jueves, 18 de junio de 2009

OS INDI@S NA ACTUALIDADE


Hoxe hai uns 2 millóns de indi@s nos Estados Unidos, dos que un tercio viven nas reservas.

A vida na reserva, non é fácil. Os indi@s teñen problemas para atopar traballo e a maioría teñen problemas económicos. Pero están orgullosos da súa cultura.

Nas grandes cidades os indi@s teñen distintas profesións (abogados, médicos, obreiros...)

Agora viven en casas coma as nosas e só en algunhas ocasións especiais, como na festa da primavera ou POWWOW, volven a montar os tipis. A esta festa acuden indi@s de diversas tribus e bailan as súas danzas tradicionais cos seus traxes.

Os nen@s tamén participan.

Neste video podes ver as súas danzas na festa do POWWOW, disfruta e aprende a bailala é moi doado.



Se queres disfrutar en directo de campamentos indios, danzas, mercar artesania india... en León está EL CLAN DEL LOBO, dirigida por MICKY GALLARDO un indio LAKOTA (SIOUX) que vive en España , loita polos dereitos do seu pobo e adícase a ensinar a súa cultura tradicional por todo o noso país. (Se picas en cultura tradicional visitarás a súa páxina web)

LIBRES!


"Cando unha flecha máxica te alcance, non temas, o valor e a loita farán desa ferida sabiduría" (nativos norteamericanos)

Que pasaría co mundo se a liberdade, o diálogo, a tolerancia e o respecto foran o primordial en lugar da utilización da forza, coma ocurreu cos indios norteamericanos (e con tantas outras razas en tantas partes do mundo)?. Que pasaría se triunfase a ARMONÍA COA NATUREZA E COS SEUS ESPÍRITUS?...

Nós fixemos unha adaptación dunha ceremonia inipi no noso tipi, para traballar a espiritualidade dos indios e conectar máis coas súas ideas. Queremos presentarvos a canción coa que rematamos a nosa ceremonia cantada por EL CHOJIN un guerreiro da palabra.


video
 
aladin