domingo, 7 de junio de 2009

CHILDREN INDIANS, LES ENFANTS INDIENS, BAMBINI INDIANI, NIÑ@S INDIOS, NEN@S INDIOS

Os indi@s trataban con moito amor e tenrura aos nen@s. Ao chegar aos 5 anos as nenas indias axudaban a carrexar auga, recoller leña e plantas comestibles, preparar medicinas, construir un tipi, coser, bordar, traballar a pel, facer ollas de barro, trenzar... mentras que os nenos, a mesma edade, xa tiñan o seu propio cabalo e aprendían a cazar coellos, construir casas, canoas, ferramentas, instrumentos musicais, pipas de tabaco, armas, tocados...



Cando chegaban á puberdade celebrábanse cerimonias importantes, que ás veces incluían danzas, vestimentas específicas e o regalo dun novo nome. Ás nenas apache rociábanas con polen amarelo de tule; ás de Alaska tatuábanlles a cara. Unha vez superada a puberdade, as rapazas sumábanse ás mulleres da tribu; mentres que os mozos debían superar probas de valor -como ferir ou matar un inimigo- antes de converterse en auténticos cazadores e guerreiros.


Nós, tanto nenos coma nenas, realizamos unhas probas de valor indias para demostrar a nosa habilidade.
PRUEBAS INDIAS
 
aladin