miércoles, 14 de enero de 2009

30 DE XANEIRO DIA MUNDIAL DA PAZ


Os alumnos/as de 6º estamos traballando tres grandes personaxes de África que traballan pola paz: JANE GOODALL, WANGARI MAATHAI e NELSON MANDELA. Cada un a súa maneira son un exemplo para todos. O primeiro que vos presentamos é JANE GOODALL esperamos que vos guste a súa historia e que aprendades moito, eso espera 6ºA.

JANE GOODALL MENSAXEIRA POLA PAZ DA ONU

Jane Goodall traballa actívamente en África para combatir a extinción dos chimpancés na República do Congo. No santuario de Tchimpounga viven 140 chimpancés rescatados dunha morte segura. Mensaxeira pola paz da ONU, Dama do Imperio Británico, recibiu o Premio Príncipe De Asturias no ano 2003 porque os seus traballos constitúen unha aportación científica para comprender as raíces do comportamento e a cultura humana e pola proteccion da vida salvaxe en África.


Aprende moito máis con ela...

CHIMPAMIG@S


Chimpamig@s é un programa do instituto de Jane Goodall no que podes apadriñar a un chimpancé e así axudar a costosa manutención e coidados veterinarios de todos. Nos apadriñamos a Kudia que significa "comer" na lingua local. Se queres coñecer máis sobre ela mira o vídeo coa súa historia.


 
aladin