martes, 29 de septiembre de 2009

CONTOS DE COWBOYS DO OESTE PRESENTADOS POLOS COWBOYS DO BARRIÉ

Nunca te preguntaches por que as vacas son negras e brancas? Pois os cowboys do Rancho Xalleiro vancho explicar co seu conto O COWBOY E AS VACAS.

E os cowboys do Rancho Manchado van a ensinarte unha canción de vaqueiros con este conto tan divertido "O COWBOY E AS NUBES".Veña! a pasalo ben!

E aquí tes a canción que cantaron os cowboys "OH SUSANA"

sábado, 26 de septiembre de 2009

RODEO NORTEAMERICANO

Aparte de traballar co gando os cowboys debían de domar cabalos e esto era moi difícil. Comenzaron a facer competicións entre eles e así xurdiu un deporte: O RODEO.

Os rodeos son seguidos por moitísima xente, podes imaxinarte a 30 millóns de persoas asistindo a festivais realizados no oeste de EEUU?

Serías capaz ti de facer as probas que se realizan?:

* CABALO CON MONTURA: sentarse durante 8 segundos sobre un cabalo (non está quieto claro).

* DERRIBO DO NOVILLO: o xinete debe derribar a un novillo (grande e fermoso).
Image Hosted by ImageShack.us

* MONTA DE TOURO: peligro peligro, a ver o que aguantan enrriba dun touro.
Image Hosted by ImageShack.us

Neste video acompañado pola música country de COYOTE DANCE tes unhas imáxenes espectaculares dun rodeo.



Este deporte é criticado polos defensores dos dereitos dos animais.

OS COWBOYS DO RANCHO GRANDE CONTAN UN CONTO: "O RODEO DO TÍO KARL"

miércoles, 23 de septiembre de 2009

OS RANCHOS

Os ranchos son os lugares donde unha familia (rancheiros) se establece e ten a súa vivenda mentras se dedican a coidar cabalos, vacas...

Xa vos comentei que os cowboys traballan nos ranchos, e para os rancheiros, e os problemas que tiñan cos cuatreiros.

No pobo de Barrié City hai 3 ranchos:

O RANCHO XALLEIRO
(4ºA) , O RANCHO GRANDE (4ºB) e O RANCHO MANCHADO (4ºC) e aquí tedes os seus cowboys.



A subsistencia dos ranchos dependía en parte do gando e dos beneficios obtidos coa súa venta. Se ao gando lle pasaba algo, (enfermedades, roubos, accidentes) perdían cartos. Se tiñan que pedir préstamos ao banco e non os podían pagar podían perder todo.

Nesta película que vas a ver a continuación cóntase a historia dun rancho e dunhas vacas vaqueiras que fan todo o posible por axudar a conservar a súa casa. Espero que te guste e o que é máis importante, que aprendas moito.


lunes, 21 de septiembre de 2009

TEXAS LONGHORN






Image Hosted by ImageShack.us

Texas Longhorn ou conilargos ( os seus cornos podían chegar a medir 2 metros) era o gando típico do territorio de Texas.

A súa carne consumíase na costa este e en Europa.

Os rancheiros que se adicaban a cría destes animais debían de marcar o gando xa que o sistema de rancho aberto facía que podían mezclarse cos de outros gandeiros, cos problemas que eso traía. Image Hosted by ImageShack.us

Criábanse en liberdade e eran capturados polos vaqueiros para levalos as cidades gandeiras e de ahí en tren a costa este.
Image Hosted by ImageShack.us



Neste ambiente xurdiron os cuatreiros (ladróns de gando) que roubaban becerros e alteraban as marcas. O castigo por roubar gando era morrer na forca.
Image Hosted by ImageShack.us

Os grandes rancheiros tiveron que unirse e contratar detectives ou pistoleiros para defender os seus intereses.

domingo, 20 de septiembre de 2009

AN AMERICAN TAIL: FIEVEL GO WEST/UN CONTO AMERICANO: FIEVEL NO OESTE

Fievel é un simpático rato que chegou coa súa familia a EEUU dende Rusia.

Decidiron ir a o oeste, un lugar máis cálido onde os gatos son amigos dos ratos

Fievel vivirá moitas aventuras (viaxa en tren, pérdese no deserto, atopa bandidos, persecucións no saloon, un sheriff amigo, indios...) e é o único que non se cre ese conto absurdo dos gatos.

Aquí tes unha mostra das súas aventuras


Disfruta coa súa viaxe!

(película en inglés para que aprendas moito máis)

viernes, 18 de septiembre de 2009

LUCKY LUKE COWBOY DO OESTE


Lucky Luke é o protagonista dunha serie de historietas sobre o mítico oeste, máis rápido que a súa propia sombra, enfróntase ao crimen e a inxustiza, detén foraxidos, escolta caravanas de pioneiros e exerce de mediador en misións do goberno de EEUU.
O seu cabalo chámase JOLLY JUMPER, ten un can Image Hosted by ImageShack.usde nome RAN TANPLAN e loitou contra os irmáns Dalton, uns famosos foraxidos. Image Hosted by ImageShack.us.

Anímote a ler os seus comics, son unha aventura apasionante!

miércoles, 16 de septiembre de 2009

COWBOYS

Para transportar o gando, dende Texas ao norte do territorio, necesitábanse xinetes diestros e resistentes para garantizar o traslado do rebaño. Estes eran os COWBOYS.

Estaban ao servizo dos gandeiros, eran antigos soldados, afroamericanos, mexicanos, etc., na súa maior parte xóvenes e analfabetos.















Image Hosted by ImageShack.us
As rutas de transporte campo a través eran duras, facían de 16 a 24 km diarios e había moitos perigos. Ganaban 1 dolar ao día (70cm de euro). Os cartos solían gastálos no Saloon.



Se picas nesta imaxe poderás divertirte facendo un divertido puzzle dun cowboy.

domingo, 13 de septiembre de 2009

WANTED!

BÚSCASE VIVO OU MORTO RECOMPENSA UN MILLÓN DE DÓLARES!
Image Hosted by ImageShack.us
Homes pistoleiros forxaron a súa lenda de malvados e os carteis, poñendo precio a súa vida, aparecían por todas partes.

Os máis coñecidos son Billy el Niño, Jesse James e os irmáns Dalton. (Se picas na imaxe de wanted coñecerás máis sobre os bandidos e famosos do oeste).

Por certo, neste video, tes a historia dun pistoleiro buscado por un cazarecompensas pero, as veces, as apariencias engañan.

jueves, 10 de septiembre de 2009

DUELOS NO OESTE

O castigo por alterar a convivencia na comunidade era o desprecio público e o infractor era desterrado.

O "duelo" era a maneira de solucionar diferencias. Pero disparar por detrás, facelo de lonxe ou preparar unha emboscada era considerado unha cobardía ademáis de ser ilegal.






Preparate a vivir un duelo orixinal!


lunes, 7 de septiembre de 2009

O SHERIFF

Se ías ao Oeste deberías de facelo levando unha arma (para utilizar na túa defensa), xa que alí chegaba toda clase de xente, entre eles delincuentes e marxinados moi violentos e dipostos a infrinxir a lei. Polo tanto as armas abundaban.

Por elo, para facer respectar a lei nos poboados, xurdiu a figura do sheriff, ou comisario, que era elexido por voto popular. Tamén existía un corpo de alguaciles (marshals).

A duración do empleo do sheriff era de 4 anos tiñan asistentes chamados DEPUTY.

Preséntote a un sheriff moi simpático cunha "arma" especial.

sábado, 5 de septiembre de 2009

UN ZUME DE TARÁNTULA! E UN CAN-CAN

Un lugar importante dentro dun pobo do oeste era o SALOON. Era o lugar de reunión onde se aproveitaba para xogar as cartas, charlar e beber mezclas moi raras como o zume de tarántula!

No saloon non se podía rexeitar unha invitación .

As mulleres non podían entrar! Só sendo unha bailarina podías acceder a él. A continuación tes unha exhibición dun grupo de bailarinas e o seu baile típico o CANCÁN ou Can-Can.

miércoles, 2 de septiembre de 2009

UN POBOADO DO OESTE

Enma e Bill chegaron por fin a Barrié City, un pobo coma outros do típico oeste.

Por norma xeral as pequenas poboacións eran moi tranquilas porque os seus habitantes querían asentarse e prosperar. Os forasteiros tíñanse por honrados, a no ser que a súa conducta dixera o contrario.







Normalmente nun pobo había un saloon, a oficina do sheriff e cárcere, o banco, o almacén de víveres, a casa do doutor, a igrexa, a casa do ferreiro ... As casas estaban construídas con madeira e a calzada era o pó do camiño.

Para que te fagas unha idea aquí tes unha réplica.
 
aladin