jueves, 7 de mayo de 2009

A CASA DE CAMPO DOS OSOS/A TORRE DO DIABLO

Supoño que estarás aprendendo moitas cousas dos osos de Norteamérica. Pois aquí tes algo moi interesante.

O Oso gris, chamado GRIZZLY, pola súa cor, non está en perigo de extinción pero si ameazado. É un dos máis grandes do planeta, marca as árbores coas súas garras e ten unha gran forza. Aliméntase de raíces, froitas, insectos, peixes... pero cando ten moita fame pode cazar presas moito máis grandes: cabalos, cervos... e ata vacas.

Neste video poderálo ver coas súas crías correteando pola reserva do parque de YELLOWSTONE en Norteamérica.





En Estados Unidos, en Wyoming, hai una montaña que mide 400 metros de alto, atópase perto do parque de YELLOWSTONE e o home blanco chamoulle DEVIL´S TOWER (A Torre do Diablo). Pero os indios sempre rexeitaron este nome porque o consideraban ofensivo, para os kiowas e Dakotas o seu nome verdadeiro é A CASA DE CAMPO DOS OSOS e esto é debido a unha lenda que teñen...




Un lugar máxico nun entorno protexido, encantaráche.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

a tribu dos dragóns de lume (3ºB) gustounos moito o conto e a historia da montaña. Uns debuxos moi bonitos

Anónimo dijo...

a tribu dos dentes de poder(2ºB) di impresionanteeeeeeeeeeee

Anónimo dijo...

tribu das aguias e estrelas (2ºA)di que é unha maravilla e non sabemos como medrou a pedra, como?

 
aladin