viernes, 31 de julio de 2009

PROXECTO IMOS AO OESTE ( GO WEST WILD AND FREE), SALVAXE E LIBRE


En Setembro, a volta das vacacións, imos percorrrer o oeste americano cos seus vaqueiros, sheriffs, saloons, rodeos,bailes, música country... e tamén algúns malvados.

Agora que tes tempo, podes ir lendo este libro: UN ESPAÑOL NO OESTE AMERICANO de Juan José Espejo, Editorial Anaya, recomendado para lectores de 9 a 12 anos.

E para que vaias quentando motores, aparte da lectura do libro, podes ver este video de Rednex cunha canción preciosa titulada Wild and Free, salvaxe e libre, que será a que nos vai a acompañar durante o proxecto IMOS AO OESTE (GO WEST)


Si xa sei que hai unha conta atrás para que se abra unha porta máxica e, por certo, xa adiviñaches que día vai a acontecer esto?

Coa axuda dos rapaces do terceiro ciclo, os maiores do cole, que irán preparando moitas sorpresas para vós, será posible que esa porta se abra (non imaxinades a donde nos vai levar...).
 
aladin