domingo, 21 de junio de 2009

THE SPIRIT OF THE HAWK AND THE EAGLE, O ESPÍRITO DO HALCÓN E DA AGUIA, EL ESPÍRITU DEL HALCÓN Y DEL ÁGUILA

A aguia non sempre foi a aguia. Antes de converterse en aguia era Ukatangi, a faladora. Ukatangi falou e falou para manter lonxe ao lobo. Falaba tanto que só se oía a si mesma.

Non oía ao río, nin ao vento, nin sequera oía ao lobo.

Veu o corvo e díxolle: - O lobo ten fame, se deixas de falar oiralo. Tamén oirás ao vento e cando o oias, voarás.
Así que deixou de falar e escoitou ao lobo e escoitou ao vento. E cando escoitou ao vento, converteuse na súa natureza, a aguia.

A aguia voaba, e no seu voo dicía todo o que tiña que dicir.

Lenda nativa de Norteamérica
O espírito do halcón e da aguia estivo presente con nós e co seu voo contounos multitude de cousas sobre os indios de Norteamérica. Para que sempre leves contigo a valentía do seu espírito recorda a súa canción, a que nos acompañou durante toda esta aventura:





Se queres seguir o voo da aguia pica na súa imaxe e levaráte a "LA COMETA DE LOS CUENTOS "un lugar con máxia, un rincón donde te esperan aventuras emocionantes mentras contadora descansa, verás a cantidade de sorpresas que te agardan. Feliz voo!

sábado, 20 de junio de 2009

DESPEDIDA DAS TRIBUS DE SEXTO: UNHA VIDA POR DIANTE


Tod@s temos unha maleta que enchemos cunha equipaxe que nos vai servir na viaxe da nosa vida. Despois de oito anos faime moi feliz pensar que colaborei para que a vosa equipaxe medrara e se fixera valiosa. Deséxovos unha feliz viaxe. Atoparedes desafíos, soños, fantasías, esperas e... despedidas...coma esta.

Que estes consellos indios vos acompañen.

jueves, 18 de junio de 2009

OS INDI@S NA ACTUALIDADE


Hoxe hai uns 2 millóns de indi@s nos Estados Unidos, dos que un tercio viven nas reservas.

A vida na reserva, non é fácil. Os indi@s teñen problemas para atopar traballo e a maioría teñen problemas económicos. Pero están orgullosos da súa cultura.

Nas grandes cidades os indi@s teñen distintas profesións (abogados, médicos, obreiros...)

Agora viven en casas coma as nosas e só en algunhas ocasións especiais, como na festa da primavera ou POWWOW, volven a montar os tipis. A esta festa acuden indi@s de diversas tribus e bailan as súas danzas tradicionais cos seus traxes.

Os nen@s tamén participan.

Neste video podes ver as súas danzas na festa do POWWOW, disfruta e aprende a bailala é moi doado.



Se queres disfrutar en directo de campamentos indios, danzas, mercar artesania india... en León está EL CLAN DEL LOBO, dirigida por MICKY GALLARDO un indio LAKOTA (SIOUX) que vive en España , loita polos dereitos do seu pobo e adícase a ensinar a súa cultura tradicional por todo o noso país. (Se picas en cultura tradicional visitarás a súa páxina web)

LIBRES!


"Cando unha flecha máxica te alcance, non temas, o valor e a loita farán desa ferida sabiduría" (nativos norteamericanos)

Que pasaría co mundo se a liberdade, o diálogo, a tolerancia e o respecto foran o primordial en lugar da utilización da forza, coma ocurreu cos indios norteamericanos (e con tantas outras razas en tantas partes do mundo)?. Que pasaría se triunfase a ARMONÍA COA NATUREZA E COS SEUS ESPÍRITUS?...

Nós fixemos unha adaptación dunha ceremonia inipi no noso tipi, para traballar a espiritualidade dos indios e conectar máis coas súas ideas. Queremos presentarvos a canción coa que rematamos a nosa ceremonia cantada por EL CHOJIN un guerreiro da palabra.


video

martes, 16 de junio de 2009

REBELIÓN INDIA/GRANDES XEFES

Como vivir nas reservas era moi duro foron xurdindo XEFES que animaron aos guerreios a rebelarse, por exemplo Lobo Pequeno que era o Xefe dos Cheyennes do norte. En 1.877 o goberno moveo ao grupo a unha reserva. En setembro de 1878 Lobo Pequeno colleu a 350 indios e decidiron camiñar máis de 650km de volta ao seu fogar. Foron alcanzados pola cabalería no camiño e obligados a rendirse en marzo de 1879.


Gerónimo foi un apache que se negou a aceptar a confinación do seu pobo nunha reserva. Resisitiu nas montañas cun grupo de guerreiros ata que en 1.886 aceptou as condicións de rendición. A pesar das promesas do goberno federal nunca o deixaron voltar ao seu fogar.

Durante moito tempo foi considerado coma un simple salvaxe sanguinario pero despois idealizárono e pasou a ser unha especie de profeta indio.


domingo, 14 de junio de 2009

GUERRA INDIOS Y HOMBRE BLANCO/INDIAN WAR

Máis e máis brancos foron chegando, ocuparon as terras dos indi@s. Fundaron colonias, talaron bosques para as súas plantacións e destrozaron os territorios de caza dos indios.


Exisiron aos indi@s que lles venderan as súas terras pero, os indi@s, pensaban que a terra, o ceo e o mar, non pertencían a ninguén e o que non se posúe non se pode vender.
Entonces os europeos apoderáronse das terras a forza e a guerra durou 400 anos. Os indios foron expulsados das súas terras. Moitos perderon a vida e moitas tribus foron exterminadas.


Nightwish - Creek Mary's Blood - MyVideo

sábado, 13 de junio de 2009

EL HOMBRE BLANCO EN TIERRA DE INDIOS ¿POR QUÉ?/POR QUE CHEGARON OS BRANCOS Á TERRA DOS INDIOS?



Os europeos chegaron no século XV co descubrimento de América. Deixaban a súa patria fuxindo da fame e da pobreza. Buscaban un novo fogar en América, terras que colonizar, peles e riquezas naturais como o ouro. Otros europeos chegaron por non poder practicar a súa relixión no seu país, donde eran perseguidos.

Ao principio os colonizadores sobreviviron coa axuda dos indios xa que éstes compartiron con eles as súas provisións e ensináronlles a desenvolverse na súa terra. Durante algúns anos indios e brancos conviviron en paz.


Outros europeos viñeron para facer negocios cos indios e facían trueque con eles, cambiábanlle peles de castor, nutria e visón por útliles, contas de vidrio, telas, cintas, ollas, armas, espellos e alcohol. Como poderás imaxinar aproveitáronse dos indios e os estafaron.



Os europeos levaron tamén enfermedades contaxiosas a América e os indios non tiñan anticorpos para loitar contra elas.

Morreron máis indios a causa das enfermedades dos brancos que nas guerras contra eles.

Esta historia que ven a continuación é a de POCAHONTAS, india filla do xefe POWHATAN e aconteceu no ano 1607 cando os ingleses chegaron a Virginia. Imaxina o que é que o teu mundo se derrumbe e cambie porque chegan uns extraños que ocasionan ese cambio. Realmente os indios tiveron que pasalo moi mal.

jueves, 11 de junio de 2009

EL ESPÍRITU DEL CABALLO/ THE SPIRIT OF THE HORSE/O ESPÍRITO DO CABALO


"O meu cabalo pelexa conmigo e pasa fame conmigo, porque si me vai a levar a loita debe coñecer o meu corazón e eu o seu, ou nunca seremos irmáns. Dixéronme que os brancos non cren que o cabalo teña espírito. Esto non pode ser certo. Moitas veces vin a alma do meu cabalo nos seus ollos" (Golpes Abundantes, indio crow).


Spirit é un cabalo valente, gustaríame ter un cabalo coma él, maravilloso, rápido... A súa historia encantóume e neste debuxo está con LLuvia disfrutando da súa liberdade. Os indios si que tratan ben aos cabalos. (Tulipan Amarelo da tribu dos Recolledores da paz-2ºC)

martes, 9 de junio de 2009

LOS INDIOS Y LOS CABALLOS/OS INDIOS E OS CABALOS

Os indi@s non sempre tiveron cabalos. Os cabalos chegaron a América porque os levaron os conquistadores españois. Pouco a pouco volvéronse salvaxes e formaron manadas de mustangs nas pradeiras.

Ademáis do bisonte, o cabalo foi o animal máis importante para os indi@s. Antes de ter cabalos cazaban a pe.

O cabalo tamén foi empregado coma animal de carga. Ao principio eran as mulleres e os cans (grandes amigos dos indios) os que cargaban cos tipis e os utensilios.
Image Hosted by ImageShack.us

Os homes ían armados detras por si algúen os atacaba. Pero cando viñeron os cabalos aliviaron moito o traballo, formaban con paos unha especie de camilla chamada travois donde colocaban a carga.

Era moi difícil enlazar, atrapar e domar un cabalo salvaxe. Era máis fácil roubar un xa domado. Os indios consideraban unha proeza o robo dun cabalo e non entendían como o home blanco podía matalos por eso.
Algunhas tribus criaron as súas propias razas de cabalos que existen aínda na actualidade coma, por exemplo, os APALOOSA.

Neste precioso video podes apreciar a beleza dos maravillosos mustangs.

domingo, 7 de junio de 2009

CHILDREN INDIANS, LES ENFANTS INDIENS, BAMBINI INDIANI, NIÑ@S INDIOS, NEN@S INDIOS

Os indi@s trataban con moito amor e tenrura aos nen@s. Ao chegar aos 5 anos as nenas indias axudaban a carrexar auga, recoller leña e plantas comestibles, preparar medicinas, construir un tipi, coser, bordar, traballar a pel, facer ollas de barro, trenzar... mentras que os nenos, a mesma edade, xa tiñan o seu propio cabalo e aprendían a cazar coellos, construir casas, canoas, ferramentas, instrumentos musicais, pipas de tabaco, armas, tocados...



Cando chegaban á puberdade celebrábanse cerimonias importantes, que ás veces incluían danzas, vestimentas específicas e o regalo dun novo nome. Ás nenas apache rociábanas con polen amarelo de tule; ás de Alaska tatuábanlles a cara. Unha vez superada a puberdade, as rapazas sumábanse ás mulleres da tribu; mentres que os mozos debían superar probas de valor -como ferir ou matar un inimigo- antes de converterse en auténticos cazadores e guerreiros.


Nós, tanto nenos coma nenas, realizamos unhas probas de valor indias para demostrar a nosa habilidade.
PRUEBAS INDIAS

viernes, 5 de junio de 2009

I LOVE MY PLANET

Neste 5 de xuño no que se celebra o DÍA DO MEDIO AMBIENTE a tribu dos GUARDIÁNS DA NAI TERRA (4ºC) quere presentarte un conto no que te animan a coidar e querer ao noso planeta, ademáis de recordarte que son os encargados de reciclar no colexio e todos os viernes pasarán polas aulas para recoller o que teñades e levalo aos contenedores axeitados.

Así que xa sabedes os GUARDIÁNS DA NAI TERRA din que recicledes se ao noso planeta queres axudar.





jueves, 4 de junio de 2009

DIA MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño celébrase o día mundial do medio ambiente e o lema é "O TEU PLANETA NECESÍTATE. UNIDOS PARA COMBATIR O CAMBIO CLIMÁTICO".

Que mellor que os nativos norteamericanos para explicarte a importancia do coidado de medio ambiente. Pon moita atención e mira como eles queren a terra no seguinte video.


E para aprender moito máis pincha na imáxe do atrapasoños e irás ao blog LA COMETA DE LOS CUENTOS, donde te espera Kirima, pero... non sabes quen é Kirima?.Entra e verás...

martes, 2 de junio de 2009

ATRAPASUEÑOS/ATRAPASOÑOS/CATCH DREAMS

Unha tradición dos Lakota di que recibiron o ATRAPASOÑOS para recordanos que en cada tempo da vida hai moitas forzas, unhas boas (que te axudarán) e outras boas (que te levarán na dirección equivocada).


O atrapasoños vainos axudar a alcanzar as metas, a facer bo uso das ideas, dos soños e das visións. Si cres no Gran Espírito a telaraña atrapará as boas ideas e as malas iránse polos buratos. O mesmo vale para os soños, os bos quedan e os pesadelos escapan.

Os Lakotas cren que o atrapasoños sostén o destino do teu futuro.

Nos fixemos o noso atrapasoños para poñer na nosa habitación e seguir a tradición india. A continuación tes as instruccións para ver como se fai. Ánimo, é moi sinxelo e divertido!

ATRAPASUEÑOS
 
aladin