazas ou culleres cos osos ou cornos, as pezuñas servían para facer pegamento,


Polo tanto era un animal moi importante para os indi@s e antes de ir cazalo preparábanse cunha danza


A tribu das plumas de cores quere contarte un mito dos indios que explica a orixe do bisonte e do millo na súa alimentación. É un maravilloso conto cheyenne que leva por título: DETRÁS DA CASCADA.
Detrás da cascada







Detrás da cascada iagoaron cuento indio





Neste video tes uns minutos emocionantes sobre a vida dos indios e os bisontes. A disfrutar!

domingo, 17 de mayo de 2009

PIPA SAGRADA, CALUMET

Fumar a pipa era unha parte moi importante na vida dun indio sobre todo nas ceremonias.
A pipa era encendida e fumada polo anfitrión e pasada despois pola esquerda. Cando o anfitrión limpaba a pipa os invitados debían de marcharse.

O fume da pipa eleva as plegarias ao Gran Espírito por eso se chamaba pipa da paz ou calumet. En tempos de guerra as súas plumas eran de cor vermella.

Os indios sioux teñen unha lenda para explicar a historia da pipa: dous guerreiros sioux foron cazar e un deles veu unha muller fermosísima, MULLER BISONTE BLANCO, e namorouse dela pero unha nube o tapou completamente e cando se retirou só quedaban os osos do guerreiro. A Muller Bisonte Blanco levou a pipa sagrada a tribu do guerreiro en desagravio pola súa morte.

Pero a lenda máis bonita é a lenda das TRES PIPAS que che trae a tribu dos guerreiros do Xallas na que comprenderás o importante que é ter paciencia e reflexionar antes de actuar.


A continuación poderás ver unha selección de pipas antigas de distintas tribus de nativos norteamericanos e se queres saber como se fabrica unha preme en pipas.


sábado, 16 de mayo de 2009

O BOSQUE DE TALLAC

Un bosque, unha árbore maravillosa (o cedro), natureza, animais, humanos, sentimentos...
Esta é a historia dunha amizade especial, a dun neno indio chamado SENDA e a de dous oseznos JACKIE e NUCA nun bosque na montaña de TALLAC, Sierra Nevada (EEUU). Baseada no libro de Ernest Thompson Seton.

Con agarimo para todos os meus indi@s que me acompañan nesta aventura.


jueves, 14 de mayo de 2009

THE TREE, EL ÁRBOL, A ÁRBORE SAGRADA


Os nativos norteamericanos cren que para todos os pobos da terra o Gran Espírito, plantou unha árbore sagrada para que se xunten baixo a súa sombra. Mentras meditan baixo a árbore reciben saúde, poder, sabiduría e seguridade.

Se a árbore vive, vivirá o pobo pero se o pobo se esquece del unha grande tristura caerá sobre a árbore de xeito que o pobo perderá os seus soños e visións, xa non sabrán decir a verdade nin ser honestos uns cos outros e tamén os envolverá a tristura.

Coidar das nosas árbores vólvese, se cabe, moito máis importante sabendo esto.

video

martes, 12 de mayo de 2009

PLEGARIA DO PERDÓN

É dificil lembrar cal dos meus indi@s me preguntóu:
- Profe, dis que temos que respectar aos animais coma os indi@s pero se eles facían eso, por que mataban animais e os comían?

Unha boa pregunta necesita unha boa resposta

- Pois porque eles, igual ca nós, necesitaban comer e por iso tiñan que matar animais so que tiñan a obriga de recitar a plegaria do perdón, unha especie de petición ao animal sacrificado para que diga a todos os seus parientes que foi ben tratado.

Pero coma sempre o mellor é que leas por ti mesmo a historia da plegaria do perdón.


As fontes máis importantes de alimento sexan plantas ou animais, agradécense con oracións sinxelas so así aprendemos a camiñar en equilibrio coa nai terra e todos os seres.

domingo, 10 de mayo de 2009

OS NOSOS AMIG@S OS ANIMAIS/EL REFUGIO DEL BURRITO

Hai un gran xefe indio que di

"As cousas que hai escritas co meu nome, son palabras que eu dixen pero non son eu quen as escribiu"

As ensinanzas indias están baseadas na palabra pero para que cheguen ao home branco téñense que transformar en palabras escritas, e aquí pérdese moito porque hai moito camiño. Un intérprete, alguén que escriba en papel, alguén que o lea... Non cres que é doado que durante este longo camiño se perda unha palabra? un sentimento?...

Este traballo está expresado de tal maneira que non fai falta dar unha explicación, porque sinxelamente son para tocar, sentir, ver, probar... Que te parece se o probas?



jueves, 7 de mayo de 2009

A CASA DE CAMPO DOS OSOS/A TORRE DO DIABLO

Supoño que estarás aprendendo moitas cousas dos osos de Norteamérica. Pois aquí tes algo moi interesante.

O Oso gris, chamado GRIZZLY, pola súa cor, non está en perigo de extinción pero si ameazado. É un dos máis grandes do planeta, marca as árbores coas súas garras e ten unha gran forza. Aliméntase de raíces, froitas, insectos, peixes... pero cando ten moita fame pode cazar presas moito máis grandes: cabalos, cervos... e ata vacas.

Neste video poderálo ver coas súas crías correteando pola reserva do parque de YELLOWSTONE en Norteamérica.





En Estados Unidos, en Wyoming, hai una montaña que mide 400 metros de alto, atópase perto do parque de YELLOWSTONE e o home blanco chamoulle DEVIL´S TOWER (A Torre do Diablo). Pero os indios sempre rexeitaron este nome porque o consideraban ofensivo, para os kiowas e Dakotas o seu nome verdadeiro é A CASA DE CAMPO DOS OSOS e esto é debido a unha lenda que teñen...




Un lugar máxico nun entorno protexido, encantaráche.

miércoles, 6 de mayo de 2009

UN PREMIO CON MAXIA


Dende o blogue dos nen@s de 1º ciclo APRENDENDO TODOS XUNTOS vennos este premio cheo de máxia e cos poderes maravillosos dos indios para amar a todos os animais e protexer a nosa nai terra.
Grazas polo voso agasallo.
Paso este premio a todos aqueles que comparten conmigo a ilusión e o esforzo por transmitir aventuras, soños... a través dun blog, dádevos todos por premiados compañeir@s.

Iremos colocando aquí todos os maravillosos agasallos que nos van dando. Miles de grazas.










En Agosto, dende o blogue TI TAMÉN CONTAS dos nen@s do Ceip Mestres Goldar.








En Outubro, dende o blogue BIBLIOTICS





En Maio 2010, dende BRUJITA DE LUX e dende BIBLIOTICS

Dende LA COMETA DE LOS CUENTOS

























En Xulio de 2010 dende PEQUENET recibimos estas palabras e este premio:
Hola, me gustaria ofreceros incluir en vuestro blog el premio Pequenet 2.0 que hemos creado con la intención de felicitar a los profesores que integran las TIC en su currículo.

Se trata de una caja llena de trabalenguas que se van renovando, esperamos que os guste.

Un saludo, felicidades por el blog.
Ana Municio,
Asesora pedagógica de Pequenet.com


MILES DE GRAZAS POR TAN PRECIOSO AGASALLO!

martes, 5 de mayo de 2009

HERMANO OSO/IRMÁN OSO/BROTHER BEAR

Os indios de Norteamérica vivían da caza e coñecían moi ben os animais que poboaban esas terras: lobos, osos, gatos monteses e moitos outros.

O Oso gris, grande e maxestuoso impoñía respecto a homes e animais por igual.

Presentoche un conto tradicional dos Lakotas cuios protagonistas son precisamente osos, espero que che guste moito.



E agora gustaríame que viras a película HERMANO OSO, conta a historia dun indio que nunha ceremonia obtén o seu totem e descubre que é o do OSO, simbolo do amor, non está moi contento e pásalle algo especial para que aprenda a lección RESPECTAR O TOTEM ou ANIMAL DE PODER que o protexe

domingo, 3 de mayo de 2009

TOTEM (ANIMAIS DE PODER) E NOMES INDIOS

Para os indios é moi importante ter un totem (animal de poder) que os guie e protexa na súa vida.

Ademáis de ter un persoal tamén tiñan un totem da tribu (formado pola mezcla de varios animais protectores)

Pero como se saber cal é o teu animal de poder e como se consigue o nome indio? Pois a través dunhas ceremonias e rituais.

Nós na clase tivemos unha meditación especial na que vivimos e nos sentimos coma indios, rodeados de animais e de calma. Así conseguimos o noso totem e o noso nome.

Na nosa extraordinaria viaxe acompañounos a música deste video e o demáis fixoo a nosa mente.




Para saber máis dos totems le ben o que sigue:




E por último obtivemos o noso nome indio: ROCÍO DA MAÑÁ, ESPIGA ARMONIOSA, AUGAS CRISTALINAS, ABRAZO DE OSO, LINGUA INQUIETA, FLOR PRECIOSA, ARDILLA SORRINTE, LUCERO AZUL, NUBE BRANCA...
e elaboramos uns colgantes.
Aquí tes a Rocío Blanco, Rosa de los Cielos e a Flor Serena xunto a Pequeno Lobo.
 
aladin