viernes, 31 de julio de 2009

PROXECTO IMOS AO OESTE ( GO WEST WILD AND FREE), SALVAXE E LIBRE


En Setembro, a volta das vacacións, imos percorrrer o oeste americano cos seus vaqueiros, sheriffs, saloons, rodeos,bailes, música country... e tamén algúns malvados.

Agora que tes tempo, podes ir lendo este libro: UN ESPAÑOL NO OESTE AMERICANO de Juan José Espejo, Editorial Anaya, recomendado para lectores de 9 a 12 anos.

E para que vaias quentando motores, aparte da lectura do libro, podes ver este video de Rednex cunha canción preciosa titulada Wild and Free, salvaxe e libre, que será a que nos vai a acompañar durante o proxecto IMOS AO OESTE (GO WEST)


Si xa sei que hai unha conta atrás para que se abra unha porta máxica e, por certo, xa adiviñaches que día vai a acontecer esto?

Coa axuda dos rapaces do terceiro ciclo, os maiores do cole, que irán preparando moitas sorpresas para vós, será posible que esa porta se abra (non imaxinades a donde nos vai levar...).

domingo, 19 de julio de 2009

NOVOS AMIGOS

Ola a tod@s! Xa sei que estamos de vacacións pero quero facer esta entrada especial adicada a uns amig@s que nos acompañan dende hai pouco dende o COLEXIO CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS de
Celeiro-Viveiro-Lugo.

No blogue da súa biblioteca teñen un enlace a "LA COMETA DE LOS CUENTOS" e no blogue do seu coro outro a "CONTADORA DE SOÑOS".

Penso que a mellor maneira de darvos as grazas e coa axuda dun compositor excelente YANNI, un xenio da música que mezcla neste concerto, do que vos deixo aquí unha mostra, instrumentos e música de distintas culturas do mundo por eso, a min persoalmente, me encanta (xa sabedes que son unha namorada das culturas) e creo que lle gustará, sobre todo, aos seguidores do voso blogue do coro.

Bicos para tod@s e a seguir disfrutando das vacacións!
 
aladin