martes, 14 de abril de 2009

GOODBYE, ADEUS, SAYONARA, CIAO, AUREVOIR, ARRIVEDERCI, M'A SSALAMA, NAMASTÉ ÁFRICA NA AULA

Todo o bo acaba así que despedimos África con este video homenaxe con imáxenes dese país e algunhas das experiencias que realizamos na aula. A canción que escoitaredes acompañando a este vídeo titúlase ÁFRICA EN PE.

Na enquisa que fixemos durante estes últimos 15 días o que máis vos gustou de África foron as cancións e as películas de Duma, Kirikú e Azur e Asmar.

Traballo, ilusión, esforzo, colaboración e unhas ganas de aprender enormes pola vosa parte foi o que fixo posible que este proxecto de ÁFRICA NA AULA tivera tanto éxito. Eu so teño un soño: visitar en realidade ese país que percorremos de arriba abaixo sin pisalo... quen sabe ao mellor algún día... nunca se sabe o que pode acontecer na nosa vida...querrás acompañarme?

video

OBRA DE TEATRO TARZÁN, GRUPO FACE2FACE

Este martes fumos a sala multiusos de Santa Comba onde o grupo teatral FACE2FACE, unha compañía de teatro educativo, tiña prevista a representación de TARZÁN en inglés.

Pasámolo de maravilla, e o mellor e que houbo catro "extras" excepcionais: DANIEL de 2º A (Chita), Nerea de 4º A (Árbore e camareira), Nuria de 6ºC (cámara tv) e Iván de 6ºB (cazador).

Foi inha actuación extraordinaria, dende aquí felicitámolo grupo Face2Face, excelentes artistas que nos fixeron chorar coa risa. Grazas pola vosa actuación rapaces e esperamos que viñades máis por aquí. Se queredes saber máis sobre este grupo teatral pinchade na imaxe e veredes.

A continuación podedes ver neste video o ben que o pasamos mentras escoitades as cancións da obra I WANNA BE LIKE YOU e JUNGLE FEVER.

video
 
aladin