lunes, 30 de noviembre de 2009

CONTACONTOS CON MAXIA GALEGA

Ola a tod@s! Hoxe traigo unha noticia estupenda: viñeron ao cole uns contacontos moi especiais e con sabor galego.

Esto forma parte do proxecto EU ESCOITO.., TI LES.., ÉL CONTA... EN GALEGO.(Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, Equipo de Dinamización da Biblioteca)

Pero mira, mira a ver se recoñeces a algún:


CONTACONTOS CON MAXIA on PhotoPeach



E como a nosa lingua tamén está animada, aquí tes un precioso video sobre o conto MEIGALLOS, SOMBRAS E PAPAS DE ARROZ baseado en textos de Eladio Rodríguez González.


"Cansa do escaso resultado da medicina convencional, unha nai decide pedirlle axuda á Meiga do Castro para refacer o seu fillo raquítico. A Meiga do Castro axudará -previo pago dun porco- a curar a doenza do rapaz. Pero axiña se verá que as cousas non son como parecen..."


Si, xa sei que che encantou. Non te preocupes esta semana haberá máis contos en lingua animada!

jueves, 26 de noviembre de 2009

A SABIDURIA DOS DRUIDAS



Os romanos foron conquistando as terras donde vivían os celtas e o seu obxectivo principal era desfacerse dos druidas porque sabían que sin os seus guías os celtas caerían.


Ao desaparecer os druídas perdéronse miles de anos de sabiduría só que grazas a un segredo ,ésta, chegou ata ti.


Os rapaces de 6ºA son os encargados de contarcho. Le e comprenderás.

Recorda sempre a mensaxe dos druidas: Pinta un mundo de cores.

lunes, 23 de noviembre de 2009

AS RUNAS CELTAS


Carai un druida vate mirando nas runas díxome que ía pasar uns días de vacacións e aquí estou! Agora falta Zeltia a ver si se anima a comer unha hamburguesa de landras conmigo.

Ah! Por certo non te preocupes que a miña caravana funciona con pó máxico, así que non contamina este bosque maravilloso.

Pero... que non sabes o que son as runas celtas? Pois eran uns símbolos utilizados polos mestres e sabios de culturas ancestrais, coma os druidas, para consultar dende temas espirituais, sentimentais a políticos. Hai 25 runas diferentes que abarcan todo tipo de respostas.

Os rapaces trouxeron 25 pedriñas, escribiron nelas os símbolos, fixeron a bolsa para gardalas e, xogando, aprenderon a adiviñar. Qué divertido!


viernes, 20 de noviembre de 2009

MAGOSTO CREATIVO

Os celtas celebraban a festa do Magosto nos claros do bosque. Recollían castañas que comían asadas ou ben facían fariña das castañas secas ou "pilongas" para alimentarse durante todo o ano. Recordade que tamén se alimentaban das landras, coas que facían unha fariña para amasar pan.

Nós empregamos a imaxinación e a creatividade e elaboramos unhas manualidades preciosas con froitos do outono para celebrar o noso Magosto.

MAGOSTO on PhotoPeach
E aquí tedes a preciosa poesía visual de 3ºA, BOLBORETA DE OUTONO(Nadia). Parabéns a todos polo voso traballo!

miércoles, 18 de noviembre de 2009

CASTAÑAS GALEGAS


Ahhh.. que a gustiño se está aquí! É que necesito tranquilidade para explicarte que o próximo venres imos celebrar O MAGOSTO no colexio, e preparádevos o druida Xaimilius díxome que ía chover!.

Como quero que antes aprendas moitas cousas aqui che vai este video maravilloso que fala das castañas galegas como as do noso mural, a que quedou chulo?

lunes, 16 de noviembre de 2009

A NATUREZA É SABIA E ELA COIDA DE NÓS: AS PLANTAS MENCIÑAIS

Aqui estou tocando na hamonica para que as árbores e plantas estean contentas e sempre estean verdes e preciosas.

Hoxe imos falar d
as plantas menciñais que empregaban os druidas vates para curar as persoas e facer as súas pócimas.

Na actualidade tamen empregamos a menciña natural para curar as nosas doenzas.


Agora vas coñecer algunhas das plantas menciñais que hai en Galicia e tamén o que fixemos na aula referente a este tema.


Image Hosted by ImageShack.us


E recorda TI ERES PARTE DO MUNDO-DESCUBRE O VERDE.Image Hosted by ImageShack.us

viernes, 13 de noviembre de 2009

O QUE DEBES SABER SOBRE OS DRUIDAS (O SEGREDO DO CARBALLO)

Mirademe rodeada de muérdago e cun moucho blanco! Hoxe ides a aprender algo moi importante sobre esta planta. Adiante amiguiños!

Sabedes? para os druidas o carballo é a árbore sagrada máis importante porque nel medra a planta do muérdago, de grandes propiedades curativas, era recolectada en ceremonias especiais cunha fouce de ouro procurando que non tocase o chan.Os nen@s de 4º queren contarte un conto sobre a oríxe deste costume especial.

Image Hosted by ImageShack.us
Disfruta e aprende a canción da fada NUBE e a fada Luz.

COIDA A NATUREZAAAAAA!

martes, 10 de noviembre de 2009

QUE PODEMOS ATOPAR NUN BOSQUE ENCANTADO? O MONSTRUO DO TEMPO


Este ano participamos no proxecto REDEIRAS que é un caderno de Poesía Experimental, feito por un mar de
"mestras-redeiras" que van texendo con imaxes, con palabras, con silencios, con complicidade... anaquiños do sentir das nosas nenas e nenos.

Forma parte dun Proxecto de Normalización e Dinamización Lingüística entre centros, no que participamos xa máis de 17 centros galegos.




Jo, jo, jo...que podemos atopar dentro dun bosque encantado?

Esto é o que pensan os nenos de 5ºB:
Un monstruo, o monstruo do tempo!.(poesía experimental)

E... que fai o tempo?











As veces pasa voando...

Outras veces vai lento... moi lento...

O tempo cura...

E o tempo dirá.

viernes, 6 de noviembre de 2009

O QUE DEBES SABER SOBRE OS DRUIDAS (O ESPÍRITO DO BOSQUE)



Olaaaaa!
A ver, que vos teño eu que contar? Ai si... pois que hai tres clases de druidas!

Os chamados DRUIDAS son sacerdotes, profesores, embaixadores, sabios.

Os VATES que son adiviños, médicos, físicos.

E os BARDOS grandes poetas e músicos.

Para os druidas todas ás arbores son sagradas, encántalles tocar as árbores, falar con elas e meditar baixo a súa sombra.

Ademáis, cren que os seres do bosque son os gardas dos segredos e que, cando entras nun, eles están a mirarte para ver como tratas o lugar donde viven.

Le con atención o seguinte conto e comprenderás mellor o seu mundo.




LEMBRA SEMPRE AS PALABRAS DA SABIA


OLLO! ERES CAPAZ DE CONTESTAR ESTA PREGUNTA?

que clase de Druida é o protagonista do conto, druida, vate ou bardo?

martes, 3 de noviembre de 2009

QUE APRENDICHES DO SAMAÍN?

Despois de vivir este Samaín tan especial, comproba os teu coñecementos neste xogo tan divertido que nos ven dos nosos amigos de O RECANTO DE MIK. PREME NA IMAXE PARA XOGAR.
 
aladin