domingo, 15 de marzo de 2009

VISITA DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ (LÚA DO SENEGAL)

Un paxariño díxome que a este autor maravilloso: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, que leva unha morea de libros escritos, gústalle que lle conten historias. Deste xeito, imos contarlle aquí a historia da súa visita ao noso colexio.

Querido amigo como agradecer o consello que lle diches ao rapaces sobre inventar historias: empezade sempre con un que pasaria se?; a orde que puseches para que fixeran preguntas, o interese que amosaron os rapaces, a ilusión con que levaron os libros a firmar...
Querido Inimigo, A escola de Piratas e 13 anos de Branca quedarán sempre no corazón dos nosos nen@s igoal que ti.
E agradecémosche a túa primicia do que será o teu próximo libro: LÚA DO SENEGAL (unha nena que chega a a Vigo o 15 de maio dende Senegal e ata o 15 de setembro, que comeza a escola, contas a súa historia, as súas inquietudes, a súa adaptación a un entorno descoñecido...)
Como ainda non saíu publicado a Contadora de Soños inventou a súa portada, espero que che guste e se pinchas en Lúa do Senegal vivirás unha bonita aventura nese país.
As fotos que veñen a continuación son un resume da túa visita, grazas por todo e sorte!




 
aladin