domingo, 18 de enero de 2009

DIA INTERNACIONAL DA PAZ E NON VIOLENCIA

Rematamos a nosa serie de constructores de Paz en África (xa vos presentamos a JANE GOODALL e NELSON MANDELA) con WANGARI MAATHAI a muller que planta árbores, presentada polos alumnos de 6ºC e que mellor que facelo coa imaxe da nosa árbore galega: O CASTAÑO, neste precioso collage realizado por Rosanna de 6ºC. Esperamos que aprendades moitas cousas con todo o que vos temos preparado, murais, presentación en power point, vídeos, xogos, fotos... e recordade PLANTADE ÁRBORES, COIDADE A TERRA, COIDADE O NOSO PLANETA.

WANGARI MAATHAI "PREMIO NOBEL DA PAZ 2004)


A ecoloxista keniana Wangari Maathai, primeira muller africana en recibir un nobel pola súa contribución ao desenrolo sostible, a democracia e a paz é a fundadora e coordinadora do Movemento Cinturón Verde, grazas a cuia actuación xa se plantaron máis de 30 millóns de árbores en Kenia.
Obtivo recoñecemento internacional cando movilizou as mulleres de Kenia para que plantaran árbores, derribou ao dictador corrupto do país e converteuse na primeira muller africana en gañar o Premio Nobel da Paz.
Palabras dela son: "TAFADHALIN TUPANDE MITI" (en suahili QUE TODOS NOS UNAMOS PARA PLANTAR ÁRBORES)


OS NENOS/AS DE 6º C RECOMENDAMOS LER ESTE LIBRO "CICLOCIRCO E A VIAXE DAS SEMILLAS" ONDE SE FALA DA VIDA DE WANGARI MAATHAI.

ÁRBORES POLA PAZ (PLANTAMOS UN OLIVO NO CENTRO CO NOME DE MAATHAI)

Click to play PLANTAMOS OLIVO
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a Smilebox slideshow

TREE NATION (1 PLANETA - 1 CORAZÓN - 8 MILLÓNS DE ÁRBORES)

TREE NATION,é unha comunidade virtual onde podes mercar a túa árbore que corresponde a un verdadeiro e feliz árbore que se planta para tí en NIGER para conquerir os seguíntes obxectivos:
1.- Prever a desertización mellorando o medio ambiente
2.- Beneficiar as comunidades locais en canto na sua vida cotiá
3.- Reintroducir especies vexetais en perigo de extinción.
Unha vez mercada a árbore que desexas poderás ver o estado do mesmo nun divertido mapa. Os alumnos/as de 6º C mercamos unha acacia de SENEGAL.

SE COIDAS A TERRA ELA COIDARÁ DE TÍ ( XOGO HONOLOKO, PARA APRENDER SOBRE A SAÚDE E MEDIO AMBIENTE )


 
aladin