martes, 9 de junio de 2009

LOS INDIOS Y LOS CABALLOS/OS INDIOS E OS CABALOS

Os indi@s non sempre tiveron cabalos. Os cabalos chegaron a América porque os levaron os conquistadores españois. Pouco a pouco volvéronse salvaxes e formaron manadas de mustangs nas pradeiras.

Ademáis do bisonte, o cabalo foi o animal máis importante para os indi@s. Antes de ter cabalos cazaban a pe.

O cabalo tamén foi empregado coma animal de carga. Ao principio eran as mulleres e os cans (grandes amigos dos indios) os que cargaban cos tipis e os utensilios.
Image Hosted by ImageShack.us

Os homes ían armados detras por si algúen os atacaba. Pero cando viñeron os cabalos aliviaron moito o traballo, formaban con paos unha especie de camilla chamada travois donde colocaban a carga.

Era moi difícil enlazar, atrapar e domar un cabalo salvaxe. Era máis fácil roubar un xa domado. Os indios consideraban unha proeza o robo dun cabalo e non entendían como o home blanco podía matalos por eso.
Algunhas tribus criaron as súas propias razas de cabalos que existen aínda na actualidade coma, por exemplo, os APALOOSA.

Neste precioso video podes apreciar a beleza dos maravillosos mustangs.

 
aladin