domingo, 24 de mayo de 2009

INDIAN TALE (CHEYENNE)


O chamán era unha persoa sabia con especiais facultades sanadoras, sabía falar cos espíritus e empregaba herbas e fórmulas máxicas.

Este conto que vas escoitar está contado por un chamán en lingua francesa con subtítulos en inglés para que aprendas outras linguas:

"Houbo un tempo de oscuridade en que camiñar erguido era imposible, o mundo non foi sempre como os homes o ven, antes había un problema: o ceo estaba demasiado baixo.

Estaba tan baixo que as nubes non podían atopar o seu lugar, as árbores non podían medrar , os paxaros non podían voar e o maior problema era que os adultos non podían camiñar erguidos.

Os nenos eran os únicos que podían pasear tranquilos pero sabían que ao chegar a adultos terían un problema.


Un dia os
nen@s reuníronse e decidiron elevar o ceo, os adultos reíanse deles e chamaron aos espíritus dos ancestros para pedir consello que lles dixeron que deixasen as nen@s.

Éstes nun primeiro intento intentaron golpear o ceo con paos para elevalo, non o conseguiron. Ao día seguinte subíron uns arriba doutros e ata lle tiraron frechas pero... nada. Ao terceiro intento decidiron xuntar moitos paos, atalos uns aos outros e comezaron a empuxar... ¿queres saber o que ocurreu?"




E dende estón o máis extraordinario e que nas noites nas que os espíritos están presentes no ceo estrelado brilla unha estrela en cada burato que deixaron os nenos de tanto golpealo para colocalo no seu lugar.

No hay comentarios:

 
aladin