sábado, 31 de octubre de 2009

CEREMONIA DRUIDA





En Samaín os druidas, sacerdotes celtas, facían un ritual: prendían lumes sagrados frotando polas de serbal e de teixo. Logo, deste lume, alimentábanse todas as lareiras das casas. Servía para axudalos a pasar o tempo de sombras e protexer e guiar as ánimas.
No colexio celebramos unha ceremonia druida con Fernando como druida maior (GRAZAS FERNANDO pola túa ilusión e esforzo para que fora posible).



ATA O VINDEIRO SAMAIN.
QUE O INVERNO SEXA PROPICIO!


jueves, 29 de octubre de 2009

SAMAIN/CONTO DOS NEN@S DE 5ºB "A BROMA DA BRUXA"



Bule bule bule bule bailan, bailan os morcegos, bailan, bailan esqueletes, sapos, monstros e morcegos... Tumba por alí, tumba por alá... Ai! Que ben que canto!. Unha bruxa moi especial ensinounos dúas cancións no conto de hoxe. Mira que é divertida!

Se queres ver o que pasou na Biblioteca vas ter que cantar conmigo amiguiñ@.
Para que te rías un pouquiño coa bruxa le o contiño.


E agora canta amodiño e despaciño, tes dúas cancións non te trabuques coa emoción. Ja, ja, ja!


Agradecementos ao RECANTO DE MIK da Biblioteca do Ceip Mestres Goldar en Vigo por facilitar e elaborar estes maravillosos videos, ao grupo MAMA CABRA polas súas cancións e a todos os nenos que participaron ao longo desta semana nas lecturas de medo da Biblioteca. Grazas sodes o mellor!

SAMAIN/CONTO DOS NENOS DE 5ºA "AS GAFAS MÁXICAS"


Mirade! Mirade! Por aquí hai un ollo perdido! Non será voso? Palpade ben os vosos ollos por si vos falta algún!

Claro!É que o conto que se contou desta vez na Biblioteca vai de ollos ou algo así...

Bo! Será mellor que vexades o que aconteceu e logo que o leades que eu mareome mirando para este ollo!




E se pos as gafas máxicas ti que ves aqui?

miércoles, 28 de octubre de 2009

SAMAIN/UN CONTO DA MÁXICA GALICIA "O CABALO BLANCO DO DEMO"

Ola a todos!. Traste e Zeltia deixanme a mín contarvos a historia do conto de hoxe na Biblioteca.
Image Hosted by ImageShack.us

Sabedes? Cando eu era pequena miña avoa contábame moitos contos de cousas que lle pasaban a ela e ao seus veciños cando era moza.

Fernando vainos contar un conto destes típicos da nosa aldea, da nosa Galicia porque xa sabedes GALICIA TEN MAXIA a que si?


Agora a disfrutar todos deste conto que de seguro a algún maior lle soa moito, moito, moito.

martes, 27 de octubre de 2009

SAMAIN/CONTO DOS NEN@S DE 5ºB: O TRASNO QUE LLE ROÍA OS PÉS AOS NENOS


Que chachi! Os nen@s de 5ºB contan a historia dun trasno que fai máis trastadas ca min. Ole! Ole!

Ainoa foi a encargada de ler, na Biblioteca, este conto tan divertido.

Pero o que os rapaces que asistiron non sabían era que o resto dos seus compañeiros estaban sentados entre eles para, ao final do conto, morderlles os pés a tod@s.

Ja, ja... que ben o pasamos. Como me gustan as trastadas!


Disfruta ti tamén co conto.



E que? Apeteceche bailar conmigo a danza dos gnomos?

lunes, 26 de octubre de 2009

SAMAIN/CONTO DOS NEN@S DE 5ºC: A BRUXA QUE ODIABA O AZUCRE



Mmmm! Que rica está esta piruleta! Sabes que hoxe na Biblioteca Elena de 5ºC contou un conto dunha bruxa que odiaba o azucre e quería acabar con él?

Mira que guapa estaba, fixoo fenomenal e ao final repartiu terróns de azúcar cos seus axudantes Ismael, María e Yessica.



AQUI TES O CONTO, DISFRUTAO!

Ah! e cantamos a canción QUERO UN MUNDO DE CARAMELO!


VIVA O AZUCRE! Menos mal que a bruxa non conseguiu acabar con él!

domingo, 25 de octubre de 2009

AS CATRO ESTACIÓNS DO ANO CELTA E O SAMAÍN


Ola! Ola! A vida dos celtas latexaba ao ritmo das 4 estacións do ano e en todas celebraban festas importantes, ahí vos van.




Eu quero contarte que agora que vai vir Samain, para celebrálo, no colexio fixemos unha exposición cos medo libros realizados polos nenos de 5º de primaria. Por certo... a que estou guapo?


Parabéns para todo@s polo seu traballo, quedou estupendo!

E ATENCIÓN A TOD@S ESTA SEMANA MEDO LECTURAS NA BIBILIOTECA. CADA DÍA UN CONTO. CORREDE A COLLER SITIO!

viernes, 23 de octubre de 2009

OS CELTAS. QUEN SON?

Sabias que...
Houbo un tempo en que os bosques eran sagrados e a vida dos seres humanos latexaba ao ritmo das estacións?.

En Europa, os últimos representantes desa época foron os celtas. Traigoche este vídeo para que os coñezas en vivo e en directo!


video

Pois eu vouche contar máis sobre a vida e os costumes dos antigos celtas, le e aprende!

miércoles, 21 de octubre de 2009

O ESPÍRITO DO BOSQUE, A PORTA MÁXICA E UNS AMIGOS MÁXICOS

Os conxuros máxicos fixeron efecto e aquí, no medio dun bosque encantado, tedes a nosa porta: a porta máxica dun mundo antigo. A que é bonita?



Ten un símbolo, O TRISKELE, que ten un segredo. Queredes que volo conte? Pois veu un caracol dende o Ceip Santiago de Oliveira en Ponteareas para axudarnos a facelo. Que ben nos quedou!



E o máis importante a porta trae uns amigos máxicos . Pero será mellor que se presenten eles.



Ola a tod@s! Chámome Traste. Son un trasno e teño unha compañeira guapísima. E si, si estás vendo ben, a miña mascota é un dragón de nome Churrusco, é pequeno pero matón.


Ola amores! Eu son Zeltia e estou moi enfadada con Traste porque non me deixou presentar primeiro pero claro, que se pode esperar dun trasno?

Bicos máxicos para tod@s e preparádevos a vivir unhas aventuras apaixonantes!

martes, 20 de octubre de 2009

CONXURO MÁXICO (7º día)

BRIGANTIA, CERNUNNOS Image Hosted by ImageShack.us



BELENOS E TOUTATIS Image Hosted by ImageShack.us


DEUSES ANTIGOS Image Hosted by ImageShack.us


QUE O VOSO ALENTO Image Hosted by ImageShack.us


TRAIGA A MAXIA Image Hosted by ImageShack.us


AO NOSO TEMPO Image Hosted by ImageShack.us


E AOS NOSOS ANTERGOSImage Hosted by ImageShack.us


DE MILES DE ANOS Image Hosted by ImageShack.us


AO NOSO FOGAR Image Hosted by ImageShack.us


DE BREOGÁN Image Hosted by ImageShack.us

lunes, 19 de octubre de 2009

CONXURO MÁXICO (6º día)

DRUIDAS, CARBALLOS,Image Hosted by ImageShack.us

MONTAÑAS E MUÉRDAGO.

SACERDOTES BRANCOS

NATUREZA SAGRADA
Image Hosted by ImageShack.us

A LUZ DO SOL

A RAPIDEZ DO RAIO

A FIRMEZA DAS MONTAÑAS

E A VIDA DAS FOLLAS

REFORZA AOS GUIAS QUE ACHEGAN A PORTA
Image Hosted by ImageShack.us
 
aladin