jueves, 28 de mayo de 2009

GRAN CAÑÓN DE COLORADO


LENDA INDIA

"Hai moito tempo había un xefe indio moi importante e sabio, que choraba pola morte da súa esposa e non encontraba consolo. Ata que Tavwoats, un dos deuses indios, se lle apareceu e lle dixo que a súa esposa se encontraba nunha terra máis feliz, e se ofreceu a levalo para que o vise por el mesmo, sempre e cando, ao regreso, deixase de chorar. O gran xefe prometeuno.

Entón Tavwoats fixo un camiño a través das montañas, que unía esa fermosa terra, a fragrante rexión do grande oeste, con esta, o deserto onde habitaba o pobre Numa. Este camiño era o cañón do Colorado. Levouno a través del; e cando retornaron, o deus esixiu o xefe que lle prometera que non lle diría a ninguén acerca deste camiño. Logo fixo correr un río pola garganta, unha corrente furiosa, que afogaría a calquera que ousase entrar nela de alí en diante. "



Neste lugar vivía a tribu dos HOPI, aquí a natureza impón a súa lei, espertan os nosos sentidos dormidos, comprendemos aos indios que vivían aquí libres e temos que sorrir porque unha vez que o vemos sabemos que parte do noso espírito sigue camiñando por alí

 
aladin