martes, 16 de junio de 2009

REBELIÓN INDIA/GRANDES XEFES

Como vivir nas reservas era moi duro foron xurdindo XEFES que animaron aos guerreios a rebelarse, por exemplo Lobo Pequeno que era o Xefe dos Cheyennes do norte. En 1.877 o goberno moveo ao grupo a unha reserva. En setembro de 1878 Lobo Pequeno colleu a 350 indios e decidiron camiñar máis de 650km de volta ao seu fogar. Foron alcanzados pola cabalería no camiño e obligados a rendirse en marzo de 1879.


Gerónimo foi un apache que se negou a aceptar a confinación do seu pobo nunha reserva. Resisitiu nas montañas cun grupo de guerreiros ata que en 1.886 aceptou as condicións de rendición. A pesar das promesas do goberno federal nunca o deixaron voltar ao seu fogar.

Durante moito tempo foi considerado coma un simple salvaxe sanguinario pero despois idealizárono e pasou a ser unha especie de profeta indio.


No hay comentarios:

 
aladin