sábado, 25 de abril de 2009

QUE É UN TIPI?

Un tipi é unha tenda cónica feita de pel de bisonte, pintada con motivos importantes.
As mulleres eran as encargadas de coser entre 14 e 20 peles de bisonte para preparar unha lona de tipi, antes eliminaban os pelos e os restos de carne. Despois se tensaban secándose ao sol e as curtían. Tardaban 6 días en facer este traballo.

A lona extendíase sobre unha estructura de paos e asegurábase ao chan cunhas estacas de madeira.

En tan só unha hora dúas mulleres podían montar un tipi. Para desmontalo tardaban 15 minutos.

Para transportalo dun lugar a outro os paos de 10 metros de largo e a pesada lona, necesitaban 3 cabalos de carga.
A continuación podes ver como se monta un tipi por si te apetece facer un. Nerea de 4ºA está animada, espero que nos traiga unha foto cando o remate.



Cada familia tiña o seu tipi. Dentro da tenda vivían cómodamente ata 6 persoas, facíase o lume e o fume saía polas aberturas da cima. O chan cubríase con peles.

Hai un REGLAMENTO DO TIPI:
  • Só se permite a entrada a persoas coñecidas si a porta está aberta. Si esta pechada o visitante debe avisar.
  • As mulleres entran no tipi despois que os homes.
  • Os invitados a comer deben levar o seu propio prato.
  • O lado esquerdo do tipi está destinado as mulleres e o dereito aos homes.
  • As mulleres nunca deben adoptar a postura de Buda ao sentarse.
  • Cando o anfitrión empeza a limpiar a súa pipa, é hora de retirarse.

No colexio fixemos uns cantos tipis aquí tes unha selección deles. Por certo a nosa aula está transformada nun tipi, hai que agacharse para entrar nela, tamén temos un reglamento e dentro espérannos moitas sorpresas...



 
aladin