sábado, 30 de mayo de 2009

TALKING LIKE AN INDIAN/HABLANDO COMO UN INDIO/ FALANDO COMA UN INDIO

A linguaxe de signos é un sistema organizado a base de xestos ou signos empregados polas persoas para comunicarse.

Uns dos sistemas mellor coñecidos é o creado polos indios das chairas de Norteamérica, empregado coma sistema de comunicación entre as tribus que non tiñan o mesmo idioma.
Había 400 signos diferentes, facíanse coas máns e representaban cousas da natureza, ideas, sensacións e emocións. Podía manterse perfectamente unha coversación a base de xestos.
Tamén empregaban sinais de fume e os asuntos importantes eran conservados mediante unha escritura a base de imaxes.

Nos inventamos os nosos signos e xogamos a mandarnos mensaxes entre as distintas tribus.
Por certo existe unha linguaxe parecida a empregada polos indios coas máns é a LINGUAXE PARA AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE AUDITIVA (Sordos). Aquí che deixamos os seus símbolos para que aprendas moito máis e practiques.
alfabeto dactilológico español








 
aladin