domingo, 8 de febrero de 2009

ALIMENTOS DE ÁFRICA: O CACAO

Adiviña: choco chámome de nome, late o meu corazón, e o que non sepa o meu nome é un gran borricón.

Supoño que tod@as adiviñaredes que se trata do chocolate, pero ¿sabédes con qué producto se fai? Pois co cacao, un alimento que provén dunha árbore: O CACAOTERO; cuios froitos colgan do tronco e teñen entre 20 e 50 semillas.
O cacao veu de América e extendeuse por outras zonas tropicales. ¿Sabedes que a maior parte do cacao que se consume en Europa (máis do 70%) ven de África?, os principais países productores son Ghana, Nixeria, Camerún e Costa de Marfil.

Para a maioría dos recolectores do cacao ésta é a única fonte de ingresos, por eso é importante que se mire por un comercio xusto.

A continuación os nen@s de 4ºA preséntanvos un conto sobre o cacao, un vídeo coa súa historia, unha receita que está para chuparse os dedos, un maravilloso libro con olor a chocolate e unha película que fará a delicia de todos. Seguro que cando rematedes de ver todo non poderedes resistir a tentación de comer un gran cacho de chocolate. ¡Bo proveito!



A HISTORIA DO CACAO

OS NENOS/AS DE 4ºA PRESENTAN A RECEITA TARTA DE CHOCOLATE

Click to play PASTEL DE CHOCOLATE
Create your own photobook - Powered by Smilebox
Make a Smilebox photobook

A CONTADORA DE SOÑOS RECOMENDA O LIBRO: GERONIMO STILTON "REGRESO AO REINO DA FANTASÍA" O PRIMEIRO LIBRO DO MUNDO CON OLOR A CHOCOLATE

Acompaña a Geronimo Stilton ao Reino da Fantasía, atravesarás o apestoso país dos Orcos, o goloso país dos doces, o divertido país dos xoguetes, e o radiante país do ouro. Tócavos buscar o segredo da felicidade! ¡Ánimo, sorte na vosa aventura!

CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE

Charlíe Bucket é un neno dunha familia pobre que gaña un concurso, xunto con outros catro nenos/as, para disfrutar dunha visita a inmensa fábrica de chocolate dirixida por Willy Wonka. Se premes na imaxe poderás coñecer máis sobre esta película e ir a sección de xogos onde pasarás un rato divertido xogando na fábrica de chocolate máis especial do mundo.



 
aladin