domingo, 15 de febrero de 2009

OBRADOIRO DE ADORNOS CORPORAIS E ABALORIOS AFRICANOS


En toda África pintarse a cara e adornarse con colares é algo máis que ser coqueto xa que con eles proclámase a pertenza a un pobo, indícase o estado civil de quen os leva, o nacemento do primeiro fillo, o paso da infancia a edade adulta...Os adornos que teñen un fin ornamental (colares, brazaletes, diademas, pendientes, cinturóns...) lévannos tanto as mulleres coma os homes.
Os africanos realizan estos abalorios con materias de distinta natureza (semillas, flores, cunchas, pel, plumas, raíces, dentes de animais, pelo, pel de cebra, de serpe, etc)
Tamén se realizan con outros mateiais: pedras, cristais...


Os nen@s de 4º realizaron un obradoiro de abalorios africanos porque vanse disfrazar no festival do cole. Traballaron moito pero quedaron moi bonitos, realizáronnos con macarróns e barro branco e logo os pintaron. Aquí tedes o proceso e o resultado, pero o próximo venres veráse mellor cando teñan o seu disfraz completo.








FOTOS DE AFRICANOS CON ADORNOS CORPORAIS E MÁSCARAS (recollido www.africanceremonies.com)

OBRADOIRO DE MÁSCARAS AFRICANAS (DISFRAZ DE ANTROIDO)

As máscaras africanas auténticas no son trozos de madeira máis ou menos decorativos, senon símbolos relixiosos moi importantes na vida do pobo. Normalmente utilízanse en ritos agrarios, funerarios, festivos e de iniciación. No momento do baile a máscara protexe ao que a leva e o convirte noutro ser durante ese tempo. O portador da máscara debe ir vestido de maneira que non se lle recoñeza. Existen en África moitas máscaras diferentes.
Os alumn@s de 4º van ir disfrazados no entroido de african@s e realizaron tamén un obradoio de máscaras. Quedaron preciosas pero o mellor está por ver o venres día 20 cando celebremos o antroido no cole e vexades o resultado do seu espectacular disfraz.






POBO DOGON DANZANDO COAS SÚAS MÁSCARAS

MÁSCARAS AFRICANAS DE ANGOLA

 
aladin