domingo, 30 de agosto de 2009

WELCOME TO WILD WEST/BENVIDOS AO SALVAXE OESTE

A zona que abarca dende as Grandes chairas e as montañas Rocosas e que se extende ao oeste do Río Mississipi hacia a costa do pacífico chámase Salvaxe Oeste.

Terra orixinaria dos nativos norteamericanos foi ocupada pouco a pouco por pioneiros e colonos que foron expandíndose por este territorio.

A viaxe ata aquí estaba chea de perigos (animais salvaxes, os indios que defendían a súa terra, bandidos...)


Image Hosted by ImageShack.us
Neste video cóntase a historia dunha parella, Enma e Bill, que vai ao Oeste ao pobo de Barrié City e as aventuras que lle pasan polo camiño. Fíxate ben nos problemas cos que se atopan.

jueves, 27 de agosto de 2009

EDUCACIÓN MULTICULTURAL


Que pouco queda para comenzar un novo curso! Volveremos a convivir, a traballar xuntos, a cumplir soños... e a aprender unha morea de cousas!

Seguiremos traballando por unha educación multicultural.

domingo, 23 de agosto de 2009

GREETINGS TO CALIFORNIA

During the month of August we had many visits from this part of the world. Thank you for your interest and good luck.

Durante o mes de Agosto tivemos moitas visitas dende California, EEUU (cuna dos nativos norteamericanos e de parte da historia do oeste norteamericano). Gracias polo voso interese e boa sorte

miércoles, 19 de agosto de 2009

GERONIMO STILTON VAI AO OESTE

O rato máis querido polos nen@s: GERÓNIMO STILTON, fixo unha viaxe especial ao salvaxe oeste.

Neste libro vivirá aventuras fantásticas na cidade de CACTUS CITY. Aquí coñecerá entre outros ao doctor do pobo Donovan, ao enterrador Boris, a Buck o ferreiro...
Image Hosted by ImageShack.us

No saloon pedirá manzanilla, enfrentaráse a un bandido, coñecerá a Medianoche o xefe dos pistoleiros, paseará polo Gran Cañón, aprenderá a cociñar a comida dos vaqueiros, tamén tocará o banjo... e non te conto máis para que leas o libro con máis ganas.

Se che apetece coñecer máis sobre GERÓNIMO STILTON e xogar con él pica na seguinte imaxe

martes, 11 de agosto de 2009

COWBOY TALE/CUENTO VAQUERO/CONTO DE VAQUEIROS

Dende o blogue TI TAMÉN CONTAS dos nen@s do Ceip Mestres Goldar, ven este precioso agasallo porque aquí contanse cousas importantes e tod@s aprendemos moito. Moitas grazas, fíxome moitísima ilusión.

Que cousa máis importante que valorar cada segundo, valorar a amizade, valorar este agasallo e vivir cada momento coma se fora o máis preciado diamante que se nos ofrece.

Escoita este conto de vaqueiros titulado "APROVEITA A OPORTUNIDADE" e sigue aprendendo.

Bicos para todos (este agasallo aparecerá en premios e está adicado, coma sempre, a tod@s aqueles que comparten os seus soños a través dun blogue)


(Recollido de Podcast.com cuentos infantiles)

sábado, 8 de agosto de 2009

BAILANDO NO OESTE


Para os nosos amig@s do RECANTO DE MIK (Biblioteca do Ceip Mestres Goldar) e para todos os nen@s do blogue TI TAMÉN CONTAS, do mesmo cole, encantada de estar con vós e grazas por estar aquí. Espero que Mik disfrute moito bailando e que non se maree con tanta volta. (Se picas na imaxe da dereita coñecerás ao rato Mik)



Recollido de guiainfantil.com
 
aladin