miércoles, 21 de octubre de 2009

O ESPÍRITO DO BOSQUE, A PORTA MÁXICA E UNS AMIGOS MÁXICOS

Os conxuros máxicos fixeron efecto e aquí, no medio dun bosque encantado, tedes a nosa porta: a porta máxica dun mundo antigo. A que é bonita?



Ten un símbolo, O TRISKELE, que ten un segredo. Queredes que volo conte? Pois veu un caracol dende o Ceip Santiago de Oliveira en Ponteareas para axudarnos a facelo. Que ben nos quedou!



E o máis importante a porta trae uns amigos máxicos . Pero será mellor que se presenten eles.



Ola a tod@s! Chámome Traste. Son un trasno e teño unha compañeira guapísima. E si, si estás vendo ben, a miña mascota é un dragón de nome Churrusco, é pequeno pero matón.


Ola amores! Eu son Zeltia e estou moi enfadada con Traste porque non me deixou presentar primeiro pero claro, que se pode esperar dun trasno?

Bicos máxicos para tod@s e preparádevos a vivir unhas aventuras apaixonantes!
 
aladin