miércoles, 21 de octubre de 2009

O ESPÍRITO DO BOSQUE, A PORTA MÁXICA E UNS AMIGOS MÁXICOS

Os conxuros máxicos fixeron efecto e aquí, no medio dun bosque encantado, tedes a nosa porta: a porta máxica dun mundo antigo. A que é bonita?



Ten un símbolo, O TRISKELE, que ten un segredo. Queredes que volo conte? Pois veu un caracol dende o Ceip Santiago de Oliveira en Ponteareas para axudarnos a facelo. Que ben nos quedou!



E o máis importante a porta trae uns amigos máxicos . Pero será mellor que se presenten eles.



Ola a tod@s! Chámome Traste. Son un trasno e teño unha compañeira guapísima. E si, si estás vendo ben, a miña mascota é un dragón de nome Churrusco, é pequeno pero matón.


Ola amores! Eu son Zeltia e estou moi enfadada con Traste porque non me deixou presentar primeiro pero claro, que se pode esperar dun trasno?

Bicos máxicos para tod@s e preparádevos a vivir unhas aventuras apaixonantes!

9 comentarios:

Anónimo dijo...

os nenos de 2º A están moi contentos de conocervos, queremosvos moito amigos. Gustanos o blog, e os tres caracois do triskele. Bicos máxicos.

Anónimo dijo...

Amigos maáxicos sodes un pouco trastes pero moi guapos. Un saúdo de 3ºB

Anónimo dijo...

Amigos máxicos sodes moi trastes pero vale a pena porque sabemos que nos ides ensinar cousas moi divertidas. De parte de 3ºA.

Anónimo dijo...

ola mari que tal son sandra a ke iva antes e 6ºb k e tal? seguro k o pasade sxenial por ay

Anónimo dijo...

sandra
e que morro ahora tes a porta mais chula

Anónimo dijo...

a porta máxica é unha chulada, por fa non nos fagades máis trastadas. Bicos máxicos de parte de 4ºC

Anónimo dijo...

Os nenos de 2ºB encantounos esta porta, amigos máxicos ser bos.

Anónimo dijo...

Madre mia que cantidade de trastadas nos fixeron a nós estes amigos máxicos, ata se nos parou o ordenador e tivemos que ir a por outro. Clase de 4ºA

Anónimo dijo...

os nenos de 4ºB dámosvos a benvida. E parade coas vosas trastadas que a profe xa lle tedes a cabeza tola.

 
aladin