domingo, 22 de marzo de 2009

DERBAKE

Prepárate! Esta semana imos ir de viaxe a un país maravilloso onde utilizan este instrumento que se chama DERBAKE.

E que é o DERBAKE, pois un instrumento de percusión que se coloca entre as pernas e se golpea coas máns, está feito de barro cocido.

É importante que haxa sempre un entendemento entre a bailarina e o músico que toca o instrumento pois establécese entre eles un diálogo que fai que se acelere ou retarde o ritmo.

Neste vídeo que ven a continuación poderás ver o importante desta conexión.

Por certo, serás capaz de adiviñar o país da zona árabe de África do que imos aprender moitísimas cousas? Pista: empeza por M............



E agora divírtete con esta bailarina especial


E, que? xa sabes o país, pois déixao no teu comentario...
 
aladin