miércoles, 4 de febrero de 2009

XOGANDO ENTENDÉMONOS: SERIE DE XOGOS AFRICANOS

Fai miles de anos nalgunha parte de África, alguen... quizais un neno ou unha nena entretívose en bucar unhas pedriñas que gardóu un rato na mán pois gustáballe telas así, tan suaves, pequenas e brancas. Enton tivo ganas de contalas, alinealas, saltar sobre elas e volvelas a contar... pronto outros nenos utilizarían a súa imaxinación con outras pedras e materiais. Dende aquel remoto tempo e ata agora, en calquera aldea, cidade, jungla, sabana, estepa, montaña ou deserto, o ser humano entrega largas horas da súa infancia ao acontecemento que mellor o define coma ser humano: XOGAR.
A continuación tedes catro xogos africanos, hai moitísimos, pero estes son estupendos, aos nenos encantáronlles e divertíronse moitísimo. Espero que tomedes nota e no recreo xoguedes con eles. Os maiores tamén que ben se divertían mirando para nós mentras xogabamos, porque no fondo todos somos nenos/as e encántanos xogar. Por certo o primeiro debuxo é de CLARA de 2ºc e o último de LARA tamén de 2ºc.



XOGO AFRICANO 1: BABUCHA. MARROCOS.




* Un xogador queda e colócase cas pernas abertas pisando cos pes unha línea trazada no chan.
* O resto sitúase detrás del e intentan lanzar por debaixo das pernas do primeiro a súa babucha (tenis, zapato, bota) o máis lonxe posible.
* Cando todos lanzaron o que queda tira a súa babucha, se consigue golpear unha babucha o dono dela ten que correr porque todos o van perseguir para golpealo cas súas (con coidado porque son tenis as babuchas son máis suaves e poden facelo pero nós non).
* Se o que queda non consigue golpear ningunha babucha entonces ahi que perseguilo a él.

XOGO AFRICANO 2: KOFFI-FONAN. COSTA DE MARFIL




* Fórmanse dous equipos, cada un deles sitúase na súa casa.
* Un dos equipos chámase kofi e o outro konan.
* Nunha zona que se denomina casa sitúase un neno/a que grita "Konan", os xogadores así chamados teñen que correr ao refuxio mentras os persigue o equipo kofi.
* Todo xogador tocado antes de alcanzar o refuxio é eliminado.
* O xogo prosigue alternando o nome dos equipos.
* Gaña o equipo que queda con máis xogadores.

XOGO AFRICANO 3: MAMBA.

A Mamba é un tipo de serpe grande africana, hai mambas verdes e negras e as dúas son venenosas.
* Unha persona é escollida como mamba.
* Debúxase no chan un cadrado grande.
* Todos os xogadores deben permanecer dentro do cadrado pero intentando alonxarse da mamba.
* A un sinal comeza o xogo.
* A serpe intenta coller aos xogadores. Cando un é collido únese a esta e ponse detrás dela cólléndoa pola cintura.
* Cada novo xogador que é tocado pola serpe añádese (desta maneira cada vez que a serpe come a alguen faise cada vez máis grande).
* Se un xogador sae do cadrado queda eliminado.
* Só a cabeza da serpe pode coller a un xogador, pero pode usar o corpo para encerralo e atrapalo. Os xogadores non poden cruzar o corpo da serpe.
* O xogo remata cando se colleu a todos excepto a un. O último que queda convértese na próxima Mamba e o xogo volve a empezar.

XOGO AFRICANO 4: MBUBE, MBUBE. ORIXE LESOTHO E SUDÁFRICA

IMBUBE é unha palabra zulú para "león". Neste xogo o león acecha ao IMPALA (un venado do sur de África).
* Todos os xogadores forman un círculo.
* Dos xogadores comezan o xogo. Un é o león e outro o impala.
*Véndanse os ollos dos dous e fáixelles dar voltas.
*Os xogadores no círculo comezan chamando ao león, "mbube,mbube"
* Mentras máis cerca está o impala do león máis forte e rápido o chaman e si o león está lonxe do impala baixan a voz.
* Si o león non colle ao impala dentro dun minuto un novo león é elexido. Se o león agarra ao impala, un novo impala é elexido.

A CONTADORA DE SOÑOS RECOMENDA LER O LIBRO "XOGOS DE ÁFRICA"


EDITORIAL TAKATUKA
AUTOR: VÁLEIRE kARPOUCHKO

África é terra de xogos. Aprende a facer dez xogos de estratexia e azar seleccionados entre os máis divertidos e antigos dos que aínda se xogan en África. Fabrícate tí mesmo os teus taboeiros de xogo e fai ou busca fichas de maneira divertida e sen apenas gastar.
 
aladin